Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Entrevista ao novo Presidente do Partido dos Traballadores de Bélxica, Peter Mertens
08/03/2008


O PTB celebrou recentemente o seu VIIIº Congreso, no que a “vella garda” deu o relevo á seguinte xeración. Ludo Martens, Deckers e outros fundadores do partido deixan o posto a xente moito máis nova. O partido, que actualmente conta cuns 3.000 militantes, quere facer unha renovación. Renovar, segundo di o novo Presidente Peter Mertens, o enfoque, non as ideas. Polo de agora xa hai cambios cando menos na imaxe do partido: novo logo, novo deseño do portal electrónico así como da revista Solidaire... Queren profundar máis na política dos problemas do día a día, nas cuestións concretas.

Esta entrevista que nós traducimos apareceu no Solidaire, unha das revistas do PTB. Léana vostedes porque non ten desperdicio, e tiren as súas propias conclusións.


04/03/08


- Toman o posto de xente como o anterior Presidente, Ludo Martens, ou o Secretario Xeral Baudouin Deckers, quen dirixiu o partido desde a súa fundación. A túa xeración non nacera cando eles fundaron o partido. Non é un pouco difícil dirixir o partido con 38 anos?

Peter Mertens. É certo, en 1968 eu aínda non nacera. Afilieime en 1991, na época da primeira guerra do Golfo. Coñecín o partido cando desenvolvía unha campaña pola igualdade de dereitos para todos, contra o racismo. Nesa época, o presidente do FGTB, Michel Nollet, dicía que o partido era o "que tiña os mellores cadros sindicais". É a experiencia da miña xeración.


Esta xeración que, coma min, pode continuar construíndo o partido sobre as bases das notábeis realizacións da primeira xeración. Porque esta primeira xeración xamais se deixou tentar por todo o que brilla na sociedade. Puxo en marcha, por exemplo, Medicina para o Pobo, que conta hoxe con once centros médicos que practican a medicina gratuíta. E, sobre todo, fundou un partido. Grazas a isto temos hoxe un partido marxista presente en 120 fábricas e oficinas, en case 40 cidades. Unha presenza que non hai que subestimar! Mais o mellor é que esta xeración aínda está, e sempre estará, presente. E que colabora activamente na renovación do partido. Só hai unha palabra para todos eles: o respecto.

- Un novo presidente. Significa isto un cambio radical na traxectoria política do PTB, como se puido entender na Radio 1 (VRT), a primeira cadea flamenca do país?

P.M. A renovación é obra do VIIIº Congreso do PTB. É dicir, de todas as seccións e dos seus 466 delegados. Durante todo un ano, no curso das sesións das comisión, discutiuse sobre as orientacións do partido. É esta participación a que fai do PTB un partido tan atraínte. Sobre esta base, todo o partido elixiu finalmente unha nova dirección que ten o deber de aplicar as novas directrices.

- Vostede fala de erros do pasado. Pode dar algúns exemplos?

P.M. Erros. Por suposto, é doado dicilo hoxe. Na casa dos meus pais había un pequeno letreiro no que se lía: "O que traballa comete erros. Certas persoas xamais se equivocan". Pasou tempo antes de que comprendera o verdadeiro significado destas verbas. Hoxe podo dicilo: si, o PTB traballou, até partirse o peito. Polo que cometeu erros. E aínda ten que traballar moito e aínda vai cometer erros.

O propio congreso recoñeceu un certo número de erros. Sen dúbida, bastante a miúdo traballamos desde o rol dun profesor, que todo o sabe, no canto de escoitar. Tivemos as veces confrontacións estériles con outras organización, en vez de traballar xuntos en proxectos comúns. En ocasións esaxeramos as nosas posicións, no canto de matizalas. Deixámonos levar algunhas veces pola política da escalada, en vez de defender reivindicacións correctas.

Por isto fai falla unha renovación. Unha renovación constante. Non dos nosos ideais, senón do noso enfoque. O que non funciona, non debemos repetilo. Debemos repetir o que funciona. É a práctica a que xulga o que é correcto e o que é falso.

- O PTB quere ocuparse máis dos "problemas concretos da xente". É evidente, non?

P.M. O pasado mes, 5.400 persoas enviáronnos unha carta o unha mensaxe electrónica. 5.400 nun mes. Non sobre as grandes teorías. Eran sobre as súas facturas do gas ou da luz. Leo unha: "Son unha nai solteira. Traballo a tempo completo e gaño 1.400 euros. Consumo cada vez menos electricidade e, porén, a factura é cada vez maior. Como podo pagar isto? Que podo facer a final de mes?" É este un pequeno problema?

