Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Cimbabue en Guerra
09/07/2008



Cimbabue en Guerra, tradución do traballo do marxista Stephen Gowans. Preme sobre o título ou a imaxe para descargar ou visulizar o arquivo en formato PDF. Podes atopar o artigo orixinal na páxina persoal do autor.






Presentación de Cimbabue en Guerra.

Madialeva

«A lex agraria de Tiberio Graco daríalles a milleiros de familias desarraigadas a posibilidade de traballar a terra (...) Facendo fronte ao movemento popular contra a usurpación ilegal da terra, os oligarcas non tiñan doado atacar a lei de Tiberio. Así que atacaron ao propio Tiberio. Aproveitaron calquera oportunidade para denuncialo como demagogo e tirano que tentaba coroarse rei. Privárono dos fondos suficientes para administrar o programa de reforma da terra.»

MICHAEL PARENTI, historiador marxista norteamericano, El Asesinato de Julio César (2005).


Aconteceume unha cousa curiosa. Coincidiu no tempo a tradución deste traballo para Estoutras sobre Cimbabue coa lectura da obra da que tirei a cita anterior. Mentres lía o libro de Parenti, comecei a mesturar dúas realidades afastadas por máis de 2000 anos e moitos milleiros de quilómetros máis. A Roma republicana e o Cimbabue de hoxe. Lía no libro de Parenti os conflitos de clase, a loita dos popularis, especialmente Tiberio, pola redistribución da terra entre as masas pobres de Roma. Lía como a minoría rica batallou contra esta idea democratizadora, e como acabou asasinando a Tiberio, despois de acusalo de tolo, de guiarse só polo seu interese persoal, de ser un perigo para a paz,... E mentres traducía o traballo de Gowans sobre Cimbabue, ía vendo moitas semellanzas. Os poderosos acusando ao presidente Mugabe de ditador, asasino, demente, ególatra... Lía como a reforma agraria do país africano distribuíra as terras, que até ese momento pertencían a 4.000 granxeiros colonos, entre 300 mil familias negras... Contra Tiberio afiaban os seus dardos os historiadores clásicos e tamén algúns actuais. Contra Mugabe os medios occidentais abrían de par en par as comportas das aldraxes e das mentiras. Nos dous casos, servidores dos poderosos facían o seu labor de presa contra quen ousaban poñer en perigo os privilexios da minoría. Finalizando a tradución, descubrín que entre a bibliografía empregada por Gowans estaba o libro que estaba a ler. Decateime entón, que a influencia do libro de Parenti no artigo de Gowans ía alén da referencia á Roma clásica. Realmente, moitos aspectos que trata Parenti aparecen reflectidos neste traballo sobre Cimbabue. E como podía ser doutro xeito? Seica non son os dous autores marxistas? Non están ambos os dous armados coas ferramentas analíticas do materialismo histórico e da dialéctica? Seica non atopamos xa en Engels e Marx referencias á historia clásica ou ás loitas dos norteamericanos contra o imperio británico? Calquera situación histórica podemos comprendela se non nos esquecemos da loita de clases como motor da historia. Se empregamos o método marxista veremos as cousas con meridiana claridade.

Medo me dá cando ao falar con alguén sobre a situación en Cimbabue este empeza con algo semellante a: «É complicado posicionarse sobre Cimbabue». U-la complicación? Cimbabue antes era Rodesia, un estado colonial británico, controlado polos brancos onde o racismo era a norma. O partido de Mugabe, a Unión Nacional Africana-Fronte Patriótica, loitou durante unha década para acadar a independencia. Logrouno. Mais a independencia pode ficar sen contido real, e limitarse a izar unha bandeira máis bonita. Abondosos exemplos temos no continente africano. Pero en Cimbabue non abondaba iso. En Cimbabue quixeron dotar de contido á verba independencia. Rachou co programa de axuste do FMI, que acabara coas políticas sociais e de creación de industria, e puxo en marcha unha democratizadora reforma agraria. Inglaterra comprometérase a financiar esta reforma e pagarlle a compensación aos antigos colonos. Non cumpriu a súa palabra. O goberno de Cimbabue si. As terras volveran aos seus lexítimos donos, o pobo negro de Cimbabue. E a terra non foi o único. A loita foi total pola conquista da soberanía da economía, das materias primas, das minas. As consecuencias poucos as coñecen: sancións económicas de derrubarían calquera economía, negación de créditos, negación de repostos para cousas tan perigosas como os camiños de ferro, fin do financiamento para programas sociais e de industrialización.

