Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Dous apontamentos sobre o Partido da Esquerda Europea
13/07/2006

Posición do Partido do Traballo de Bélxica ante o Partido da Esquerda Europea (E.E.)

1. Xa o dixemos a cotio: a queda do socialismo na URSS e nos países do leste europeu non fixo máis que acrecentar todas as contradiccións do sistema capitalista mundial.
Co Pacto de Varsóvia disolto, o imperialismo principiou as guerras de recolonización do terceiro mundo. A OTAN extende o seu campo de acción ao mundo enteiro e acrecenta a sua forza de combate. Os EE.UU. apostan máis que nunca a sua superioridade militar para consolidar e extender o seu domínio á escala planetária. A Unión Europea fixa como obxectio o de se converter na poténcia económica máis competitiva do mundo –o que baixo o capitalismo require dunha forza militar proporcional que, xa que logo, tamén bote a andar-. A sobreproducción relativa, própria do sistema capitalista, agrava-se, facendo medrar a crise económica estrutural. Os traballadores de Europa ven os seus logros sociais desmantelados a grande velocidade. Tamén asistimos nestes últimos anos a un recrudecimento de loitas sociais por todas partes.
A reacción resposta impoñendo leis antidemocráticas e antisociais, reforzando a represión contra o povo traballador, tanto nos EE.UU. como na Unión Europea e Xapón.
Obxectivamente, esta situación pon en alza a preparación da revolución socialista, único xeito de poder liberar aos traballadores e povos do mundo da explotación e da opresión capitalista e imperialista.
Esta situación, inevitávelmente, conleva debates no seo do Movimento Comunista Internacional. A tendéncia principal é a que empurra á revolución dos partidos e forzas comunistas. Conscientes da envergadura das tarefas que o agardan, mais tamén das novas oportunidades, estes partidos comunistas aprenden dos erros do pasado e, sobretodo, de diversas correntes revisionistas e oportunistas, tanto de direita como de “esquerda”, que o fixeron desviar-se da comprensión marxista-leninista das suas tarefas revolucionárias.
Mais tamén temos que aceitar que as campañas anticomunistas virulentas, que acompañaron á contra-revolución, afectaron a vários partidos comunistas. Non no camiño da sua revolucionalización, senón cara a sua socialdemocratización. Como Kautsky, na véspera da Primeira Guerra Mundial, se inclinan diante da realidade do capitalismo e rexeitan a Lenin e á revolución.

