|
A realidade das reformas sociais na Bielorrusia
|
14/04/2008 |
 Artigo traducido do portal da Campaña de Solidariedade con Bielorrusia Un dos maiores logros de Bielorrusia foi o mantemento da igualdade social, e un nivel de vida equitativo para todos os seus cidadáns. Isto logrouse grazas á regularización da economía, e a unha importante asignación de fondos para a esfera social. A economía de Bielorrusia é de orientación social, o que significa que os beneficios non son dirixidos aos petos dos directivos empresariais, senón á poboación no seu conxunto. Un dos xeitos para acadar este obxectivo é a través dun grande sistema de prestacións sociais que inclúen: transporte subvencionado, apoio á maternidade, bolsas para os estudantes ou asistencias aos anciáns.
En xuño do 2007, o goberno de Bielorrusia anunciou a revisión do seus sistema de prestacións, con algunhas reducións e cancelacións. O movemento opositor empregou esta oportunidade para tentar mobilizar á poboación, especialmente aos estudantes. Os medios de comunicación presuntamente independentes de Bielorrusia informaron copiosamente da cancelación do sistema de prestacións, malia conseguir o goberno eses días contratos de extracción de petróleo en Venezuela e un empréstamo de estabilización de Rusia para os pagos do gas.
Como é habitual cando se fala de Bielorrusia, das informacións sobre os cambios nos beneficios sociais foron omitidas as novas prestacións. Os cambios reais non foron detallados ou explicados fora de Bielorrusia, por iso a necesidade deste exame. O que hai que deixar claro inmediatamente é que as reformas van encamiñadas a asegurar que os fondos dispoñíbeis vaian ás persoas que máis o necesiten, e non estamos ante unha cancelación dos beneficios. O goberno non abandonou a política dun "estado para o pobo".
Anteriormente, as reformas beneficiaban a dous terzos da poboación, que recibían algún tipo de prestación do Estado. Porén, o impacto destas prestacións (na media) era bastante pequeno. A maioría das familias recibían menos de 20.000 rublos por mes (aproximadamente un 10 dólares), e o presuposto total ascendía a uns 66 millóns. Era evidente que con esa cantidade de diñeiro se podería acadar máis obxectivos se se orientaba mellor. O goberno de Bielorrusia buscou identificar ás persoas máis vulnerábeis da sociedade e avaliar as súas necesidades. O que saíu á luz foi que as 50 categorías de beneficiarios e os 100 tipos de prestacións non facían que os máis vulnerábeis recibiran unha axuda significativa para as súas principais necesidades. Comprobouse que os fondos estaban demasiado diseminados, e, en moitas casos, chegaban a xente que xa non os necesitaba para a súa estabilidade financeira. A causa disto atopámola nas melloras xerais da economía na Bielorrusia e nos salarios e pensións desde a introdución do sistema de prestacións. Como exemplo, podemos examinar os dous últimos anos.
No 2006 os ingresos reais (tendo en conta a inflación e o costo da vida) aumentaron nun 17,3% con respecto ao ano anterior, mentres que as pensións medraron nun 13,4%. No 2007 os ingresos reais aumentaron nun 117,2% coas pensións superando os niveis de toda a rexión, e a inflación só foi do 3,2% (a máis baixa da CEI).
Isto significa en termos reais que o número de persoas que necesitan beneficios se reduciu enormemente.
O anterior sistema tamén deu lugar a unha desproporcionada asignación de fondos ás zonas urbanas. As familias rurais soen recibir pouco máis da metade da cantidade que reciben os habitantes das cidades. Mentres que o máis alto costo de vida nas cidades xa foi compensado pola suba dos salarios nas cidades. O resultado era que boa parte do diñeiro que se distribuía non tiña un resultado proporcional no referente á redución da pobreza, ou a un medre nos niveis de vida dos membros máis vulnerábeis da sociedade.
O novo sistema de prestacións, que entrou en vigor en decembro do 2007, está deseñado para corrixir os erros do sistema antigo na nova realidade socioeconómica do país. Os cambios contemplan tres grandes categorías de prestacións:
- Medicinas - Transporte público - Rendas
As prestacións concedíanse anteriormente a calquera persoa (e a súa familia) que pertencese a unha das categorías, como por exemplo a dos estudantes. Agora isto cambiou e as prestacións van dirixidas só ás persoas que as necesiten. O que significa que o número de beneficiarios se reduciu, mais o beneficio real se incrementou. Máis unha vez, convén lembrar o aumento dos ingresos reais.
No referente ao transporte público, podemos tomar o exemplo do caso de Minsk, onde todos os cidadáns tiñan dereito a un desconto, cando certamente esa necesidade non existía. Coa reforma, as subvencións ao transporte só estarán dispoñíbeis para os nenos, os discapacitados e os veteranos de guerra.
O diñeiro aforrado pola cancelación dalgunhas prestación non será "empregado noutros lugares", senón que se canalizará de novo para o gasto social. Por exemplo, o transporte, a vivenda e as empresas recibirán fondos para mellorar a calidade dos seus servizos. Os fondos liberados pola supresión do antigo sistema permiten outras melloras, por exemplo: 7 mil millóns de rublos para os subsidios de vivenda, 21 mil millóns para o programa "Nenos de Bielorrusia", que ofrece alimentación gratuíta aos máis pequenos, proxectos de promoción da saúde, particularmente relacionados coas nais e os seus fillos; ou programas de rehabilitación das zonas afectadas polo desastre da central nuclear de Chernobil.
Pódese ver que o novo sistema de prestacións é unha medida necesaria, co obxectivo de garantir que os fondos dispoñíbeis se destinen aos máis necesitados. Ao tempo, os salarios, as pensións e as bolsas tamén medran, creando novos postos de traballo. O novo sistema permite unha mellora significativa nos niveis de vida dos máis pobres, mentres que o proceso de solicitude das prestacións tamén se simplificaron. O novo sistema baséase nos principio de xustiza social, que permite ás persoas que realmente o necesitan recibir as prestacións, mentres que os fondos que quedan libres se utilizarán para proxectos sociais destinados á poboación no seu conxunto.
En novembro do 2007, falando do novo sistema, o Presidente Lukashenko afirmou:
"O principal obxectivo do Estado é non dar privilexios, senón crear as condicións para que os cidadáns teñan a posibilidade de ter un nivel de vida digno. A maioría das persoas consigue isto co traballo, os salarios, as pensión e as bolsas. Mentres que o Estado debe prestar especial apoio aos grupos vulnerábeis, as persoas socialmente desprotexidas e aos que non son capaces de coidade por si mesmos".
Ler máis Etiquetas: Europa |
  |
|
|
A importância das eleições gregas
|
29/09/2007 |
Ângelo Alves
Os resultados eleitorais das recentes eleições legislativas gregas foram marcados pelo reforço eleitoral do Partido Comunista da Grécia (mais 150 000 votos, passando de 5,9% para 8,2% e de 12 para 22 deputados) e pela erosão da base eleitoral dos dois maiores partidos, o Partido “Nova Democracia” (direita tradicional), reconduzido no governo e o PASOK (social-democrata) que registou o seu pior resultado desde 1977.