Debemos abordar estes problemas. E xunto coa xente, impoñer cambios. Porque a esquerda necesita vitorias. As vitorias son importantes. Primeiro, para facer a vida máis humana. Despois, para devolverlle á xente a forza e a confianza. Para recuperar o optimismo, saber que xuntos podemos cambiar algo. É verdadeiramente importante.

- Moi a miúdo escoitamos sobre o PTB: "Un bo programa, pero un partido demasiado pequeno como para ter peso nas decisións políticas". Ten este pequeno partido os medios para acadar os seus obxectivos?

P.M. Coido que a nosa maior forza reside nos desexos de cambios que a xente ten. O Dr. Van Duppen de Medicina para o Pobo liderou a campaña pola gratuidade da vacina contra a gripe, xunto aos grandes sindicatos, as mutuas e outras asociacións. Necesitaron dunha acción con 300 persoas para logralo.

O prezo das píldoras para controlar o colesterol diminuíu nun 84% en cinco anos, tamén grazas á acción.

Foi así como se levaron a cabo os cambios na historia social do noso país.

E isto vale tanto para as cousas pequenas como para as grandes. Tanto para a vacina da gripe como para a Seguridade Social, para a redución do IVE sobre o gas e a electricidade como para o dereito ao voto. O máis importante instrumento para o cambio é a xente.

- O PTB opta pois por obxectivos concreto e abandona as grandes teorías?

Por que se debería introducir o mercado na asistencia sanitaria e no ensino? Por que se debería buscar beneficio económico a costa dos pacientes? Non podemos abordar estas accións concretas se non temes outra visión da sociedade. Neste sentido, a nosa visión socialista da sociedade realízase ao mesmo tempo que o noso achegamento aos problemas concretos. Os dous refórzanse mutuamente. Isto continúa a ser un signo distintivo do PTB. Isto é importante, nós partimos da práctica, partimos da vida.

Os problemas ideolóxicos véxoos máis entre os liberais e os socialdemócratas, que son igualmente liberais. Eles non teñen ningunha idea que inspire ou entusiasme á sociedade. Recentemente, lin o libro de Jean-Luc Mélenchon (Na procura da esquerda), senador do Partido Socialista en Francia. El mesmo admite que, desde a queda do Muro, a socialdemocracia está inmersa nunha crise ideolóxica. "A socialdemocracia non se contenta xa con acompañar a mundialización liberal nin con actuar de hospital de campaña. Tamén é o seu programa de goberno."

Traballar cada vez máis horas, ir dun traballo ao outro durante toda a vida, sen seguridade, asistir ao desmantelamento dos servizos públicos, á posta á venda de todos os dominios da vida social, como os servizos de saúde, comprobar os extraordinarios beneficios para os grandes accionistas e apertar o cinto aínda máis... Hai razóns para ser un partido anticapitalista porque a xente nos di cada día que isto non pode durar máis.

- Unha visión da sociedade pode ser bonita, mais o PTB sempre se asociou ao que aconteceu nos países socialistas. Máis ou menos, onde vos situades hoxe na historia do movemento comunista?

P.M. Sería absurdo querer facer táboa rasa do pasado. Sería unha idea absurda deixar a un lado os puntos fortes do movemento comunista. Non comezamos de cero. Os lobos poden ouvear máis ou menos forte, pero non poden negar os logros notábeis realizados en China e na URSS, dous grandes países que, en circunstancias extremadamente complicadas, tentaron dar forma a outra sociedade.

Demos esquecer cales era as circunstancias concretas? Fai falla pechar os ollos sobre os erros? Neste sentido, non traballamos cun proxecto totalmente preconcibido de antemán, un modelo intanxíbel ou un método que hai que copiar ao cento por cento. Temos que procurar a nosa propia vía. Na compaña da xente de hoxe no mundo de hoxe. Si, o socialismo ten o seu pasado. Hoxe se trata de darlle tamén un futuro.

- Algúns xornais suxiren que o PTB tomou exemplo doutros: Olivier Besancenot en Francia, o Partido Socialista dos Países Baixos, ou A Esquerda en Alemaña. É así?

P.M. En primeiro lugar, encontro verdadeiramente ben que estes partidos progresen tan fortemente. Que a esquerda obteña un dez por cento en Francia, que o Partido Comunista Portugués acade o 14% dos votos, que Chipre elixira un comunista como presidente... Todo iso é estupendo.

Hai xa vinte anos que se nos di que non existe outra alternativa que privatizar, liberalizar e comercializar máis. Pero xorden nos Países Baixos, en Francia ou na Alemaña, partidos que precisamente van contra todo isto, uns dun xeito máis nidio ca outros, que chegan a entusiasmar á poboación. Podemos aledarnos disto, non?