2. Un programa que non sobarda o reformismo de esquerda.
O partido da E.E. foi fundado o 8 de maio de 2004, xuntando a partidos comunistas, socialistas, ecoloxistas e trotskistas. Baixo a sua suave linguaxe que fala da transformación do capitalismo e dunha sociedade que “sobrepasa a lóxica capitalista e patriarcal”, deseña-se un proxecto reformista que renega dos fundamentos do marxismo-leninismo. Os marxistas dispoñemos da ciéncia do socialismo para comprender e cambiar o mundo. Para nós a economia é o fundamento de toda sociedade. A explotación e a opresión dos traballadores nos nosos países capitalistas atopan a sua orixe na propriedade privada dos meios de producción. A anarquia que se deriva diso é a base das crises económicas, inerentes ao sistema. Os monopólios son a consecuéncia da loita concurrencial a morte que manteñen os capitalistas. Son eles quen exercen o poder no estado capitalista. O imperialismo é a conquista das matérias primas, dos mercados e da man de obra barata dos máis grandes monopólios. Por iso, definitivamente é por meio da guerra que as poténcias imperialistas parten e reparten o mundo.
Revolución socialista ou “transformación do capitalismo”; propriedade colectiva dos meios de producción ou “superación da lóxica capitalista”: esta foi e será sempre a liña divisória entre comunistas e social-demócratas.
Outro critério que distinque á via reformista da via revolucionária é a atitude que toma en referéncia ao carácter de clase do estado capitalista. O partido da E.E. aponta á “crise do estado nación” para situar o seu proxecto de sociedade alternativa ao nível da transformación da Unión Europea. O manifesto do partido da E.E. non di unha soa verba sobre a Unión Europea como unha construcción imperialista. Agora ben, a Unión Europea puxo-se mans á obra e continua sendo guia dos máis poderosos e agresivos monopóliso do continente, reunidos canda outros na Táboa Redonda dos industriais. Lenin dicia: “os Estados Unidos de Europa son, baixo un rexime capitalista, ou ben imposíveis ou ben reaccionários”. A Unión Europea fai-se e é reaccionária.
Segundo isto, o partido da E.E. promete unha “Europa diferente” na que o cidadán terá a palabra, o que lle dará “outro contido á U.E.”. Aposta pola “transformación profunda” da Unión Europea apartir das suas institucións. “Queremos actuar para que as institucións elixidas, o Parlamento Europeu e o Parlamento nacional, teñan máis poder de acción e de control”. É o discurso e a estratéxia da social-democrácia desque lle deu as costas ao socialismo revolucionário. É propagar a vella ilusión social-demócrata que di que, ao desenvolver a democrácia, se poderá criar unha alianza capaz de impor outra política, un “novo contrato social”. Por suposto, os comunistas loitan por defenderen e ampliaren os direitos democráticos do povo, mais coa finalidade de desenvolver a loita de clases revolucionária. Non se trata de negar a posibilidade no interior do sistema capitalista, mais a característica dun partido comunista é a de nunca facer crer que as reformas cambiarán a natureza da sociedade.
Os monopólios detentan o verdadeiro poder do Estado tanto a nível estatal como na Unión Europea. Endexamáis deixarán que se impoña unha política distinta á da procura dos seus máximos benefícios. Esta verdade do marxismo-leninismo verifica-se a diário nos feitos.
O socialismo, a única saida para as masas traballadoras, só é posível após rachar o poder político e económico dos monopólios. Agora ben, o partido da E.E. presume de que “non tomará a mesma rota seguida no século XX”. En resumo, a revolución socialista xa non será necesária para tronzar o poder dos monopólios, sufrirá dunha “política de transformación” para facer do superestado europeu unha máquina de progreso social, de democrácia e de paz. De feito, o partido da E.E. non batalla polo socialismo. Fala de “regresar ás raices políticas e culturais do modelo social europeu”, que se desenvolveu como un sistema de adaitación ao capitalismo após a represión da Comuna de París.
O partido da E.E. opon-se á “globalización”, mais sen analisar nengún contido desta verba tan á moda. A internacionalización é unha característica tan fundamental do capitalismo que o paso ao seu estado supremo empurrou moitas cousas. A crise dos anos 30 desembocou na Segunda Guerra Mundial. O capitalismo tivo máis tarde unha etapa de restabelecimento. Mais após os anos 70, este capitalismo foi cautivo dunha nova crise estrutural, acentuada por crises coxunturais curtas e intensas. Isto acrecentou considerávelmente o peso dos monopólios trasnacionais na economia mundial apartidos dos 80. A “globalización” non é para nós, definitivamente, máis que un novo afortalemento do control das multinacionais sobre o mundo e das contradiccións do sistema imperialista, despois da queda do socialismo na URSS e no leste europeu en 1989-1991.
O imperialismo acendeu unha série de dispositivos co fin de aprazar o estourido violento da sua crise. Ainda que, irremediávelmente, desembocará nunha nova crise revolucionária –iso é o que o socialismo científico nos amostra-. Resumindo, a “globalización” capitalista emana directamente da crise xeral do capitlaismo e só desaparecerá con ese sistema.
O partido da E.E. promete “unha alternativa progresista”, “a paz”, “a xustiza social”, “o desenvolvimento sostido”, e todo tipo de ideas bonitas ás que a xente non se oporá.
Mais todo isto non se diferéncia fundamentalmente de calquer programa social-demócrata. Xa que o partido da E.E. se centra nos efectos do sistema e non nas suas raices. Non atopamos en nengures un início de análise das causas fundamentais, económicas e políticas da eplotación dos traballadores (incluso o termo non é usado), da inxustiza, da miséria, das discriminacións, da destruición do meio ambiente, das guerras. Os comunistas preocupan-se de orientar o movimento altermundista sobre o combate do imperialismo e da sua base capitalista. Axudan aos progresistas a comprender que o socialismo é a única alternativa posível ao capitlaismo, única en poder dar-lle un contido coerente ao atermundialismo e unha perspeitiva real de liberación dos traballadores.
Cando o partido da E.E. di e repite que “outro mundo é posível”, non está propoñendo outra cousas que a panacea dun capitalismo humanizado sen o “exceso” da globalización.
O que presenta como se fora algo novo é, na realidade, unha versión moderna do revisionismo de Bernstein e Kautsky, dos que xa sairon o século pasado vários refritos.