Estas eleições convidam a uma reflexão que vai bem mais além da interpretação exaustiva dos seus resultados. Não porque, na nossa opinião, os resultados eleitorais possam ser vistos como o único ou mais importante elemento aferidor do acerto de linhas políticas e ideológicas de intervenção e organização. Essa avaliação - sobretudo quando falamos de Partidos Comunistas ou progressistas – assenta fundamentalmente na análise da sua influência social e capacidade de entrosamento com as massas trabalhadoras e populares; do grau de organização dos trabalhadores e das populações; da afirmação e capacidade de penetração do projecto e do ideal comunistas e ainda do grau de fortalecimento orgânico dos Partidos. Por isso, olhamos para os resultados do Partido Comunista da Grécia como uma consequência, não de uma boa campanha eleitoral ou de uma conjuntura particular, mas de um trabalho sistemático de fortalecimento e de construção, sobretudo desde 1991, de um forte Partido Comunista. São a expressão eleitoral da sua linha de aprofundamento de ligação às massas e de aumento da sua influência social. E ainda de uma crescente capacidade e determinação na intervenção política, na luta das ideias e na construção de uma frente popular, anti-imperialista e a anti-monopolista na Grécia.
Dito o essencial é ainda importante referir que os resultados eleitorais não deixam de espelhar tendências no plano da luta social, política e ideológica. Os resultados na Grécia evidenciam um descrédito crescente nos dois partidos do sistema de política única, intimamente ligados e comprometidos com o actual processo de integração capitalista na Europa e alinhados com o imperialismo norte-americano e com a NATO. Esta é de facto hoje uma realidade, na Grécia e noutros países da Europa. Assim como o é a falência da ideia peregrina de que a social-democracia – esteja no governo ou na oposição - poderia nos dias de hoje representar uma qualquer alternativa ao neoliberalismo, mesmo que travestida algumas vezes com a cooperação com alguma esquerda dita “de confiança”.
Contrariando um caldo político propício ao conformismo e à confusão ideológica, e enfrentando campanhas difamatórias e de tentativa de isolamento político, o Partido Comunista da Grécia tem conseguido capitalizar o descontentamento canalizando-o para uma significativa torrente de lutas sociais que atravessaram a sociedade grega nos últimos anos. Mais, os seus resultados eleitorais indiciam a tomada de consciência política por parte de alguns desses sectores de que a alternativa política passa, em primeiro lugar, pelo reforço das posições comunistas. É que foi entre os trabalhadores do sector privado, os desempregados, os pequenos agricultores e, muito importante, entre a juventude – sectores que estiveram envolvidos em importantes processos de luta - que o PC da Grécia reforçou a sua base eleitoral de apoio.Os resultados da Grécia são por tudo isto uma boa notícia, um sinal de confiança. Um importante contributo para o reforço do movimento comunista, dos seus ideais e projecto. Etiquetas: Europa, Partidos Comunistas/Marxismo/Historia do Socialismo |
  |
|
|
Eleizóns na Valónia e Flandes: continua o ascenso dos comunistas
|
13/06/2007 |
Dobra os apoios en Flandes e medra lixeiramente na Valónia
 O proxecto de consolidación organizativa e eleitoral que puxo en marcha o Partido do Traballo de Bélxica hai un ano, con vistas ás eleizóns do 2011 e 2012, continua o seu progreso. O crecimento que tivo nas anteriores eleizóns municipais do 2006, ratificou-no hai uns dias nun novo proceso eleitoral. Nas localidades onde o PTB ten presenza o medre no número de votos foi notório. Como declaraba o cabeza de lista pola cidade de Amberes, Dirk Van Duppen: " Alí onde somos coñecidos, conseguimos bons resultados, sendo capaces de continuar a progresión experimentada nas municipais de outubro de 2006". Así, na província de Liexa, en Herstal conquistou o 6% dos votos e en Seraing o 2,9%. En Hainaut, acada o 3,2% en Louvière e case chega ao 2% en Charleroi. Na província de Amberes consigue 15.000 votos, obtendo un 2,55% dos votos na capital. En Flandes oriental o mellor resultado foi no cantón de Assenede (ao que pertence o Concello de Zelzate, onde nas anteriores eleizóns locais o PTB acadou 6 concelleiros) no que chegaron ao 7,3%. Outras zonas nas que houbo aumentos notábeis foron Limbourg, cun 3,4% e 2% en Genk e Neerpelt respeitivamente, ou no Flandes ocidental, no que dobraron os votos. A campaña Operación Robin dos Bosques, centrada nos impostos, deu a coñecer o partido en amplos sectores da povoaciónEstas eleizóns apresentaban-se complicadas para o PTB, xa que moita xenta non coidaba útil votar por eles por mor do umbral antidemocrático do 5%. De dar-se en Bélxica, como acontece nos Países Baixos, un reparto proporcional dos deputados, o PTB conseguiria un representante no Parlamento. Alén disto, o PTB, nesta campaña, continuou pola liña marcada nas municipais do ano pasado; renúncia a grandes frases e centrar a atención en problemas concretos (por exemplo, a loita contra os peches de vários hospitais). Analisando os resultados, o partido considera urxente criar novas núcleos do partido nas localidades onde non está presente. Á marxe dos resultados, o positivo desta campaña é que axudou a que no partido entraran un considerábel número de novos militantes. Do ponto de vista global, os resultados amosan unha progresión no respaldo ao PTB. No 2003 acadaron 36.000 votos, un ano despois chegaron aos 44.500, e neste 2007 ascenderon a 55.000. Resultados do PTBEtiquetas: Europa, Partidos Comunistas/Marxismo/Historia do Socialismo |
  |
|
|
Proiben imaxes do Che en escolas suízas
|
28/12/2006 |
RedGlobe 17/12/2006 A fantasma do Comunismo percorre as escolas suízas. Por iso, un director rexional das escolas no Cantón Waadt, no suloeste suízo, xa se converteu nun grande combatente de resisténcia anticomunista. Jean Mauerhofer, quen dirixe as escolas en Chexbres, Puidoux, Rivas e Saint-Saphorin, proibiu o uso da imaxe do Comandante Che Guevara dentro das escolas. Como informa o xornal suízo Le Matin, o director Mauerhofer confesou a sua "profunda antipatia" polo revolucionário arxentino-cubano.
Mauerhofer argumenta que o Che ordenara "masacres no nome dunha nobre causa". Trata-se das execucións contra torturadores e asasinos do rexime de Batista, pouco despois do trunfo da Revolución Cubana.
O director aclarou tamén que están permitidos imaxes de cantantes como a estadounidense Britney Spear se non están nuas. Mauerhofer argumenta que Spears "non chamou á guerra nen apoiou o matar persoas". Semella que Mauerhofer non coñece a entrevista da cantante co xornalista da CNN, Tucker Carlson, en setembro de 2003, meio ano despois de que as tropas estadounidenses invadiran Iraq. Carlson perguntou-lle se apoiaba a guerra contra Iraq e Spear respostou: "Coido que temos que confiar no noso presidente en cada decisión que toma, e deberiamos apoiá-lo."
Etiquetas: Europa |
  |
|
|
O Partido do Traballo de Bélxica felicita ao Partido Socialista dos Países Baixos polo seu resultado eleitoral
|
24/11/2006 |

O PTB felicita ao SP dos Países Baixos polo seu resultador eleitoral (26 escaños no parlamento). Despois do rexeitamento da Constitución europea no referendum do pasado ano, estamos ante o segundo sinal importante que demostra que os holandeses buscan consecuentemente unha alternativa á esquerda dos partidos tradicionais.
O SP converte-se no terceiro partido dos Países Baixos, pasando de 9 a 26 escaños. "Un ascenso notável da extrema esquerda", intitulou a CNN, engadindo: "Os partidos governamentais (CDA -Chamada Demócrata Cristiá- e VVD -Partido Popular pola Liberdade e a Democrácia) perden moita forza e non poden formar governo".
Os resultados do SP non caen do ceo. Son o resultado de 30 anos de traballo na base, nos bairros e nos centros de traballo. Un tércio dos membros do sindicato FNV (Federatie Nederlandse Vakbeweging) votou polo SP. O bon traballo do SP na base converte-se nun bon traballo do partido e nun bon resultado eleitoral. Obtivo os mesmos resultados que o PTB en Zelzate (21,7%) e en Herstal (9,4%) nas pasadas eleizóns municipais.
