Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Manipulando imaxes sobre o Tíbet
02/04/2008


Michel Collon

Olle ben para esta fotografía "Soldados chineses disfrazados de monxes", que vostede viu ou verá pronto. Circula moito pola internet, con seguinte comentario: "Londres, 20 de marzo. O GCHQ, a axencia gobernamental de comunicacións que vixía á metade da poboación desde o espazo, confirmou a acusación do Dalai Lama segundo a cal soldados do Exército Popular de Liberación chinés, disfrazados de monxes, provocaron motíns que mataron e feriron a centos de tibetanos..."
Esta fotografía foi considerada unha proba concluínte, indignando a moita xente. Agora, volva ollar atentamente para a imaxe, e xoguemos aos sete erros...

Os 7 erros...

1. Algunha vez vira unha "foto-satélite" tomada con ese ángulo de visión?
2. Dinnos que os soldados se disfrazan de monxes para actuar como provocadores. Son tan estúpidos como para preparar esa operación secreta na rúa?
3. Dinnos que a fotografía é recente, pouco antes dos acontecementos. Que proba?
4. Interroguei a un amigo que coñece o Tíbet. Di que esta fotografía non puido ser tomada este 14 de marzo, baixo un sol primaveral, porque a primavera chegou ao Tíbet o 21 de marzo.
5. Dime que os tellados dos bici-taxis de Lhasa mudaron de cor a partir de 2005.
6. Tamén me di que estes uniformes dos policías non son utilizados desde hai tempo.
7. Xa que logo, houbo que facer unha pequena enquisa para descubrirmos unha realidade ben distinta.

De onde sae esta fotografía?

O certo é que a fotografía data do 2003. Durante a rodaxe dunha película, os monxes non quixeron facer de extras. Son os soldados quen se encargaron disto e na imaxe aparecen recibindo os seus uniformes de figurantes. Seica é unha práctica común alí. En calquera caso, nada que ver coas recentes imaxes de televisión que mostran a monxes exercendo a violencia e destruíndo tendas en Lhasa.

Era tan grotesca a manipulación que precisaba dunha verificación. Non fixo falla buscar moito, nunha páxina electrónica proindependentista pódese atopar a confirmación.O pé de foto di: "Este non é unha "táctica" inhabitual do goberno chinés, como se pode ver na contraportada do Informe Anual de 2003 do Centro Tibetano dos Dereitos Humanos. Esta fotografía foi tomada cando os monxes se negaron a participar como figurantes nunha película, e tiveron que ser os soldados quen fixeran de extras”.

Preguntados sobre esta manipulación, o webmaster da páxina respondeu que, pese a todo, asociara a imaxe co texto que acusaba aos chineses "co fin de amosar o tipo de trampas que os chineses empregaron nos motíns recentes". Que cada un opine sobre a deontoloxía xornalística desta xente.

Despois disto, esta imaxe foi utilizada por infinidade de grupos suprimindo este comentario para facer crer que a fotografía era recente e non era outra cousa que unha conspiración do exército chinés. A imaxe deu a vota ao mundo.

Fotos-satélites?

1. Non é a primeira vez que se pretende demostrar a verdade con fotografías-satélites. En 1990, os Estados Unidos aseguraron dispor de fotografías-satélites (que xamais mostraron) "probando" que Saddam Hussein ía invadir Arabia Saudita. Estes instrumentos tiveron e teñen moita importancia na manipulación da opinión. .

2. En 2003, os Estados Unidos difundiron fotografías-satélites que "probaron" que Iraq posuía armas de destrución masiva.

3. Máis recentemente volveron á carga contra Irán (silenciando o feito de que Israel posúe máis de 200 cabezas nucleares).

Unha imaxe pode mentir?

É o momento de lembrar que se pode mentir con imaxes. Sen ter que botar man das técnicas gráficas actuais, os grandes cineastas, como Chris Marker, demostraron que cun simple comentario poden facer críbel calquera imaxe. De feito, a imaxe soa non nos di:

1. Cando e onde se fixo.
2. O que mostra verdadeiramente.
3. O que agocha.

Calquera de nós puido ser vítima deste tipo de imaxes nos pasado. Cada un de nós terá a súa opinión sobre o Tíbet, tratando de verificar todas as versións, estudando os intereses en xogo de ambas as dúas partes, particularmente de George Bush, tan admirado polo Dalai Lama. Mais, en calquera caso, temo dereito a unha información non manipulada. Suxerimos ás persoas que difundiron estas imaxes que difundan tamén a rectificación. Grazas pola súa atención.

Ler máis

Etiquetas:

Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com