Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Noruega: o movemento comunista dá un paso adiante
05/03/2008


Coa desaparición do Partido Comunista de Noruega (AKP), cando a dirección deste partido disolve o mesmo para formar, xunto coa Alianza Electoral Roxa, o partido reformista RØdt (Roxo), os marxistas-leninistas noruegueses poñen en marcha, hai agora un ano, a Plataforma Comunista (Marxista-Leninista), co obxectivo de construír o auténtico partido da clase obreira. Nesta Plataforma uníronse antigos militantes do AKP, a militancia da Liga de Estudantes Comunistas de Noruega, a que fora organización das mocidades do AKP, Mocidade Roxa, e o grupo Revolusjon. Hai uns días celebraron a súa primeira asemblea anual.

Información aparecida no portal electrónico da Plataforma Comunista (Marxista Leninista) o pasado 28 de febreiro:

En Noruega, a Plataforma Comunista (Marxista Leninista) - (KPml) celebrou recentemente a súa primeira Asemblea Anual. A KPml naceu en marzo de 2007 como unha resposta á liquidación dos últimos restos do AKP (Partido Comunista de Noruega), o máis semellante que existía en Noruega a un partido comunista, cando se disolve e xunto coa alianza electoral RV (Alianza Electoral Roxa) crean un novo partido de esquerda reformista, RØdt (Roxo).

KPml é a única iniciativa que se desenvolveu en Noruega a raíz da desintegración da organización que, malia aos seus graves erros e deficiencias, aínda tiña certa semellanza cunha organización comunista. Coa intención de crear un novo partido da clase traballadora, uníronse na KPml comunistas procedentes do disoluto AKP, da organización estudantil comunista NKS (Liga de Estudantes Comunista de Noruega), do grupo marxista-leninista Revolusjon e da organización das mocidades do AKP, RØd Ungdom (Mocidade Roxa). Este unión quere preparar as condicións para a reconstrución dun Partido Comunista Marxista-Leninista. Somos conscientes do feito de que este é un proceso inzado de retos que esixe a adhesión aos principios e tamén moita paciencia.

No pasado ano demostramos vontade e capacidade para desenvolver a base sobre a que construír a organización comunista e a unidade. A KPml organizou un seminario sobre a cuestión da organización partidaria e a loita contra o revisionismo. Tamén, nunha sesión pública, rendemos unha homenaxe ao 90º aniversario da Revolución Socialista de Outubro, unha conmemoración que foi silenciada pola "esquerda oficial" norueguesa.

A necesidade dun partido comunista que poida mobilizar aos máis avanzados sectores da clase obreira para levar ao centro do debate a loita pola revolución socialista non diminuíu, todo o contrario, nunca antes foi tan necesario. Como se afirma no informe político aprobado por unanimidade da asemblea:

"Hoxe o imperialismo mantén e aumenta as características dadas por Lenin. Converteuse aínda en máis reaccionario e agresivo que antes. Ademais, o modo imperialista globalizado de produción e o mercado mundial imperialista é unha causa directa dos desastres ecolóxicos e ambientais que xa están estragando os recursos naturais, deixando amplas zonas inhabitábeis e a milleiros de persoas na procura de refuxio.

(...) Nunha situación na que as forzas revolucionarias e progresistas teñen necesidade de ideas claras e de liderado, toda a "esquerda" do sistema non ten nada que ofrecer fora de algunha que outra reforma."

A primeira asemblea da KPml acadou sólidos progresos no fortalecemento da unidade política e ideolóxica, resultado de extensos estudos e a posta en común das leccións das loitas diarias. A organización tomou medidas importantes no tocante ao labor de propaganda, os estudos teóricos, as tarefas de organización, a participación activa na loita de clases e a loita contra o imperialismo e a guerra.

O informe do comité de coordinación e o plan de traballo aprobado, propón unha serie de obxectivos e campos de traballo prioritarios para o futuro inmediato. Na convencións decidiuse reforzar as relacións cos partidos e organizacións do movemento internacional marxista-leninista.

Foron aprobadas resolucións verbo das negociacións sindicais, a cuestións das pensións e o papel de Noruega e da OTAN como criminais de guerra en Afganistán.

Foi elixido un novo comité de coordinación. O camarada Kjell Arnestad será o seu voceiro.


