Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Os marxista-leninistas triplican a sua representación tanto en Flandes como en Valónia
09/10/2006



Na eleizóns municipais celebradas onte 8 de outono, o Partido do Traballo de Bélxica medra de 5 a 15 cárregos eleitos. Os ascensos máis destacados produciron-se nas cidades obreiras próximas a Amberes, onde realiza un importante traballo nas fábricas, o que levou a numerosos sindicalistas a peder o voto para esta organización comunista. Estes bons resultados dan asas á organización para loitar con optimismo por acadar representación nas vindeiras eleizóns xerais.

Os fascistas do Vlaams Belang experimentaron un estancamento eleitoral, como aconteceu co resto das opcións burguesas que se apresentaban a estas eleizóns. É máis, en Amberes o Vlaams Belang tivo unha importante diminución de votos.

Os comunistas, na rexión de Lieja, pasaron de 2 a 3 concelleiros, mantendo os dous que tiñan en Herstal e gañando un en Seraing, onde dobraron os votos.

En La Louvière, na rexión de Hainaut, o PTB cuadruplicou o número de votos, conseguindo un representante.

No distrito de Hoboken consiguen dous representantas, chegando ao 8,27 e impedindo a maioria absoluta dos fascistas.

No distrito de Deurne duplica os votos e logra representación e, como en Hoboken, pecha o paso a unha maioria absoluta do Vlaams Belang.

Tamén en Seraing o PTB duplica os votos, pasando de 885 a 1.730 e conseguindo un representante.

En Herstal, na rexión de Lieja, mantén os dous representantes que xa tiña, ainda que medra un 25% no número de votos, acadando o 9,4% do total e convertendo-se na cuarta forza política.

Na rexión de Limburgo repite-se o ascenso xeral, en Genk obtén un representante e práticamente dobra os votos, mentres que en Lommel triplica o número de votos e tamén acada representación.

Os mellores resultados logrou-nos en Zelzate, Flandes oriental, onde case duprica os votos, acadando 6 representantes, e convertindo-se na segunda forza da cidade.

A clave do éxito, segundo a própria organización, estaria en incrementar o traballo directo nas fábricas, fuxir da fraseoloxia ideoloxista sen renunciar absolutamente a nada e centrar-se nos problemas diários da clase traballadora.

Pola banda dos fascistas, nen en Valónia nen en Flandes lograron os seus obxectivos. O Vlaams Belang semellar ter tocado teito eleitoral e, incluso, perdeu votos con respeito as pasadas eleizóns xerais.




Etiquetas: ,

0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com