Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Eleizóns na Valónia e Flandes: continua o ascenso dos comunistas
13/06/2007
Dobra os apoios en Flandes e medra lixeiramente na Valónia




O proxecto de consolidación organizativa e eleitoral que puxo en marcha o Partido do Traballo de Bélxica hai un ano, con vistas ás eleizóns do 2011 e 2012, continua o seu progreso. O crecimento que tivo nas anteriores eleizóns municipais do 2006, ratificou-no hai uns dias nun novo proceso eleitoral.

Nas localidades onde o PTB ten presenza o medre no número de votos foi notório. Como declaraba o cabeza de lista pola cidade de Amberes, Dirk Van Duppen: "Alí onde somos coñecidos, conseguimos bons resultados, sendo capaces de continuar a progresión experimentada nas municipais de outubro de 2006". Así, na província de Liexa, en Herstal conquistou o 6% dos votos e en Seraing o 2,9%. En Hainaut, acada o 3,2% en Louvière e case chega ao 2% en Charleroi. Na província de Amberes consigue 15.000 votos, obtendo un 2,55% dos votos na capital. En Flandes oriental o mellor resultado foi no cantón de Assenede (ao que pertence o Concello de Zelzate, onde nas anteriores eleizóns locais o PTB acadou 6 concelleiros) no que chegaron ao 7,3%. Outras zonas nas que houbo aumentos notábeis foron Limbourg, cun 3,4% e 2% en Genk e Neerpelt respeitivamente, ou no Flandes ocidental, no que dobraron os votos.

A campaña Operación Robin dos Bosques, centrada nos impostos, deu a coñecer o partido en amplos sectores da povoación


Estas eleizóns apresentaban-se complicadas para o PTB, xa que moita xenta non coidaba útil votar por eles por mor do umbral antidemocrático do 5%. De dar-se en Bélxica, como acontece nos Países Baixos, un reparto proporcional dos deputados, o PTB conseguiria un representante no Parlamento. Alén disto, o PTB, nesta campaña, continuou pola liña marcada nas municipais do ano pasado; renúncia a grandes frases e centrar a atención en problemas concretos (por exemplo, a loita contra os peches de vários hospitais). Analisando os resultados, o partido considera urxente criar novas núcleos do partido nas localidades onde non está presente. Á marxe dos resultados, o positivo desta campaña é que axudou a que no partido entraran un considerábel número de novos militantes.

Do ponto de vista global, os resultados amosan unha progresión no respaldo ao PTB. No 2003 acadaron 36.000 votos, un ano despois chegaron aos 44.500, e neste 2007 ascenderon a 55.000.

Resultados do PTB

Etiquetas: ,

1 Comments:
  • At 6/13/2007 08:36:00 da tarde, Blogger VG said…

    Olá

    se fosse possível, adiciona este blog a tua lista de blogs: http://tirem-as-maos-da-venezuela.blogspot.com/

    Obrigado

    VascoG

     

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com