En segundo lugar, os resultados do SP dos Países Baixos son o resultado dun programa social de dez ponstos. De xeito independente ao SP, o PTB elaborou un programa moi semellante baseado en enquisas populares realizadas para as eleizóns municipais do 8 outubro de 2006. As seguintes reivindicacións son case idénticas entre os dous programas: mellores e máis cercanos centros de saúde, un servizo público de abastecimento de gas e electricidade, aulas menos masificadas no ensino e a construcción de novas vivendas sociais. Isto permitiu triplicar o número de representantes do PTB, pasando de 5 a 15 concelleiros municipais.
É necesário subliñar aspectos particulares do sistema eleitoral holandés: trata-se dun sitema de voto realmente proporcional, que permite unha repartición equitativa dos 150 escaños parlamentares. Non existe o umbral antidemocrático do 5% como na nosa casa. Cada partido participante recebe o mesmo tempo nos meios de comunicación televisados, 6 espazos eleitorais de 3 minutos.
Etiquetas: Europa, Partidos Comunistas/Marxismo/Historia do Socialismo |
  |
|
|
Queren ilegalizar o Partido Comunista Checo
|
12/11/2006 |
RedGlobe 10/11/06
.jpg)
Tan só unhas semanas despois da ilegalización da Unión da Xuventude Comunista checa (KSM), as autoridades en Praga e os deputados da direita o parlamento checo apontan contra o forte Partido Comunista de Bohémia e Morávia (KSCM). A cámara alta do parlamento checo, o Senado, aprobou formar unha comisión especial que deve investigar a legalidade do Partido Comunista. 31 dos 45 senadores presentes aprobaron unha moción apresentada polo deputado dos Verdes checos, Jaromir Stetina. O KSCM é a terceira forza parlamentar, contando con 26 representantes dun total de 200 desde as eleizóns parlamentares de xuño.
 Estre progre, deputado dos Verdes checos, foi quen apresentou a mociónNunha carta dirixida ao grupo europarlamentar Esquerda Unida Europea, o KSCM advirte que as tentativas de ilegalizar o partido impiden impiden "aprofundar a democrácia en Europa". Os comunistas checos consideran o ataque contra o seu partido como un ataque contra toda a esquerda europea. Chama á solidariedade internacional en contra da onda represiva anticomunista na República Checa e noutros países de Europa do Leste. Mentres os reaccionários endurecen a sua campaña contra un dos partidos comunistas máis fortes de Europa, a Unión da Xuventude Comunista checa, ilegalizada hai unhas semanas, acadou recuperar a sua páxina electrónica, desactivada desde a proibición da organización. Non oferecen nengunha explicación ante os cortes. A Unión da Xuventude Comunista demandou contra a sua ilegalización nas Cortes. Á espera dunha senténcia final da maxistratura, a KSM pode continuar as suas actividades.
Ler máisEtiquetas: Europa, Partidos Comunistas/Marxismo/Historia do Socialismo |
  |
|
|
Os marxista-leninistas triplican a sua representación tanto en Flandes como en Valónia
|
09/10/2006 |

Na eleizóns municipais celebradas onte 8 de outono, o Partido do Traballo de Bélxica medra de 5 a 15 cárregos eleitos. Os ascensos máis destacados produciron-se nas cidades obreiras próximas a Amberes, onde realiza un importante traballo nas fábricas, o que levou a numerosos sindicalistas a peder o voto para esta organización comunista. Estes bons resultados dan asas á organización para loitar con optimismo por acadar representación nas vindeiras eleizóns xerais.
Os fascistas do Vlaams Belang experimentaron un estancamento eleitoral, como aconteceu co resto das opcións burguesas que se apresentaban a estas eleizóns. É máis, en Amberes o Vlaams Belang tivo unha importante diminución de votos.
Os comunistas, na rexión de Lieja, pasaron de 2 a 3 concelleiros, mantendo os dous que tiñan en Herstal e gañando un en Seraing, onde dobraron os votos.
En La Louvière, na rexión de Hainaut, o PTB cuadruplicou o número de votos, conseguindo un representante.
No distrito de Hoboken consiguen dous representantas, chegando ao 8,27 e impedindo a maioria absoluta dos fascistas.
No distrito de Deurne duplica os votos e logra representación e, como en Hoboken, pecha o paso a unha maioria absoluta do Vlaams Belang.
Tamén en Seraing o PTB duplica os votos, pasando de 885 a 1.730 e conseguindo un representante.
En Herstal, na rexión de Lieja, mantén os dous representantes que xa tiña, ainda que medra un 25% no número de votos, acadando o 9,4% do total e convertendo-se na cuarta forza política.
Na rexión de Limburgo repite-se o ascenso xeral, en Genk obtén un representante e práticamente dobra os votos, mentres que en Lommel triplica o número de votos e tamén acada representación.
Os mellores resultados logrou-nos en Zelzate, Flandes oriental, onde case duprica os votos, acadando 6 representantes, e convertindo-se na segunda forza da cidade.
A clave do éxito, segundo a própria organización, estaria en incrementar o traballo directo nas fábricas, fuxir da fraseoloxia ideoloxista sen renunciar absolutamente a nada e centrar-se nos problemas diários da clase traballadora.
Pola banda dos fascistas, nen en Valónia nen en Flandes lograron os seus obxectivos. O Vlaams Belang semellar ter tocado teito eleitoral e, incluso, perdeu votos con respeito as pasadas eleizóns xerais.


Etiquetas: Europa, Partidos Comunistas/Marxismo/Historia do Socialismo |
  |
|
|
Comunistas austríacos contentes por dobrar os seus votos
|
02/10/2006 |
RedGlobe 02/10/06

Ainda que o Partido Comunista De Áustria (KPÖ) de novo non acadou representación no Consello Nacional, o primeiro candidato deste partido, Mirko Messner, amosou-se satisfeito polo resultado. O 1,01% que acadou o KPÖ nos comícios de onte, significa case dobrar os seus resultados de 2002, cando ficou co 0,56%.
Tamén en cifras absolutas os comunistas creceron: de 27.500 votos en 2001 a máis de 45.000. Messner criticou por iso o sistema eleitoral coa barreira do catro por cento: "Se se contase un home, unha muller, un voto, o KPÖ conseguiria xa dous deputados".
Unha derrota dura sufriron os conservadores do Partido Popular (ÖVP), mentres o Partido Socialdemócrata (SPÖ) pasou a ser a primeira forza parlamentar no país alpino. Todo indica agora que se estabelecerá unha coalición entrambos partidos, mentres os dous partidos da extrema direita -o FPÖ e o BZÖ- e Os Verdes quedarán na oposición. ------------------
Evolución eleitoral do KPÖ: 1995 - 13.874 1999 - 22.016 2002 - 27.567 2006 - 45.106
Etiquetas: Europa, Partidos Comunistas/Marxismo/Historia do Socialismo |
  |
|
|
Hungria, rematar o traballo encetado no 56?
|
23/09/2006 |

Lois R. NetoÉ complicado, e por suposto antimaterialista, tentar facer unha análise de calquer acontecimento sen contar cunha visión máis ou menos completa. No caso de Hungria, o reducido número de galegos que non dominamos a língua maxiar, estamos nas mans dunhas poucas axéncias de información que venden a sua visión ao mundo. Segundo estas axéncias, estariamos ante unha revolta popular, na que unha minoria fascista gañou-se o interese das cámaras por mor do emprego da violéncia (por exemplo, a toma das instalacións da televisión pública). Esta minoria, segundo as axéncias "oficiais", é rexeitada por unha maioria pacífica indignada polo "descobrimento" das falácias do multimillonário que ostenta a presidéncia de Hungria, mais indignada tamén polo comportamento desta "minoria" violenta.
