Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Israel Vs. Sudáfrica: reflexións sobre o boicot cultural
11/05/2008

Omar Barghouti*
08/05/08

En 1965, o Comité Americano na África, seguindo o exemplo de importantes asociacións artísticas inglesas, patrocinou unha histórica declaración contra o apartheid en Sudáfrica, asinada por máis de 60 personalidades da cultura. Nesta declaración podemos ler: "Dicimos non ao apartheid. Nesta acordo solemne, facemos a promesa de negar calquera axuda, ou de feito, calquera asociación profesional coa actual República de Sudáfrica, até o día no que todo o seu pobo participe por igual nas vantaxes culturais e educativas desta rica e fermosa terra."

Se un substitúe "República de Sudáfrica" por "Estado de Israel", o demais debe aplicarse coa mesma firmeza. Israel hoxe -60 anos após a súa creación a través dun deliberado e sistemático proceso de "depuración étnica" dunha grande maioría da poboación palestina indíxena (para unha autorizada historia do "nacemento" de Israel, consultar o libro de Ilan Pappe The Ethnic Cleansing of Palestine)- aínda practica a discriminación racial contra os seus propios cidadáns "non xudeus"; aínda mantén a ocupación máis duradeira na historia moderna, que segue a negar aos refuxiados palestinos -desarraigados, desposuídos e expulsados polos sionistas nas últimas seis décadas- o seu internacionalmente recoñecido dereito a regresar aos seus fogares; e que aínda comete crimes de guerra e viola os dereitos humanos básicos e os principios do dereito internacional humanitario con absoluta impunidade.

O apartheid de Israel é máis sofisticado, desenvolvido e brutal que o seu predecesor surafricano, segundo declaracións autorizadas de dirixentes anti-apartheid de Sudáfrica, como o arcebispo Desmond Tutu e o actual ministro de gobernación Ronnie Kasrils, que é xudeu. Xa que logo, é necesario que todas as persoas concienciadas de todo o mundo, en particular aquelas que xa se opuxeran ao apartheid en Sudáfrica, tomen as mesmas medidas de solidariedade e de compaixón humana, a través dunha aplicación efectiva do boicot contra Israel até que acate o dereito internacional e os aspectos básicos dos dereitos humanos.

Porén, algúns poden argumentar que, para eles, a arte debe transcender as fronteiras políticas, e buscar a unificación da xente nun mundo común. Esquecen, seica, que amos e escravos non comparten nada en común, e menos aínda calquera noción de humanidade. No canto de volver a inventar a roda, prefiro lembrar as sabias verbas de Enuga S. Readdy, director do Centro das Nacións Unidas contra o Apartheid, que en 1984 respondeu aos que criticaban o boicot cultural contra Sudáfrica por ir contra a "liberdade de expresión" afirmando: "É bastante estraño, cando menos, que o réxime de Sudáfrica que nega todas as liberdades... á maioría africana... pase a ser agora un defensor das liberdades dos artistas e deportistas do mundo. Temos unha listaxe de xente que actuou en Sudáfrica, xa fose por ignorancia da realidade, por arelas económicas ou por despreocupación polo racismo. Temos que persuadilos para que deixen de entreter ao apartheid, deixar de lucrarse co diñeiro do apartheid e poñer fin á propaganda do réxime do apartheid."

Compre sinalar que a Asemblea Xeral das Nacións Unidas aprobou unha resolución especial sobre o boicot cultural a África do Sur en decembro de 1980, case dúas décadas despois de que o fixeran asociacións e sindicatos británicos. Esa decisións atendía ao chamamento de organizacións negras en Sudáfrica que, efectivamente, censuraron a varios artistas estranxeiros que violaron o boicot. Acusando ás persoas que violaban o boicot de complicidade co apartheid, Reddy afirmou: "Non hai na historia un caso semellante, agás, en certa medida, baixo o nazismo". Malia todas as diferenzas obvias, esta tamén é a situación na Palestina ocupada hoxe.

Etiquetas:

0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com