E sempre que os poderosos queren contar co respaldo da opinión internacional, para así poder defender sen miramentos os seus privilexios de rapina fronte ao estado insolente , so teñen que poñer a funcionar todos os seus instrumentos de manipulación: medios de comunicación occidentais, ONG’s, partidos opositores ideados nos clubs de campo dos brancos rodesianos ou da Florida, trotskistas, e demais. Xa se encargan estes de conseguir que nós sigamos o seu xogo e condenemos a este ou a aquel tirano. Unha historia que se repite a cotío en moitas partes do mundo, naqueles sitios onde non están dispostos a ser escravos na súa propia terra. Vémolo a diario en Cuba, na Bielorrusia, en Venezuela, na República Democrático Popular de Corea... Cuspidiño ao que hai máis de dous mil anos fixeron con Tiberio.

Etiquetas:

Eritrea, illa de resistencia no leste de África
13/06/2008


Frédéric Delorca
Atlas Alternatif

Hai dúas semanas, o 20 de maio, nunha entrevista con Le Monde, o Presidente de Eritrea, Isaias Afwerki, acusaba a Washington de atizar as diferenzas fronteirizas entres Asmara e os seus veciños, Xibutí e Etiopía, e declaraba que o proceso de democratización no país non se recuperaría se Estados Unidos non acababa co estado de guerra que mantén na zona. 1

O mesmo día, o diario atlantista acusaba a Asmara de ser un réxime «intransixente e nacionalista». Debería recoñecer o xornal, porén, que nunha África onde por todas partes os estados son febles, Eritrea é unha excepción na que «a educación e o acceso á sanidade son gratuítos. O desemprego é mínimo. E a corrupción, fortemente castigada, é inexistente, así como a delincuencia e a criminalidade.» 2

A forza do Estado de Eritrea constitúe sobre todo unha importante baza no contexto actual de crise alimentar malia a grande pobreza deste país, que se viu seriamente agravada pola guerra co seu veciño etíope entre os anos 1998 e 2000. 3

Eritrea é obxecto de presión constantes. Xibutí, que acolle unha base francesa e outra norteamericana no seu chan, acusou recentemente ao exército de Eritrea de violar a súa fronteira norte (algo que Asmara desmentiu), e as diferenzas fronteirizas con Etiopía (cliente de Washington e que ocupa militarmente Somalia) aínda non están resoltas. O tema relixioso funciona como un instrumento do imperialismo occidental en Eritrea. No 2004, a Comisión Estadounidense para a Liberdade Relixiosa Internacional (USCIRF, nas súas siglas en inglés) –un organismo gobernamental dos Estados Unidos- enviou unha delegación a Eritrea. No 2005, incluíu a Eritrea na listaxe dos seus «países de especial preocupación», xunto con Myanmar, China, Irán, República Democrática Popular de Corea, Arabia Saudita, Sudán, Turkmenistán, Uzbekistán, Paquistán e Vietnam. 4

Como consecuencia desta inscrición, Eritrea foi obxecto por parte do Departamento de Estado en setembro de 2005 dun embargo sobre as súas vendas de armas. O informe do USCIRF do 2006 reproba a desconfianza de Asmara cos grupos relixiosos baptistas, pentecostistas, evanxelistas e outros grupos cristiáns que non teñen unha implantación tradicional en Eritrea (a diferenza da Igrexa Copta e da Católica, que están institucionalizadas). 5

O USCIRF, no seu último informe, apoia a creación dunha comisión de dereitos humanos “independente” (é dicir, pro occidental) en Eritrea. A Axencia Americana de Estado para o Desenvolvemento Internacional pechou as súas oficinas en Asmara o 31 de decembro de 2005 a petición do goberno de Eritrea.