Temos outra ubre informativa na que zugar: o comunicado que elaborou o Partido Comunista Obreiro Húngaro. O mesmo non dista moito da versión das axéncias "oficiais": unha maioria anoxada polas mentiras do presidente, e unha minoria de extrema direita que tenta utilizar as protestas para autopublicitar-se. Ainda que si hai unha salvedade: a maioria dos que protestan farian-no, segundo este partido, ao despertar do seu soño e comezar a entender o que significa o capitalismo. Así afirman: "A maioria da xente saiu á rua estes dias para protestar contra a política neoliberal". Coido que o Partido Comunista Obreiro Húngaro está a confundir os desexos coa realidade. Desde a distáncia, e coas limitacións xa comentadas, non son capaz de ver signos externos que confirmen o carácter anticapitalista do descontento. Máis ben semella o contrário.
E aquí pode estar a chave. O capitalismo mundial, coa colaboración dos podéres húngaros, queren levar definitivamente a Hungria polo rego da ortodóxia neoliberal. Os mandamentos de Maastricht, coa introducción do euro, precisa de agudizar ainda máis as políticas antisociais que os socialdemócratas abandeiran. O "descobrimento" das declaracións do presidente poden ser un ponto de inflexión que permita apertar, máis outra vez, os parafusos neoliberais. A situación económica é un desastre, e tivemos que mentir para agachar esta realidade..., é hora de poñer-nos en sério na tarefa de ser, dunha vez por todas, un país "moderno". A estas alturas, tanto a direita non socialdemócrata como a socialdemócrata, alén de liortas eleitorais, están lanzando esta mesma mensaxe. O terreno semella xa sementado.
Ler máisEtiquetas: Europa, Partidos Comunistas/Marxismo/Historia do Socialismo |
  |
|
|
O test de Michel Collon sobre Kosovo
|
29/08/2006 |
Resgatamos un dos populares (entre certos círculos, evidentemente) test de Michael Collon. Aquí podes atopar o orixinal en francés.

Kosovo: Acción humanitária?
Estas doce afirmacións poden ser CERTAS, FALSAS ou NEN CERTAS NEN FALTAS:
1. "En 1989 Milosevic provoca a Kosovo polo seu discurso antialbanés." 2. "Kosovo era unha rexión albanesa que os sérvios ocuparon." 3. "En Rambouillet, os intransixentes sérvios rexeitaron calquer acordo." 4. En Racak, en xaneiro de 1999, a policia xugoslava masacrou 40 civís." 5. "O movimento albanés UCK era unha vítica dos sérvios." 6. "Este é un obxectivo humanitário, é por iso polo que Ocidente interven." 7. "Os Estados Unidos non tiñan nengún interese estratéxico nesta rexión." 8. "A OTAN parou un xenocídio cometido polos sérvios." 9. "Atoparon-se fosas comúns que provan o xenocídio." 10. "Milosevic organizou os crimes contra a povoación albanesa." 11. "A OTAN efectuou unha guerra limpa." 12. " A OTAN instaurou un Kosovo multiétnico."
1. "En 1989 Milosevic provoca a Kosovo polo seu discurso antialbanés." FALSO
Por que os meios de comunicación ocidentais nunca citaron a máis mínima frase deste discurso? Acontecia exactamente o contrário:
"Nunca sérvia foi habitada únicamente por sérvios. Vivan hoxe, máis que anteriormente, moitos cidadáns doutras nacións, doutras étnias. Iso non é mao para o páis. Estou convencido, sinceramente, de que representa unha avantaxe. (...) Xugoslávia é unha comunidade multinacional e non pode sobreviver se non existe unha igualdade total de todas as nacións. Os inimigos destas comunidades, internos ou externos, saben-no ben e centran, en xeral , as suas actividades subversivas no aprofundamento dos conflitos inter-étnicos."
2. "Kosovo era unha rexión albanesa que os sérvios ocuparon." FALSO
Desde hai séculos, Kosovo estaba povoado por numerosas nacionalidades: sérvios, Albaneses, Musulmáns, Xudeos, turcos, exípcios... Pouco importa quen teña chegado alí primeiro! Todos deverian ter os mesmo direitos. Mas... Durante a II Guerra Mundial, os fascistas italianos, e despois os alemáns, matan a un elevado número de sérvios. En 1945, o líder xugoslavo Tito non autoriza o seu regreso. Nos 70 e 80, a província é administrada por funcionários... albaneses. O 10 de novembro de 1987, o New York Times escrebe o que os meios de comunicación ocidentais se gardarian ben de repetir en adiante:
"Realmente, os albaneses controlan xa cada fase da vida de Kosovo: a policía, a xustiza, a agricultura, as fábricas, as aldeas e as cidades..., actualmente os sérvios están en fuga perante a crecente violéncia albanesa. Uns vinte mil deixaron Kosovo estes sete últimos anos..."
3. "En Rambouillet, os intransixentes sérvios rexeitaron calquer acordo." FALSO
Na "negociación" de Rambouillet, iniciada en 1999, a OTAN quixo impór a ocupación militar de toda Xugoslávia. Así como a privatización das riquezas de Kosovo polas multinacionais. Incluso impediu que sérvios e albaneses falasen.
4. En Racak, en xaneiro de 1999, a policia xugoslava masacrou 40 civís." FALSO
Eran as vítimas dunha confrontación entre dous exércitos. Esta manipulación foi organizada por un axente americano, Willian Walker, que fora cómplice dos escuadróns da morte en El Salvador e Nicarágua (anos 80). O TPI de La Haya evitou convocar á xefa da equipa internacional de lexisladores. Toda guerra comeza cunha grande méia verdade: imaxes terríveis, mais manipuladas para enganar á opinión pública.
5. "O movimento albanés UCK era unha vítica dos sérvios." FALSO
O 22 de fevreiro de 1998, o enviado especial dos Estados Unidos nos Balcáns, Robert Gelbarb, declara públicamente: "Sei que algúen é terrorista en canto o vexo. E digo-vos que esta xente do UCK son terroristas".
De feito son numerosos os informes oficiais que estabelecen que o movimento separatista albanés mataba deliberadamente non só a policias e funcionários sérvios, senón tamén a albaneses casados con sérvios ou que se negaban a apoiar ao UCK. Mália isto, tres meses máis tarde, os servizós de asuntos estranxeiros dos Estados Unidos declaran o contrário:
"A opinión dos Estados Unidos é que o UCK non é unha organización terrorista".
A CIA vai formar e armar a estes terroristas. Seguidamente, a OTAN vai tornar-se a sua forza aérea. Por que? Con que interese?

6. "Este é un obxectivo humanitário, é por iso polo que Ocidente interven." FALSO
No momento de desencadear os bombardeos sobre Xugoslávia, o presidente Clinton confia a funcionários norteamericanos o seu verdadeiro obxectivo:
" Se queremos relacións económicas sólidas, que nos permitan vender en todo o mundo, é necesário que Europa sexa a chave... Esta é razón polo que actuamos deste xeito en Kosovo".
Tes dias máis tarde, o New York Times confirma que se trata dunha guerra de mundialización:
"Para que a globalización avance, América non deve temer agir como a superpoténcia ominipotente que é. A man invisível do mercado non funcionaria nunca sen un puño oculto. McDonalds non poderia prosperar sen McDonnel Douglas, o construtor do avión F-15. E o puño agachado que garante un mundo seguro para as tecnoloxias do Silicon Valley, este puño chama-se exército dos Estados Unidos."