3. Anticomunismo.
Se o Manifesto e os outros documentos do partido da E.E. son extremadamente imprecisos verbo da “alternativa”, o desligue do “estalinismo” é, pola contra, posto en evidéncia no preámbulo dos estatutos.
O socialismo é un sistema novo. Lenin afirmou que “o socilaismo levado a bon porto resultará só da colaboración revolucionária dos proletários de todos os países e despois de numerosas tentativas que, se se consideraran cada unha por separada, serian unilaterais e sufririan unha certa desproporción”.
O século XX foi testemuña da culminación dunha revolución grandiosa por parte da clase obreira, que tomou o poder e buscou “a conquista do ceo”, baixo a dirección do partido comunista.
O partido da E.E. afirma que “non podemos seguir as mesas vias que foron tomadas no século XX”. Pode isto significar outra cousa que o rexeitamento de Lenin e a Revolución de Outubro, sen a que a Unión Soviética xamais teria existido?
A Stalin e á dirección do PCUS toucou-lles o enorme desafio de construir o primeiro estado socialista. O mundo enteiro tivo que recoñecer os progresos económicos e sociais xigantescos que a URSS foi quen de realizar nunhas poucas décadas. Se a URSS non pudera operar esta xigantesca transformación, o povo soviético non poderia xamais deter os asaltos nazis, o Exército Vermello non poderia acabar coas tropas de elite de Hitler. Os povos de Europa e do mundo deven a sua liberación do fascismo en primeiro lugar á URSS. A Unión Soviética e a Internacional Comunista foron quen reforzaron decisivamente o vento impetuoso da liberación nacional nos países colonizados. Así, os obreiros e as masas do mundo, se volveron cara ao comunismo ao rematar a guerra.
A burguesia desprega ataques sistemáticos e crecentes contra o “estalinismo”, como avangarda da “guerra fria”. Estes formaron parte dun plan anticomunista (o plan Marshall, a criazón da OTAN, e outros). Evidentemente, non buscaban resolver erros, senón liquidar o campo socialista e o movimento comunista.
Do mesmo xeito que o antileninismo de Kautsky e Bernstein acompañaron os asaltos contra o xoven Estado soviético após a Primeira Guerra Mundial, o antiestalinismo dunha certa esquerda acompañou desde hai algunhas décadas a virulentas campañas anticomunistas da reacción mundial.
Finalmente, esta reacción mundial, adicionada coas correntes renegadas e contra-revolucionárias internas, tivo éxito en derrocar o socialismo na URSS e na Europa do Leste. A burguesia pretendia abrir a via do progreso social e a paz. Mais desde entón non fixo máis que acelerar o desmantelamento dos direitos dos traballadores e extendido as suas guerras de reconquista ao conxunto do planeta. Ante o feito de que vários países perseveran na via socialista, e ante o medo a unha revigorarización do movimento comunista, a burguesia recurre, outra vez, a todo tipo de ataques contra o “estalinismo”.
Al levar o antiestalinismo no seu programa, o partido da E.E. encadra-se obxectivamente na mesma corrente reaccionária anticomunista. Adopta unha covardia que definitivamente só serve para aparecer máis aceitável á ollada da burguesia.