Información relacionada aparecida no mesmo portal o 21 de marzo do pasado ano:

"O Partido Comunista de Noruega decidiu disolverse e fusionarse nun "amplo" partido xunto coa Alianza Electora Roxa (RV). Este novo partido é, evidentemente, un proxecto reformista, e as persoas que o apoian xa non poden considerarse a si mesmos como comunistas", afirma a Plataforma Comunista nunha declaración emitida o 9 de marzo. Continúa o comunicado:

“Este novo partido careza das normas de organización comunista, e no programa o uso do termo ‘comunismo’ é mera decoración sen contido significativo. O programa do novo partido deixa claro que o marxismo, é dicir, a teoría da clase obreira, non é máis que unha de entre as varias correntes ideolóxicas’das que o partido botará man’. O partido basearase no apoio financeiro por parte do Estado, non terá unha política de salvagarda dos seus membros, e estará fortemente centrado no labor parlamentar. O novo partido non recoñece plenamente que o estado é un instrumento da burguesía, da clase gobernante. É claramente un proxecto reformista. Algunhas persoas defenden as súas esperanzas na crenza de que, a modiño, este novo partido poda xirar á esquerda. Até o momento, non hai exemplos na historia, e tendo en conta as bases deste partido, o perigo de que aconteza todo o contrario é evidente. Esta fusión provocará a saída de máis revolucionario e non a entrada de novos militantes. As alianzas son importantes na loita política es comunistas teñen que tomar parte nelas de xeito activo. Mais nunca un partido comunista de debe disolver nesas alianzas ou partidos, nas que están presente correntes ideolóxicas e puntos de vista que representan os intereses doutras clases que non son a obreira, nin defenden a ideoloxía desta última clase, o marxismo-leninismo. Na nosa opinión, é necesario que os comunistas traballen dentro dun Partido Comunista co fin de crear novos cadros, facer traballo de propaganda, coordinar o traballo nos diferentes sectores e as organizacións de masas, actuar na loita de clases, ter relacións internacionais cos comunistas doutros países, desenvolver a democracia interna e por moitas outras razóns. Isto non se pode facer dentro dun partido reformista. A Plataforma Comunista toma a iniciativa para unir aos comunistas noruegueses que non cederan ao oportunismo. A Plataforma está integrada por persoas de diferentes grupos comunistas con distintas tradicións, a meirande parte deles procedentes do AKP. Nunha situación na que a clase obreira do noso país carece dun partido comunista, consideramos que é o noso deber aumentar os nosos esforzos co fin de crear unha alternativa comunista. Convidamos a todos os revolucionarios que non abandonaron a súa postura marxista-leninista a participar no próximo proceso de unidade e no traballo necesario para restabelecer o Partido. Estamos unidos na nosa convicción de que unha vangarda marxista-leninista, adherida ás normas do centralismo democrático, é unha necesidade. Estamos unidos na idea que precisamos un partido que só se basee na teoría da clase obreira, o socialismo científico, e non nunha mestura de correntes derivadas das diferentes clases da sociedade. A clase obreira norueguesa necesita dun partido comunista, e non descoidaremos o noso deber como comunistas de facer todos os esforzos posíbeis para volver a revivir este partido. Poñémonos a obriga de superar os posíbeis prexuízos, as diferenzas de opinión e os puntos de vista distintos relacionados coas diversas tradicións, e construír unha sólida unidade ideolóxica por medio da acción e o estudo comúns. Só deste xeitos, a través da acción conxunta e a discusión teórica co obxectivo de acadar unha cada vez maior unidade, podemos construír unha auténtica unidade. Abertamente imos falar de política e cuestións de organización. Non permitiremos que as diferenzas nas experiencias prácticas e os métodos de traballo político eiven o diálogo e a boa atmosfera. Imos ser quen de discutir o marxismo-leninismo no sentido máis amplo. Un comité de coordinación constituído por persoas de diferentes antecedentes marxista-leninistas iniciaran o traballo da Plataforma Comunista. A Liga de Estudantes Comunistas (NKS) e o grupo marxista-leninista Revolusjon decidiron formar parte activa na Plataforma Comunista, e obrigar aos seus respectivos membros a acatar calquera decisión unánime tomada polo organismo coordinador da Plataforma. Tamén outros grupos e persoas manifestaron interese nesta Plataforma. Nun futuro próximo, a Plataforma Comunista organizará un seminario onde a cuestión do Partido e o camiño cara ao proceso de unificación, será presentado para o seu estudo e debate.”



Ler máis

Etiquetas:

1 Comments:
  • At 3/07/2008 01:36:00 da manhã, Anonymous Anónimo said…

    Greetings and best wishes to you as well!

    We are especially thankful for your translation into Portuguese of our press
    release.

    Regards from KPml
    Kjell Arnestad

     

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com