7. "Os Estados Unidos non tiñan nengún interese estratéxico nesta rexión." FALSO
Grazas aos bombardeos, a OTAN foi quen de liquidar os vestíxios da economia socialista e instalar en Belgrado un governo do FMI, que elevou o prezo do pan de 4 a 30 dinares, cuadruplicou o da electricidade (cobizado por empresas estranxeiras), lanzou a privatización para benefício das multinacionais e preparou 800.000 despidos.
Alén diso, Washington ergueu a xigantesca base militar de Campo Bondsteel, exactamento ao lado da futura TUBERIA dos Estados Unidos que transportará cara a Europa o petróleo e o gas da antiga Unión Soviética. Un imensa cidade, con 7.000 soldados e pistas para bombareiros alugadas por 99 anos, que permitirá controla o Cáucaso ou ameazar Moscovo.
8. "A OTAN parou un xenocídio cometido polos sérvios." FALSO
En xuño de 2001, Jamie Shea, voceiro da OTAN, admitiu "que non habia un xenocídio en Kosovo". Quince dias antes da guerra, un relatório oficial da oficina de Asusntos Estranxeiros de Alemaña ainda declaraba: "Non existe persecución étnica contra os albaneses como grupo. Só confrontacións entre dous exércitos."
9. "Atoparon-se fosas comúns que provan o xenocídio." FALSO
Após moi longas investigacións, 2.108 corpos foron exumados. De todas as nacionalidades. Algúns víticas das bombas da OTAN, outros dos ataques do UCK, e outros por ataques de algunhas forzas sérvias. Son estes tres factores, e non un só, os que provocaron o éxodo masivo dos refuxiados albaneses no início da guerra.
O xenocídio (100.000 civís destrozados) era unha invención da propaganda.
10. "Milosevic organizou os crimes contra a povoación albanesa." FALSO
As ordes dadas á policia sérvia pasaban por protexer a todos os civís, incluidos albaneses. Após os bombardeos, certos elementos policiais e paramilitares cometeron efectivamente crimes (asasinatos, voos, destruizóns) contra civís albaneses. Mais foron castigados rápidamente e encarcerados, baixo Milosevic, pola Xustiza de Belgrado.
11. "A OTAN efectuou unha guerra limpa." FALSO
O Xefe de Estado Maio belga, Herteleer, recoñeceu-no: "Fagamos mal á povoación sérvia". Resultado: 2.000 civis mortos, 5.000 feridos, unha xerazón de crianzas traumatizadas, 147 hospitais afectados, fábricas civís, etc... Obxectivo real: pór un povo de xeonllos para abrir as portas á invasión das multinacionais. A OTAN empregou contra civís armas proibidas polos acordos de Xenebra: 1. Bombas de fragmentación. 2. Bombas ao grafito que paralisan a electricidade. 3. Armas de uránio empobrecido provocando cancros e mutacións xenéticas, afectando tamén a soldados norteamericanos. Mais, declarou o congresista ianqui Munson: "Nunca verá a pilotos da OTAN nun tribunal da ONU. A OTAN é o acusador, o fiscal, o xuiz, o xuri e o executor, porque é a OTAN quen paga as facturas do TPI. A OTAN non se somete ao direito internacional. É o direito internacional."

12. " A OTAN instaurou un Kosovo multiétnico." FALSO
Desde a ocupación, unha auténtica limpeza étnica expulsou 230.000 SÉRVIOS, xudeos, ciganos, musulmáns, turcos e outras minorias. Os 40.000 soldados da OTAN non atoparon nen unha soa das 1.200 persoas secuestradas polo UCK. A máfia reina en Kosovo, eixo neurálxico do movimento de droga, armas e prostitución cara a Europa.
Ver respostasEtiquetas: Europa |
  |
|
|
Avante entrevista ao Partido Comunista de Grécia
|
25/08/2006 |

O Partido Comunista Portugués e o Partido Comunista de Grécia representan duas das poucas excepcións que se deron nos partidos comunistas "oficiais", especialmente en Europa. Nengún deles renunciou ao marxismo-leninismo e non cairon na trampa do chamado eurocomunismo. Os dous rexeitan ao reformista Partido da Esquerda Europea.
A publicación Avante, do Partido Comunista Portugués, publica no seu último número unha entrevista á Secretária Xeral do Partido Comunista de Grécia (KKE), Aleka Papariga. Na entrevista tratan-se interesantes temas como o do Líbano ou Chipre, así como cuestións de táctica política dos comunistas.
De visita a Portugal a convite do PCP, Aleka Papariga, secretária-geral do PC da Grécia (KKE, na sigla original), conversou com o Avante! e explicou algumas das razões que levam ambos os partidos a convergir na leitura e acção dos mais candentes problemas internacionais. A construção da alternativa revolucionária e o mais recente conflito no Médio Oriente foram temas abordados por Papariga, para quem, a guerra e a política de direita fazem parte de uma mesma estratégia do imperialismo com vista à subjugação dos povos aos seus interesses.

- Quais são neste momento as lutas mais candentes dos comunistas na Grécia?
Aleka Papariga - O que procuramos fazer é combinar as tarefas de acumulação de forças no sentido de promover uma alternativa de poder popular com as lutas concretas em torno de problemas sociais mais imediatos.Apesar da resistência, a classe burguesa no nosso país e em geral na UE tem mantido toda uma política antipopular, uma estratégia de recuperação capitalista que afecta cada esfera, cada aspecto da vida dos trabalhadores e do povo grego. A privatização da saúde e da educação; a tentativa de minar a segurança social e o aumento da idade de reforma, por exemplo, são elementos substanciais de uma estratégia de longo prazo na agenda do capital.Sem querer dizer que as lutas «defensivas» não têm valor, pelo contrário, são imprescindíveis, é necessário iniciar uma contra-ofensiva por parte dos trabalhadores e das suas organizações, tarefa que exige paciência e muitas lutas de longo prazo. O problema central passa por encontrar a forma de, através dos combates quotidianos, levar a classe operária e as restantes camadas sociais a acumularem experiências que permitam tão brevemente quanto possível radicalizar a luta e impor transformações.
- Esses ataques aos serviços públicos de que fala estão a desenrolar-se em todos os países da UE, é nesse sentido que fala de uma estratégia coordenada do capital?
- A avaliação que fazemos é que esse entendimento sobre as grandes linhas políticas que vêm sendo aplicadas por diversos governos em vários países europeus, mas não só, também nos EUA, correspondem a opções claras. Elas representam simultaneamente a fórmula encontrada pelo capital para lidar com contradições intrínsecas à sua natureza, e um conjunto de instrumentos cujo objectivo é multiplicar os lucros e aumentar a reprodução de capital, dificuldades que o capitalismo não enfrentava em períodos anteriores.O sistema está a perder a capacidade de absorver reivindicações e lutas dos trabalhadores ou de promover uma pequena redistribuição de rendimentos em favor dos desfavorecidos. Hoje não podem implementar políticas semelhantes às desenvolvidas no pós II Guerra Mundial
- Diz que isso resulta das contradições internas do sistema, mas na Europa e nos EUA os povos também têm sabido resistir a projectos importantes para o capital, como o da chamada «constituição» europeia ou o aprofundamento do neoliberalismo militarista...