4. Pola unidade dos comunistas baseada no marxismo-leninismo e o internacionalismo proletário.
A burguesia mundial está dotada de organismos internacionais diveros para elaboraren a sua estratéxia, coordenar as suas accións, impor o seu poder absoluto. Paradóxicamente, mentres que no transcurso dos dous pasados séculos o comunismo foi a primeira corrente política en organizar-se a nível mundial, actualmente falta toda coordenación real. Porén, a crise xeral do capitalismo obriga, obxectivamente, a preparar a revolución socialista.
Por suposto, hai lizóns aprendidas despois da experiéncia da Internacional Comunista. Mais ninguén pode duvidar que, sen a coordenación e a cooperación estreita realizada no seu seo, o Movimento Comunista Internacinoal xamais teria tido tanta forza.
Hoxe temos a tarefa urxente de resolver a cuestión da nosa unidade como comunistas. É apartir de verdadeiros órgaos de coordenación e de cooperación que pode elaborar-se unha táctica comunista, como por exemplo cara ás institucións europeas.
O partido da E.E. engade un paradoxo. Certos partidos comunistas que se opoñen á organización do noso Movimento Comunista Internacional, reagrupan-se non só nun só órgao de cooperación e de coordenación, senón nun “super partido”, para se aliar con partidos que, ou se viran de costas ao comunismo ou endexamais foron comunistas. Rexeitan a idea de que o movimento comunista teña estruturas, mais ao mesmo tempo aceitan as cadeas dun “super partido”, con órgaos dirixentes e estatutos que caen baixo o control da Unión Europea.
Independentemente das intencións subxectivas dos partidos afiliados ao partido da E.E., este proxecto vislumbra-se como divisor dos comunistas e como unha nova variante do revisionismo e da social-democrácia.


Temos relacións amistosas con vários partidos comunistas que forman parte da E.E. ou que teñen a condición de observadores. Mália o noso rexeitamento da E.E., manteremos estas relacións de partido a partido. Estamos certos de que, tarde ou cedo, estes partidos compartirán o noso ponto de vista, segundo o cal estamos ante un proxecto anticomunista e social-demócrata.

A clase obreira e os povos do mundo estan-se a restabelecer após os duros golpes da contra-revolución de 1989-1991. Opoñen-se ás guerras imperialistas. Anuncian-se novas ondas de loitas de clases revolucionárias. Co fin de poder dirixí-las e orientá-las cara ao noso obxectivo común do socialismo, o noso movimento ten que atopar unha nova unidade!

Bruxelas, 15 outubro de 2005.
Baudouin Deckers, Secretario Xeral do Partido do Traballo de Bélxica.
Fonte: http://www.wpb.be/




Partidos políticos integrantes do Partido da Esquerda Europea

Partido Comunista de Aústria
Partido Comunista de Bélxica
Partido del Socialismo Democrático da República Checa
Partido da Esquerda de Estónia
Partido Comunista Francés
Partido da Esquerda de Alemaña (PDS)
Coalición de Esquerda e Progreso de Grécia
Partido Comunista dos Traballadores de Hungria
Partido da Refundación Comunista (Itália)
A Esquerda (Luxemburgo)
Bloco de Esquerdas (Portugal)
Partido da Alianza Socialista (Roménia)
Refundación Comunista de San Marino
Esquerda Unida (Estado Español)
Partido Comunista de España
Esquerra Unida i Alternativa (Catalunya)
Partido Laborista de Suiza

Partidos co estatus de observador


Partido Progresita de Povo Traballador (Chipre)
Partido Comunista de Bohémia e Morávia
Alianza Vermella e Verde (Partido Socialista de Esquerda, Partido Comunista de Dinamarca e Partido Socialista Obreiro)
Partido Comunista de Finlándia
Partido Comunista Alemán
Renovación Comunista e Ecoloxista de Esquerda (Grécia)
Partido dos Comunistas Italianos
Partido Comunista de EslováquiaPartido da Solidariedade e da Liberación (Turquia)

Etiquetas: ,

0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com