Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

A realidade das reformas sociais na Bielorrusia
14/04/2008

Artigo traducido do portal da Campaña de Solidariedade con Bielorrusia

Un dos maiores logros de Bielorrusia foi o mantemento da igualdade social, e un nivel de vida equitativo para todos os seus cidadáns. Isto logrouse grazas á regularización da economía, e a unha importante asignación de fondos para a esfera social. A economía de Bielorrusia é de orientación social, o que significa que os beneficios non son dirixidos aos petos dos directivos empresariais, senón á poboación no seu conxunto. Un dos xeitos para acadar este obxectivo é a través dun grande sistema de prestacións sociais que inclúen: transporte subvencionado, apoio á maternidade, bolsas para os estudantes ou asistencias aos anciáns.

En xuño do 2007, o goberno de Bielorrusia anunciou a revisión do seus sistema de prestacións, con algunhas reducións e cancelacións. O movemento opositor empregou esta oportunidade para tentar mobilizar á poboación, especialmente aos estudantes. Os medios de comunicación presuntamente independentes de Bielorrusia informaron copiosamente da cancelación do sistema de prestacións, malia conseguir o goberno eses días contratos de extracción de petróleo en Venezuela e un empréstamo de estabilización de Rusia para os pagos do gas.

Como é habitual cando se fala de Bielorrusia, das informacións sobre os cambios nos beneficios sociais foron omitidas as novas prestacións. Os cambios reais non foron detallados ou explicados fora de Bielorrusia, por iso a necesidade deste exame. O que hai que deixar claro inmediatamente é que as reformas van encamiñadas a asegurar que os fondos dispoñíbeis vaian ás persoas que máis o necesiten, e non estamos ante unha cancelación dos beneficios. O goberno non abandonou a política dun "estado para o pobo".

Anteriormente, as reformas beneficiaban a dous terzos da poboación, que recibían algún tipo de prestación do Estado. Porén, o impacto destas prestacións (na media) era bastante pequeno. A maioría das familias recibían menos de 20.000 rublos por mes (aproximadamente un 10 dólares), e o presuposto total ascendía a uns 66 millóns. Era evidente que con esa cantidade de diñeiro se podería acadar máis obxectivos se se orientaba mellor. O goberno de Bielorrusia buscou identificar ás persoas máis vulnerábeis da sociedade e avaliar as súas necesidades. O que saíu á luz foi que as 50 categorías de beneficiarios e os 100 tipos de prestacións non facían que os máis vulnerábeis recibiran unha axuda significativa para as súas principais necesidades. Comprobouse que os fondos estaban demasiado diseminados, e, en moitas casos, chegaban a xente que xa non os necesitaba para a súa estabilidade financeira. A causa disto atopámola nas melloras xerais da economía na Bielorrusia e nos salarios e pensións desde a introdución do sistema de prestacións. Como exemplo, podemos examinar os dous últimos anos.

No 2006 os ingresos reais (tendo en conta a inflación e o costo da vida) aumentaron nun 17,3% con respecto ao ano anterior, mentres que as pensións medraron nun 13,4%. No 2007 os ingresos reais aumentaron nun 117,2% coas pensións superando os niveis de toda a rexión, e a inflación só foi do 3,2% (a máis baixa da CEI).

Isto significa en termos reais que o número de persoas que necesitan beneficios se reduciu enormemente.

O anterior sistema tamén deu lugar a unha desproporcionada asignación de fondos ás zonas urbanas. As familias rurais soen recibir pouco máis da metade da cantidade que reciben os habitantes das cidades. Mentres que o máis alto costo de vida nas cidades xa foi compensado pola suba dos salarios nas cidades. O resultado era que boa parte do diñeiro que se distribuía non tiña un resultado proporcional no referente á redución da pobreza, ou a un medre nos niveis de vida dos membros máis vulnerábeis da sociedade.

O novo sistema de prestacións, que entrou en vigor en decembro do 2007, está deseñado para corrixir os erros do sistema antigo na nova realidade socioeconómica do país. Os cambios contemplan tres grandes categorías de prestacións:

- Medicinas
- Transporte público
- Rendas

As prestacións concedíanse anteriormente a calquera persoa (e a súa familia) que pertencese a unha das categorías, como por exemplo a dos estudantes. Agora isto cambiou e as prestacións van dirixidas só ás persoas que as necesiten. O que significa que o número de beneficiarios se reduciu, mais o beneficio real se incrementou. Máis unha vez, convén lembrar o aumento dos ingresos reais.

No referente ao transporte público, podemos tomar o exemplo do caso de Minsk, onde todos os cidadáns tiñan dereito a un desconto, cando certamente esa necesidade non existía. Coa reforma, as subvencións ao transporte só estarán dispoñíbeis para os nenos, os discapacitados e os veteranos de guerra.

O diñeiro aforrado pola cancelación dalgunhas prestación non será "empregado noutros lugares", senón que se canalizará de novo para o gasto social. Por exemplo, o transporte, a vivenda e as empresas recibirán fondos para mellorar a calidade dos seus servizos. Os fondos liberados pola supresión do antigo sistema permiten outras melloras, por exemplo: 7 mil millóns de rublos para os subsidios de vivenda, 21 mil millóns para o programa "Nenos de Bielorrusia", que ofrece alimentación gratuíta aos máis pequenos, proxectos de promoción da saúde, particularmente relacionados coas nais e os seus fillos; ou programas de rehabilitación das zonas afectadas polo desastre da central nuclear de Chernobil.

Pódese ver que o novo sistema de prestacións é unha medida necesaria, co obxectivo de garantir que os fondos dispoñíbeis se destinen aos máis necesitados. Ao tempo, os salarios, as pensións e as bolsas tamén medran, creando novos postos de traballo. O novo sistema permite unha mellora significativa nos niveis de vida dos máis pobres, mentres que o proceso de solicitude das prestacións tamén se simplificaron. O novo sistema baséase nos principio de xustiza social, que permite ás persoas que realmente o necesitan recibir as prestacións, mentres que os fondos que quedan libres se utilizarán para proxectos sociais destinados á poboación no seu conxunto.

En novembro do 2007, falando do novo sistema, o Presidente Lukashenko afirmou:

"O principal obxectivo do Estado é non dar privilexios, senón crear as condicións para que os cidadáns teñan a posibilidade de ter un nivel de vida digno. A maioría das persoas consigue isto co traballo, os salarios, as pensión e as bolsas. Mentres que o Estado debe prestar especial apoio aos grupos vulnerábeis, as persoas socialmente desprotexidas e aos que non son capaces de coidade por si mesmos".

Ler máis

Etiquetas:

0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com