- O neoliberalismo não é unicamente uma forma de gerir o sistema, corresponde à estratégia contemporânea do capitalismo, por isso, quer governos de partidos social-democratas e socialistas, quer partidos conservadores e liberais, implementam a mesma política e o mesmo conjunto de medidas. Pese algumas particularidades, no essencial, a política que tem sido desenvolvida nos EUA e na UE é a mesma.Quanto à «constituição» europeia, o nosso partido valoriza o facto de dois povos terem vetado o seu avanço e temos mesmo a certeza de que se mais referendos houvessem, mais derrotas sofreria o projecto. Estes obstáculos que são colocados à estratégia do capital são importantes, mas a recusa da «constituição» europeia não significa a abertura de uma perspectiva anti-imperialista por parte das pessoas que a votaram desfavoravelmente em França e na Holanda.Por outro lado, o facto da UE ter decidido avançar com tal tratado, não quer dizer que no seu seio não subsistam contradições e desacordos, até porque permanece o desenvolvimento desigual entre nações, o que se reflecte em diferentes tempos e formas de aplicação das grandes linhas em cada país.
A resposta necessária
- Face a essa estratégia articulada do grande capital tem-se falado com insistência numa resposta articulada dos partidos comunistas, progressistas e de esquerda. Porque é que para o PC da Grécia o Partido da Esquerda Europeia não representa uma solução?
- Estamos empenhados na conjugação de forças, na construção de uma frente unida de luta em torno de razões comuns, claro. Mas que frente? Que tipo de cooperação e com que fins? Será uma frente onde pode caber Romano Prodi, ex-presidente da Comissão Europeia e actual primeiro-ministro de Itália num governo onde participa a Refundação Comunista? Será uma formação política que admite partidos que se aliam a forças conservadoras nos respectivos países? Qual foi o resultado do chamado centro-esquerda em França?Na base ideológica desse Partido da Esquerda Europeia (PEE) surge ainda a rejeição completa da experiência de construção do socialismo no Leste da Europa e a sua contribuição para o mundo. Uma coisa é a análise crítica, a identificação dos erros cometidos, mas uma tal rejeição não serve nem os partidos comunistas nem os povos que pretendem optar por um rumo de ruptura com o capitalismo.Depois temos que perceber que uma coisa são formas de cooperação e discussão entre todos, outra é a criação de um partido único, vertical, com uma direcção com capacidade de intervir no seio dos diversos partidos. O que necessitamos, de facto, é revitalizar essa dialéctica de entendimento, de cooperação entre as realidades nacionais e internacionais na luta anti-imperialista e revolucionária, e não de criar uma estrutura supranacional que ao mesmo tempo se dá bem com algumas das grandes opções do capital europeu.
- Neste aspecto particular uma das primeiras diferenças foi a posição assumida aquando da agressão contra a Jugoslávia. Os comunistas gregos manifestaram-se contra até porque a proximidade com os Balcãs vos dá um contacto mais directo da situação vivida...
- Não se trata de proximidade geográfica. É uma questão de classe! Durante os bombardeamentos da Nato nos Balcãs havia partidos ditos de esquerda em governos que se envolveram de forma muito empenhada na guerra.Em resultado da agressão, a actual situação nos Balcãs demonstra, em primeiro lugar, que as relações capitalistas de produção se estão a solidificar, o sistema burguês está formado na maioria dos países. As classes burguesas desses países estão mais fortes e já pretendem satisfazer algumas das respectivas exigências, não se limitando a seguir as orientações do capital alemão ou britânico. Em segundo lugar, e até revelando uma certa contradição, a penetração do capital norte-americano e das forças mais influentes da UE tem cada vez mais peso, portanto, ao mesmo tempo que os povos perdem todos os direitos e conquistas alcançadas com o socialismo, num contexto mais complexo parece que as questões fronteiriça e étnica continuam a ser utilizadas para gerar discórdia, minar o entendimento deixando em aberto a perspectiva de novos conflitos militares na região.
- Tal como o PC da Grécia, o PCP também manifestou sérias reservas quanto ao PEE. Esse facto traduz um entendimento sobre os caminhos de cooperação e luta? É possível criar uma base forte para a mudança sem a fórmula do PEE?
- A experiência demonstra que quanto mais unidos, mais fortes, mais estáveis forem os objectivos dos partidos comunistas, quanto mais forte for o movimento comunista internacional, mais fácil será criar alianças com outras forças anti-imperialistas. É nesse sentido que trabalhamos e nos entendemos.

- Mas na Grécia e em Portugal existem outros obstáculos à acção, tais como as leis de financiamento e funcionamento dos partidos políticos, o que levante sérios problemas ao PC’s...
- O importante é perceber que essas medidas foram aprovadas para golpear o movimento popular de resistência e protesto. Medidas restritivas, repressivas contra os partidos comunistas, é verdade, mas cujo verdadeiro objectivo é atacar a capacidade e a qualidade da resposta dos povos. É isto que se torna necessário denunciar junto de todas as pessoas.
Capitalismo semeia a guerra
- Recentemente visitou o Líbano. Que impressão retirou dos contactos mantidos e da observação da situação no terreno?
- Nada mais do que o que todos os povos do mundo têm podido observar: a brutalidade da agressão israelita.Os EUA, a UE e a ONU deram muito tempo a Israel para alcançar os seus objectivos nesta guerra. É importante sublinhar que se trata de uma guerra imperialista. Israel não está isolado nesta campanha, serve os interesses norte-americanos de uma rearrumação de forças no Médio Oriente levando para a frente um conflito decidido antecipadamente. Uns dizem que estava previsto para Dezembro, mas o facto é que encontraram um pretexto e avançaram.Esta guerra levanta ainda outra questão mais geral e que julgamos ser decisivo aprofundar: saber se um povo tem o direito de defender o seu país com todos os meios disponíveis, incluindo a luta armada, e se os trabalhadores e a classe operária têm o direito de escolher os meios com que preservam a sua soberania e lutam pela emancipação social.Dentro de dias vamos realizar um encontro em Atenas – no qual o PCP também vais estar presente – onde contamos juntar partidos comunistas e outras formações do Médio Oriente. O objectivo é discutir, trocar ideias, com destaque, claro, para a auscultação dos camaradas de Israel, do Líbano, da Palestina.
- Em caso de alargamento deste conflito pode haver uma contra-resposta conjunta dos partidos comunistas e dos povos nos diversos países?
- Os imperialistas quando não alcançam os seus objectivos desencadeiam intervenções armadas, semeiam conflitos. Está claro para nós que esta linha de política externa vai continuar procurando criar divisões entre as forças populares, quer entre países, quer no seio de cada país. Vamos abordar isso neste encontro que refiro e depois de analisarmos a situação podemos começar a traçar uma linha de acção.
- No que toca ao conflito no Chipre, qual é a posição assumida pelo PC da Grécia?
- Temos que tomar em conta que os EUA e a Grã-Bretanha pretendem ganhar a Turquia para o seu lado, isto é, alinhá-la com os projectos que querem implementar na região do Médio Oriente, portanto não vão hesitar em «oferecer-lhes» a ilha de Chipre e alguns arquipélagos no Mar Egeu.A participação do Chipre na UE e a posterior entrada da Turquia não resolve nada, até porque a UE perdeu os seus próprios princípios e os únicos que agora fazem caminho são os dos grandes interesses, os correspondentes aos desejos estratégicos do capital dominante.