As relacións coa Unión Europea, aliada dos Estados Unidos, tamén son tensas. En novembro de 2001, Eritrea expulsou ao embaixador de Italia após unha inxerencia deste último na política de regulación dos medios de comunicación. O Parlamento de Estrasburgo votou unha resolución contra o goberno de Eritrea o 7 de febreiro de 2002. 6

Desde entón, a Unión Europea multiplica as súas demandas de fomento do pluralismo neste país buscando o desenvolvemento de partidos máis favorábeis aos intereses occidentais. 7

Asemade, insta ao goberno de Eritrea a promover o sector privado capitalista, a liberalización do mercado e a redución dos impostos sobre as empresas. 8

Nunha época na que Washington aumenta as fontes de conflitos (Sudán, Somalia) para controlar o Corno de África e, así, o petróleo, será Eritrea para os poderes occidentais unha nova aldea de Astérix a conquistar?

Etiquetas: ,

(0) Comentarios
Solidariedade coa clase obreira exipcia
10/04/2008


Comunicado do Partido Comunista de Exipto
(09/04/08)

Desde primeiras horas da mañá de hoxe (9 de abril) tanto o centro de Cairo, como as principais prazas da cidade, foron ocupadas por forzas especiais de seguridade, forzas antidisturbios e policía secreta. Noutras cidades, como Alexandría e Algharbia, os habitantes foron testemuñas dunha forte presenza de forzas de seguridade nas principais rúas e prazas.

A cidade de Almahalla Alkobra acolleu a manifestación máis numerosa de hoxe.

Case 200 activistas foron xa detidos nas distintas provincias. Numerosos traballadores están en folga en solidariedade coas demandas dos traballadores da empresa téxtil Ghazl Almahalla. A súa principal reivindicación é que os salarios se vinculen á taxa de inflación, algo que afecta non só aos traballadores de Ghazl Almahalla, senón a toda a clase obreira exipcia.

A folga dos traballadores de Ghazl Almahalla converteuse nunha grande protesta que abrangue toda a cidade de Almahalla Alkobra. A xente pobre, os campesiños e todos os traballadores sumáronse ás manifestacións. Uns 30000 cidadáns cantaron consignas contra a suba dos prezos, contra os monopolios, o neoliberalismo e as forzas do mercado.

As forzas de seguridade exipcios atacaron aos manifestantes empregando unha chea de granadas de gas lacrimóxeno, balas de plástico, porras eléctricas, causando centos de feridos entre os manifestantes. A policía arrestou tanto a manifestantes feridos como non feridos.

As novas de Almahalla Alkobra confirman a morte de, cando menos, dous cidadáns, un neno de nove anos e un mozo de vinte. As forzas especiais queimaron tendas, edificios públicos e vehículos, co fin de fabricar cargos contra os manifestantes detidos e os traballadores en folga. O seu obxectivo é reforzar o control da policía e o estado sobre a clase traballadora e tentar conter o medre da conciencia social en Exipto, que medrou notabelmente nos últimos cinco anos.

Facemos un chamamento para apoiar as xustas demandas dos traballadores de Ghazl Almahalla e o seu dereito a elixir os medios para expresar as súas demandas, xa sexan manifestación, folgas ou calquera outra medio.

Nós, os comunistas, xunto con todas as forzas democráticas, alertamos de que a policía, seguindo instrucións do goberno, iniciará unha enorme campaña de represión contra a clase traballadora en xeral e contra os traballadores de Ghazl Almahalla en particular. Esta certeza xurde do comportamento das forzas de seguridade hoxe en Almahalla Alkobra. A advertencia tamén nace da intención das forzas de seguridade de fabricar artificialmente cargos contra os líderes dos traballadores.



Corpos especiais da policía danando un vehículo policial en Almahalla

Etiquetas:

(0) Comentarios
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com