Mais por outra lado, non estamos nunha busca desesperada dun novo modelo a seguir. Non cremos en métodos que nós debemos "copiar e pegar", aínda que veñan dos Países Baixos (ri). Somo un partido comunista do noso tempo, apoiámonos no marxismo, dámoslle moita importancia ao traballo nas empresas e nas fábricas. Estes xa son puntos de diverxencia con outros partidos do continente. Atoparemos a nosa propia vida, teñamos confianza.

- En Bélxica, para moita xente a "esquerda" é sinónimo do PS e do SP.A (flamenco). Estes partidos están considerados como os representantes dos traballadores. Pretenden presentarse a día de hoxe como a barreira contra o avance da dereita. Evidentemente, fan referencia á subida de Didier Reynders polo lado francófono e do Vlaams Belang e a Lista Dedecker en Flandres. Non deben construír unha grande fronte contra a dereita?

P.M. Por suposto que debemos construír un encoro que pare á dereita. Pero un encoro detén a corrente. Non sucumbe pouco a pouco a esta corrente. Sexamos honestos. Estes últimos dezaoito anos, as direccións do PS e SP.A contribuíron, no goberno, a aplicar todo tipo de planos antisociais: privatización do Servizo de Correos, liberalización do servizo enerxéticos... En dezaoito anos, os salarios sufriron un retroceso sen igual, ao tempo que as ganancias do capital superaban todas as marcas coñecidas até o momento. A día de hoxe non escoitei nin unha soa palabra de autocrítica ou que cuestionase estas medidas por parte dos dirixentes do PS e do SP.A.

O necesario é construír unha grande fronte na práctica. Para reducir as pesadas facturas do gas e da electricidade, en vez de facer medrar aínda máis os asombrosos beneficios de Electrabel. Para reconstruír unha forte seguridade social nacional, no canto de dividila. Para facer baixar os prezos dos medicamentos, no lugar de enviar avións F-16 a Afganistán.

E o PTB non ten nada de petroleiro. O PTB quixera ser máis ben un tractor dinámico, un arado para desenvolver as forzas sociais. Pensamos que todo o mundo, á esquerda, podería aproveitarse.

- Resumiron a súa nova orientación no seu pequeno libro Prioridade de Esquerda. Cal é a intención?

P.M. Canto tiña 16 anos, eu era o responsábel final do noso diario escolar. Tiñamos que facer unha enquisa electoral en Westmalle, e unha persoa votaba polo PVDA (o nome do PTB en flamenco). Declarei que ese voto non era válido, afirmando: "Non sabes que é un partido holandés?" (O PvdA é o nome do partido socialdemócrata nos Países Baixos). O que quero dicir é que buscamos que a día de hoxe ninguén pense que o PVDA é un partido holandés ou que o PTB son as iniciais de Peugeot-Talbot-Bélxica... (ri)

Queremos dar a coñecer o noso PTB o máis amplamente posíbel. Por iso imos poñer na rúa decenas de milleiros de exemplares de balde. Queremos utilizalos, sobre todo, para entusiasmar á xente co traballo do PTB. Mais tamén para que se afilien.

- P. Teñen grandes ambicións no tocante á ampliación do partido. Hoxe 3.000 militantes, 4.000 no 2009, 5.000 no 2010...

P.M. Queremos medrar co obxectivo de incidir aínda máis na orde do día política e porque queremos realizar máis cousas. Colaborar coa xente. Temos tanta necesidade dunha columna vertebral sólida, dunha visión da sociedade como dun enfoque aberto e unha boa organización. É especialmente importante consolidar a nivel organizativo os nosos progresos políticos. Son os nosos militantes quen, en máis de corenta cidades, loitan polo mantemento das oficinas de correos. Quen loitan polo mantemento dos hospitais de proximidade. Quen, tanto nos clubs de deporte como nas asociacións xuvenís, traballan contra o IVE. Quen loitan nas fábricas e nas empresas polo mantemento do emprego. En resume, necesitamos moita máis base militante para levar á práctica o noso ideal de "a xente primeiro, non o beneficio".

Ler máis

Etiquetas:

1 Comments:
  • At 3/08/2008 12:41:00 da tarde, Anonymous Anónimo said…

    Tanto dar unha imaxe "amábel", tango agachar calquera tipo de iconografía "clásica", tanto sorriso profidén en absolutamente todas as fotografías... Non sei, non quero dicir nada, e agardo que o tempo me contradiga os pensamentos que me veñen agora á cabeza. ;)
    Saúdos.

     

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com