Fonte: Avante
Ler entrevistaEtiquetas: Europa, Partidos Comunistas/Marxismo/Historia do Socialismo |
  |
|
|
Dous apontamentos sobre o Partido da Esquerda Europea
|
13/07/2006 |
Posición do Partido do Traballo de Bélxica ante o Partido da Esquerda Europea (E.E.)1. Xa o dixemos a cotio: a queda do socialismo na URSS e nos países do leste europeu non fixo máis que acrecentar todas as contradiccións do sistema capitalista mundial. Co Pacto de Varsóvia disolto, o imperialismo principiou as guerras de recolonización do terceiro mundo. A OTAN extende o seu campo de acción ao mundo enteiro e acrecenta a sua forza de combate. Os EE.UU. apostan máis que nunca a sua superioridade militar para consolidar e extender o seu domínio á escala planetária. A Unión Europea fixa como obxectio o de se converter na poténcia económica máis competitiva do mundo –o que baixo o capitalismo require dunha forza militar proporcional que, xa que logo, tamén bote a andar-. A sobreproducción relativa, própria do sistema capitalista, agrava-se, facendo medrar a crise económica estrutural. Os traballadores de Europa ven os seus logros sociais desmantelados a grande velocidade. Tamén asistimos nestes últimos anos a un recrudecimento de loitas sociais por todas partes. A reacción resposta impoñendo leis antidemocráticas e antisociais, reforzando a represión contra o povo traballador, tanto nos EE.UU. como na Unión Europea e Xapón. Obxectivamente, esta situación pon en alza a preparación da revolución socialista, único xeito de poder liberar aos traballadores e povos do mundo da explotación e da opresión capitalista e imperialista. Esta situación, inevitávelmente, conleva debates no seo do Movimento Comunista Internacional. A tendéncia principal é a que empurra á revolución dos partidos e forzas comunistas. Conscientes da envergadura das tarefas que o agardan, mais tamén das novas oportunidades, estes partidos comunistas aprenden dos erros do pasado e, sobretodo, de diversas correntes revisionistas e oportunistas, tanto de direita como de “esquerda”, que o fixeron desviar-se da comprensión marxista-leninista das suas tarefas revolucionárias. Mais tamén temos que aceitar que as campañas anticomunistas virulentas, que acompañaron á contra-revolución, afectaron a vários partidos comunistas. Non no camiño da sua revolucionalización, senón cara a sua socialdemocratización. Como Kautsky, na véspera da Primeira Guerra Mundial, se inclinan diante da realidade do capitalismo e rexeitan a Lenin e á revolución. 2. Un programa que non sobarda o reformismo de esquerda. O partido da E.E. foi fundado o 8 de maio de 2004, xuntando a partidos comunistas, socialistas, ecoloxistas e trotskistas. Baixo a sua suave linguaxe que fala da transformación do capitalismo e dunha sociedade que “sobrepasa a lóxica capitalista e patriarcal”, deseña-se un proxecto reformista que renega dos fundamentos do marxismo-leninismo. Os marxistas dispoñemos da ciéncia do socialismo para comprender e cambiar o mundo. Para nós a economia é o fundamento de toda sociedade. A explotación e a opresión dos traballadores nos nosos países capitalistas atopan a sua orixe na propriedade privada dos meios de producción. A anarquia que se deriva diso é a base das crises económicas, inerentes ao sistema. Os monopólios son a consecuéncia da loita concurrencial a morte que manteñen os capitalistas. Son eles quen exercen o poder no estado capitalista. O imperialismo é a conquista das matérias primas, dos mercados e da man de obra barata dos máis grandes monopólios. Por iso, definitivamente é por meio da guerra que as poténcias imperialistas parten e reparten o mundo. Revolución socialista ou “transformación do capitalismo”; propriedade colectiva dos meios de producción ou “superación da lóxica capitalista”: esta foi e será sempre a liña divisória entre comunistas e social-demócratas. Outro critério que distinque á via reformista da via revolucionária é a atitude que toma en referéncia ao carácter de clase do estado capitalista. O partido da E.E. aponta á “crise do estado nación” para situar o seu proxecto de sociedade alternativa ao nível da transformación da Unión Europea. O manifesto do partido da E.E. non di unha soa verba sobre a Unión Europea como unha construcción imperialista. Agora ben, a Unión Europea puxo-se mans á obra e continua sendo guia dos máis poderosos e agresivos monopóliso do continente, reunidos canda outros na Táboa Redonda dos industriais. Lenin dicia: “os Estados Unidos de Europa son, baixo un rexime capitalista, ou ben imposíveis ou ben reaccionários”. A Unión Europea fai-se e é reaccionária. Segundo isto, o partido da E.E. promete unha “Europa diferente” na que o cidadán terá a palabra, o que lle dará “outro contido á U.E.”. Aposta pola “transformación profunda” da Unión Europea apartir das suas institucións. “Queremos actuar para que as institucións elixidas, o Parlamento Europeu e o Parlamento nacional, teñan máis poder de acción e de control”. É o discurso e a estratéxia da social-democrácia desque lle deu as costas ao socialismo revolucionário. É propagar a vella ilusión social-demócrata que di que, ao desenvolver a democrácia, se poderá criar unha alianza capaz de impor outra política, un “novo contrato social”. Por suposto, os comunistas loitan por defenderen e ampliaren os direitos democráticos do povo, mais coa finalidade de desenvolver a loita de clases revolucionária. Non se trata de negar a posibilidade no interior do sistema capitalista, mais a característica dun partido comunista é a de nunca facer crer que as reformas cambiarán a natureza da sociedade. Os monopólios detentan o verdadeiro poder do Estado tanto a nível estatal como na Unión Europea. Endexamáis deixarán que se impoña unha política distinta á da procura dos seus máximos benefícios. Esta verdade do marxismo-leninismo verifica-se a diário nos feitos. O socialismo, a única saida para as masas traballadoras, só é posível após rachar o poder político e económico dos monopólios. Agora ben, o partido da E.E. presume de que “non tomará a mesma rota seguida no século XX”. En resumo, a revolución socialista xa non será necesária para tronzar o poder dos monopólios, sufrirá dunha “política de transformación” para facer do superestado europeu unha máquina de progreso social, de democrácia e de paz. De feito, o partido da E.E. non batalla polo socialismo. Fala de “regresar ás raices políticas e culturais do modelo social europeu”, que se desenvolveu como un sistema de adaitación ao capitalismo após a represión da Comuna de París. O partido da E.E. opon-se á “globalización”, mais sen analisar nengún contido desta verba tan á moda. A internacionalización é unha característica tan fundamental do capitalismo que o paso ao seu estado supremo empurrou moitas cousas. A crise dos anos 30 desembocou na Segunda Guerra Mundial. O capitalismo tivo máis tarde unha etapa de restabelecimento. Mais após os anos 70, este capitalismo foi cautivo dunha nova crise estrutural, acentuada por crises coxunturais curtas e intensas. Isto acrecentou considerávelmente o peso dos monopólios trasnacionais na economia mundial apartidos dos 80. A “globalización” non é para nós, definitivamente, máis que un novo afortalemento do control das multinacionais sobre o mundo e das contradiccións do sistema imperialista, despois da queda do socialismo na URSS e no leste europeu en 1989-1991. O imperialismo acendeu unha série de dispositivos co fin de aprazar o estourido violento da sua crise. Ainda que, irremediávelmente, desembocará nunha nova crise revolucionária –iso é o que o socialismo científico nos amostra-. Resumindo, a “globalización” capitalista emana directamente da crise xeral do capitlaismo e só desaparecerá con ese sistema. O partido da E.E. promete “unha alternativa progresista”, “a paz”, “a xustiza social”, “o desenvolvimento sostido”, e todo tipo de ideas bonitas ás que a xente non se oporá. Mais todo isto non se diferéncia fundamentalmente de calquer programa social-demócrata. Xa que o partido da E.E. se centra nos efectos do sistema e non nas suas raices. Non atopamos en nengures un início de análise das causas fundamentais, económicas e políticas da eplotación dos traballadores (incluso o termo non é usado), da inxustiza, da miséria, das discriminacións, da destruición do meio ambiente, das guerras. Os comunistas preocupan-se de orientar o movimento altermundista sobre o combate do imperialismo e da sua base capitalista. Axudan aos progresistas a comprender que o socialismo é a única alternativa posível ao capitlaismo, única en poder dar-lle un contido coerente ao atermundialismo e unha perspeitiva real de liberación dos traballadores. Cando o partido da E.E. di e repite que “outro mundo é posível”, non está propoñendo outra cousas que a panacea dun capitalismo humanizado sen o “exceso” da globalización. O que presenta como se fora algo novo é, na realidade, unha versión moderna do revisionismo de Bernstein e Kautsky, dos que xa sairon o século pasado vários refritos. 