Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Entrevista a Abu Ahmada: "A FPLP continuará a resistencia en todas as súas formas"
27/01/2008


Entrevista co Camarada Abu Ahmad Fuad, líder da Fronte Popular para a Liberación de Palestina, aparecida no xornal Al-Quds este luns 21 de xaneiro, e que reproduce o portal electrónico da FPLP.


Al-Quds: Coida vostede que a administración norteamericana traballa seriamente para levar á práctica o que declarou o presidente Bush na súa visita a Ramallha, por exemplo a posibilidade de estabelecer un Estado palestino antes da finalización do seu mandato? Como analiza as declaracións do presidente norteamericano sobre a liña do armisticio de 1948, as compensacións para os refuxiados palestinos e o estabelecemento de novos mecanismos de negociación?

R: A grande parte do pobo palestino e as súas forzas políticas -entre elas a FPLP- nunca dependeremos da postura americana para recuperar os dereitos roubados ao pobo palestino. A posición estadounidense é moi clara no seu apoio á continuación da ocupación israelí e dos asentamentos, e á derrogación do dereito dos refuxiados palestinos a regresar ás súas aldeas e cidades das que foron desprazados por Israel. Este presidente dos EE.UU., e antes ca el, Clinton, sinalou a necesidade de estabelecer un estado palestino que sexa capaz de vivir, etc., etc.

Desde esta posición, os anos pasan e non se deu nin un só paso cara á creación dun Estado palestino con Xerusalén como capital. Ademais, desde a Conferencia de Madrid e a sinatura do Acordo de Oslo hai 17 anos, as conversas que tiveron lugar en relación co estabelecemento deste Estado palestino a través de negociacións co inimigo sionistas, e todas esas conferencias e acordos políticos e económicos en Sharm el-Sheikh e outras lugares, cal foi o resultado?

Máis asentamos, máis terra confiscada, a construción da parede racista de anexión, o sitio, etc. Xa que logo, o que se presentou por Bush e a súa administración como o estabelecemento do Estado palestino e a solución do "conflito" entre palestinos e sionistas non son máis que mentiras e enganos. E a realidade e os acontecementos demostraron o que estamos a dicir.

É posíbel imaxinar que este sanguento conflito que ven acontecendo desde hai case un século se vai solucionar nos últimos días da administración Bush, como unha solución máxica do mago de Bush? Onde estivo Bush durante os últimos sete anos? E que dixo na súa visita a Ramallah? Declarou o seguinte:

1. Que a posición americana é idéntica á posición da entidade sionista. De feito, Bush representa a posición sionista na súa forma máis clara.

2. Bush afirmou que os EE.UU. son a referencia da solución, incluíndo as comisión que creou en Annapole e as que creará no futuro. Esta é unha evidente proba de que o proxecto americano/israelí é eliminar as resolucións da ONU e do Consello de Seguridade que apoian os dereitos nacionais palestinos, especialmente a ducias de resolución que dan aos refuxiados o dereito de regresar á súa terra, as resolución sobre o muro racista de anexión ou a retirada do inimigo.

3. George Bush afirma dunha forma clara que os refuxiados palestinos non teñen dereito a regresar á súa terra, e que a represión será a ferramenta para evitalo. Isto é un delito grave que precisa de respostas populares e oficiais por parte dos palestinos para demostrar o noso rexeitamento á podre posición norteamericana.

4. O que Bush declarou sobre os cambios na Liña Verde é rexeitado por nós e polo noso pobo, así como pola grande maioría das forzas palestinas. Lamentabelmente hai algúns elementos no escenario político palestino que antes estas cousas fan gala da súa flexibilidade. Rexeitamos isto e rexeitamos calquera concesión dun só centímetro da nosa terra ocupada. Rexeitamos o intercambio de terra e territorios.

5. Bush, na súa declaración, mentres que estaba na nosa terra, na nosa casa, afirmou que Israel é un estado xudeu, un estado só para os xudeus, o que significa un estado racista, tamén significa o pleno apoio ao proxecto sionista que ten por obxecto a traslado de 1,3 millóns de palestinos, como aconteceu en 1948.

Q: Pensa que as tentativas dos EE.UU. e de Israel de liquidar a causa palestina terán éxitos?

