Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Non hai guerra civil no Líbano; hai unha guerra contra a resistencia
13/05/2008


Nadia Hasan
Palestine Think Tank

O que está a pasar hoxe no Líbano é só unha extensión do que está a pasar en toda a rexión. Estados Unidos e os seus aliados occidentais están tentando facernos crer que a relixión é o factor principal neste conflito e tratando, ao tempo, de encubrir as motivacións política e intereses económicos involucrados en todo o proceso. Existen dúas posicións principais hoxe no Líbano, por unha banda un proxecto colonialista conducido polos Estados Unidos e o seu principal aliado na rexións, Israel, cuxo voceiro é o propio goberno libanés, e pola outra banda, un proxecto de soberanía conducido polo movemento de resistencia. De feito, é unha guerra entre un movemento patriótico e axentes externos. Isto explica que ambos os dous sectores estean compostos por diversas correntes relixiosas, sectarias e ideolóxicas. Como se explica senón que Michel Aoun -cristián maronita- e líder do Movemento Patriótico Libre, e o Partido Comunista estean aliñados con Hesbulá?

O goberno pro-imperialista occidental libanés pretende enfrontar ao Exército Nacional contra o pobo e a resistencia. O seu obxectivo é escudarse detrás do exército por mor da súa falta de apoio popular. Debe terse en conta que a xefatura do exército segue nas mans de nacionalistas.

Anterior á invasión israelí contra o Líbano en 2006, existiron unha serie de presións, tanto internas como externas, para desmantelar o lexítimo movemento de resistencia no Líbano, Hesbulá. Estas presións incrementáronse despois de que este grupo derrotara ao exército israelí e dera esperanzas a outros movementos de resistencia noutras partes da Patria Árabe. Esta vitoria foi unha nova proba de que a resistencia contra a globalización por unha banda, e a guerra de guerrillas pola outra, aínda é posíbel.
Hai pouco, e despois da máis extensa sesión do parlamento libanés na historia, a coalición pro-occidental votou unha moción que declarou ilegal a rede de comunicacións de Hesbulá, un sistema de telecomunicacións que foi sumamente efectivo contra o exército israelí durante a guerra que tivo lugar no verán de 2006. Esta "Declaración de Guerra" contra a resistencia é só un exemplo máis de como os cans locais dos Estados Unidos e Israel están loitando contra o seu propio pobo, xa que con esta acción o goberno, de feito, está tratando de desmantelar a principal ferramenta coa que conta a resistencia para loitar contra o proxecto colonialista na rexión.

Isto non é unha cuestión menor, xa que é a primeira vez desde a sinatura dos Acordos de Taif en 1989, que puxeron fin á guerra civil no país e que lle concedeu lexitimidade á resistencia armada de Hesbulá contra Israel, que o goberno condena unha rede de comunicacións que forma parte do aparello de seguridade do movemento, considerándoa unha "ilegal ameaza contra o propio Estado".

O que o goberno libanés está facendo non é outra cousa que traballo sucio para Israel, só un par de días despois de que o goberno estadounidense volvera declarar a Hesbulá como unha organización terrorista manténdoa na súa "lista negra".

O obxectivo aquí non é outro que darlle aos Estados Unidos o control tanto do principal aeroporto do país como de todo o sistema de comunicacións, para así poder minar a lexítima resistencia do pobo contra o seu principal obxectivo, Israel, provocando loitas internas, que poidan ser confundidas facilmente como disputas relixiosas, do mesmo xeito que o están facendo en Iraq e Palestina. A principal razón que se agocha detrás da destitución do responsábel da seguridade do aeroporto é que este declarou que al-Hariri mantivo unha reunión secreta hai poucos días no aeroporto co príncipe saudita Bandar. Por certo, Bandar foi o único árabe a quen Bush informou de cando ía pórse en marcha a invasión contra Iraq.

A principal ameaza para o proxecto colonialista na rexión, incluíndo tanto aos réximes árabes como aos seus benfeitores occidentais, é o pobo e o seu poder de resistencia. Minar este poder e crear un clima de constante tensión interna é o obxectivo de calquera que estea en contra dun movemento nacionalista árabe na Patria Árabe.

Como podemos explicar doutro xeito as acusacións de intromisión iraniana no Líbano, chegando ao extremos de solicitar a expulsión do seu embaixador e paralizar todos os voos desde e cara a Irán, debido ao apoio a Hesbulá por parte do goberno iraniano, mais, ao mesmo tempo, non se pronuncie unha soa verba contra a intromisión externa dos Estados Unidos en Iraq, non se pronuncie unha soa verba en contra de permitir que un terzo da terra de Qatar sexa utilizada como base militar estadounidense, e non se pronuncie unha soa verba contra as forzas internacionais, armadas até os dentes, que baixo o falso pretexto de "preservar a democracia" están ignorando o respecto da territorialidade libanesa e consideran "terroristas" a unha grande parte da poboación?

Francia, a "Madre Patria", mantén unha forte presenza militar na zona, centrada principalmente en tratar de recuperar o seu proxecto colonialista e, máis unha vez, facendo o traballo sucio dunha entidade que oprimiu a un pobo completo durante máis de 60 anos.

Terá lugar unha reunión de chanceleres en Cairo, reunión solicitada por Exipto e Arabia Saudita, mais, que razón hai para condenar, outra volta, o dereito dun pobo a resistir contra o seu opresor, tal e como o está a facer con éxito Hesbulá no Líbano? Sen dúbida estes ministros discutirán as formas de acabar coa influencia "negativa" que os membros da resistencia teñen dentro do país.

Finalmente, debe ficar claro que Palestina está no centro do conflito no Líbano. Rematar coa resistencia nunca significou "reconstruír" o Líbano, senón protexer a Israel e convertelo nun estado "normal" no corazón da Patria Árabe. Por esta razón, a primeira decisión dos axentes pro-imperialistas, de chegaren a ter éxito, será o novo asentamento dos refuxiados palestinos do Líbano... en calquera lugar agás Palestina.

Ler máis

Etiquetas:

0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com