3. Anticomunismo. Se o Manifesto e os outros documentos do partido da E.E. son extremadamente imprecisos verbo da “alternativa”, o desligue do “estalinismo” é, pola contra, posto en evidéncia no preámbulo dos estatutos. O socialismo é un sistema novo. Lenin afirmou que “o socilaismo levado a bon porto resultará só da colaboración revolucionária dos proletários de todos os países e despois de numerosas tentativas que, se se consideraran cada unha por separada, serian unilaterais e sufririan unha certa desproporción”. O século XX foi testemuña da culminación dunha revolución grandiosa por parte da clase obreira, que tomou o poder e buscou “a conquista do ceo”, baixo a dirección do partido comunista. O partido da E.E. afirma que “non podemos seguir as mesas vias que foron tomadas no século XX”. Pode isto significar outra cousa que o rexeitamento de Lenin e a Revolución de Outubro, sen a que a Unión Soviética xamais teria existido? A Stalin e á dirección do PCUS toucou-lles o enorme desafio de construir o primeiro estado socialista. O mundo enteiro tivo que recoñecer os progresos económicos e sociais xigantescos que a URSS foi quen de realizar nunhas poucas décadas. Se a URSS non pudera operar esta xigantesca transformación, o povo soviético non poderia xamais deter os asaltos nazis, o Exército Vermello non poderia acabar coas tropas de elite de Hitler. Os povos de Europa e do mundo deven a sua liberación do fascismo en primeiro lugar á URSS. A Unión Soviética e a Internacional Comunista foron quen reforzaron decisivamente o vento impetuoso da liberación nacional nos países colonizados. Así, os obreiros e as masas do mundo, se volveron cara ao comunismo ao rematar a guerra. A burguesia desprega ataques sistemáticos e crecentes contra o “estalinismo”, como avangarda da “guerra fria”. Estes formaron parte dun plan anticomunista (o plan Marshall, a criazón da OTAN, e outros). Evidentemente, non buscaban resolver erros, senón liquidar o campo socialista e o movimento comunista. Do mesmo xeito que o antileninismo de Kautsky e Bernstein acompañaron os asaltos contra o xoven Estado soviético após a Primeira Guerra Mundial, o antiestalinismo dunha certa esquerda acompañou desde hai algunhas décadas a virulentas campañas anticomunistas da reacción mundial. Finalmente, esta reacción mundial, adicionada coas correntes renegadas e contra-revolucionárias internas, tivo éxito en derrocar o socialismo na URSS e na Europa do Leste. A burguesia pretendia abrir a via do progreso social e a paz. Mais desde entón non fixo máis que acelerar o desmantelamento dos direitos dos traballadores e extendido as suas guerras de reconquista ao conxunto do planeta. Ante o feito de que vários países perseveran na via socialista, e ante o medo a unha revigorarización do movimento comunista, a burguesia recurre, outra vez, a todo tipo de ataques contra o “estalinismo”. Al levar o antiestalinismo no seu programa, o partido da E.E. encadra-se obxectivamente na mesma corrente reaccionária anticomunista. Adopta unha covardia que definitivamente só serve para aparecer máis aceitável á ollada da burguesia. 4. Pola unidade dos comunistas baseada no marxismo-leninismo e o internacionalismo proletário. A burguesia mundial está dotada de organismos internacionais diveros para elaboraren a sua estratéxia, coordenar as suas accións, impor o seu poder absoluto. Paradóxicamente, mentres que no transcurso dos dous pasados séculos o comunismo foi a primeira corrente política en organizar-se a nível mundial, actualmente falta toda coordenación real. Porén, a crise xeral do capitalismo obriga, obxectivamente, a preparar a revolución socialista. Por suposto, hai lizóns aprendidas despois da experiéncia da Internacional Comunista. Mais ninguén pode duvidar que, sen a coordenación e a cooperación estreita realizada no seu seo, o Movimento Comunista Internacinoal xamais teria tido tanta forza. Hoxe temos a tarefa urxente de resolver a cuestión da nosa unidade como comunistas. É apartir de verdadeiros órgaos de coordenación e de cooperación que pode elaborar-se unha táctica comunista, como por exemplo cara ás institucións europeas. O partido da E.E. engade un paradoxo. Certos partidos comunistas que se opoñen á organización do noso Movimento Comunista Internacional, reagrupan-se non só nun só órgao de cooperación e de coordenación, senón nun “super partido”, para se aliar con partidos que, ou se viran de costas ao comunismo ou endexamais foron comunistas. Rexeitan a idea de que o movimento comunista teña estruturas, mais ao mesmo tempo aceitan as cadeas dun “super partido”, con órgaos dirixentes e estatutos que caen baixo o control da Unión Europea. Independentemente das intencións subxectivas dos partidos afiliados ao partido da E.E., este proxecto vislumbra-se como divisor dos comunistas e como unha nova variante do revisionismo e da social-democrácia. Temos relacións amistosas con vários partidos comunistas que forman parte da E.E. ou que teñen a condición de observadores. Mália o noso rexeitamento da E.E., manteremos estas relacións de partido a partido. Estamos certos de que, tarde ou cedo, estes partidos compartirán o noso ponto de vista, segundo o cal estamos ante un proxecto anticomunista e social-demócrata. A clase obreira e os povos do mundo estan-se a restabelecer após os duros golpes da contra-revolución de 1989-1991. Opoñen-se ás guerras imperialistas. Anuncian-se novas ondas de loitas de clases revolucionárias. Co fin de poder dirixí-las e orientá-las cara ao noso obxectivo común do socialismo, o noso movimento ten que atopar unha nova unidade! Bruxelas, 15 outubro de 2005. Baudouin Deckers, Secretario Xeral do Partido do Traballo de Bélxica. Fonte: http://www.wpb.be/Partidos políticos integrantes do Partido da Esquerda EuropeaPartido Comunista de Aústria Partido Comunista de Bélxica Partido del Socialismo Democrático da República Checa Partido da Esquerda de Estónia Partido Comunista Francés Partido da Esquerda de Alemaña (PDS) Coalición de Esquerda e Progreso de Grécia Partido Comunista dos Traballadores de Hungria Partido da Refundación Comunista (Itália) A Esquerda (Luxemburgo) Bloco de Esquerdas (Portugal) Partido da Alianza Socialista (Roménia) Refundación Comunista de San Marino Esquerda Unida (Estado Español) Partido Comunista de España Esquerra Unida i Alternativa (Catalunya) Partido Laborista de Suiza Partidos co estatus de observadorPartido Progresita de Povo Traballador (Chipre) Partido Comunista de Bohémia e Morávia Alianza Vermella e Verde (Partido Socialista de Esquerda, Partido Comunista de Dinamarca e Partido Socialista Obreiro) Partido Comunista de Finlándia Partido Comunista Alemán Renovación Comunista e Ecoloxista de Esquerda (Grécia) Partido dos Comunistas Italianos Partido Comunista de EslováquiaPartido da Solidariedade e da Liberación (Turquia) Etiquetas: Europa, Partidos Comunistas/Marxismo/Historia do Socialismo |
  |
|
|
|
|