R: Non. O noso pobo posúe unha grande forza e un espírito de resistencia, e a disposición para o sacrificio para acadar o obxectivo nacional de toda Palestina. Non haberá forza capaz de axeonllar ao pobo palestino, de facer que as persoas renuncien aos seus dereitos, e nos, a FPLP, continuará a resistencia en todas as súas formas, na vangarda, coa loita armada, até conseguir o noso dereito ao Retorno, e o estabelecemento dun Estado palestino con capital en Xerusalén, no camiño do noso obxectivo estratéxico, a plena liberación do noso territorio nacional, Palestina.

Q: O Presidente Mahmoud Abbas chegou a un acordo co primeiro ministro israelí, hai uns días, para encetar as negociacións para unha solución definitiva. Coida vostede que esas negociacións conducirán a retirada das forzas de ocupación israelís das terras ocupadas en 1967 e o estabelecemento dun Estado palestino con capital en Xerusalén?

R: As negociacións teñen lugar desde hai anos. É unha burla inútil. O inimigo e os Estados Unidos son os únicos que gañan con elas. Todos coñecemos os acordos de Olmert e outros anteriores, moitos dirixentes do inimigo demandaron a aplicación do primeiro artigo da Folla de Rota, esixindo a fin de resistencia e a continuación da división de Palestina, e despois disto, os dirixentes do inimigos comezan a falar de novas condicións e así sucesivamente.

O inimigo capturou a grande maioría das terras da Ribeira Occidental, mediante asentamentos, muros, control da auga, etc. Non se pode negociar coa terra. O proxecto dos asentamentos continúa, o de apoderarse de Xerusalén continúa. (...)

Q: Algúns palestinos e árabes pensan que o actual goberno israelí está disposto a conceder algunhas das esixencias palestinas.

R: O goberno israelí non resposta, nin total nin parcialmente, ás demandas palestinas. Aconsellamos a os que teñen o monopolio na dirección na OLP a abandonar estes métodos, xa que só son unha perda de tempo. No que debemos centrarnos é en acabar coa división interna palestina e reconstruír as institucións da OLP sobre bases democráticas.

Q: Pensa que esta dirección palestina aceptará o que foi rexeitado polo Presidente Arafat en Camp David, e asinará un acordo dese tipo?

R: Inclínome a pensar que non, máis a cuestión é máis complexa. Hai presión nesa dirección, tanto internacionais como árabes, para aceptar o que foi rexeitado polo Presidente Mártir Arafat. Polo tanto, sempre farei fincapé na necesidade da defensa dos principios nacionais palestinos que xa foron aprobados polo Consello Nacional de Palestina Unificada. Nós estamos do lado dos que defenden estes principios palestinos, sen ningún cambio, en particular o dereito dos refuxiados a regresar aos seus fogares de onde foron desprazados e o estabelecemento do Estado palestina plenamente soberano, con Xerusalén como a súa capital, e rexeitaremos calquera concesión, "pequena" ou "grande".

Q: Existe algunha esperanza de acabar coa división interna palestina despois de todos os esforzos por reiniciar o diálogo nacional e despois de que ambas partes, Hamas e Fateh, aínda manteñen as súas posicións?

R: A división representa unha grande ameaza á nosa causa nacional. Se persiste, será catastrófico. Na miña opinión, non existe xustificación algunha para a continuación desta división. Na etapa de liberación nacional todas as contradicións deben deixarse a un lado, e centrarnos na loita contra o inimigo nacional. A unidade nacional é unha importante ferramenta na loita contra a ocupación. Non hai outra opción que non sexa o diálogo nacional.

(...) A Declaración do Cairo foi asinada por todos, así como o documento nacional sobre os presos, o restabelecemento da OLP sobre bases democráticas a través de eleccións e a representación proporcional, e a reconstrución dos organismos de seguridade seguindo os principios de profesionalidade e compromiso nacional, e non en base a cotas ou afiliacións.

Q: Considera que as futuras eleccións, lexislativas e presidenciais, axudarán a solucionar o problema, despois do fracaso dos esforzos por reiniciar o diálogo entre Fateh e Hamas?

R: Nós apoiamos calquera proceso realmente democrático, mais ten que xurdir do consenso. Ningunha das partes ten que ter a facultade de impoñer. Ademais, esta cuestión pode ser parte da discusión a través dun diálogo nacional amplo.

Etiquetas:

0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com