Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Colectivización na URSS. Terceira entrevista a Grover Furr
23/10/2010

The Georgian Times continúa a súa serie de entrevistas co Dr. Grover Furr, profesor da Universidade Estatal de Montclair, Nova Jersey, EUA.


Grover Furr: Levo moito tempo interesado no tema da colectivización e a fame (Holodomor). Hai anos que estou en contacto co Dr. Mark Tauger, profesor na Universidade de West Virginia e o mellor investigador do mundo na cuestión das fames soviéticas. A diferenza doutros investigadores, Tauger é estritamente obxectivo, nin anticomunista nin a prol de Stalin ou do comunismo. El busca a verdade.

Segundo Tauger, houbo centos de fames masivas na historia rusa, case unha cada dous ou tres anos. Houbo fames graves en 1920-1921, 1924, 1927 e 1928.


Georgian Times: Por que algúns historiadores coidan que a colectivización e a industrialización foron os maiores erros de Stalin e dos bolxeviques?

Grover Furr: En 2001, Tauger publicou un artigo sobre a fame de 1928 titulado “Grain Crisis or Famine?” A “fame no Volga”, de 1920 a 1921, é ben coñecida, en parte por mor da comisión de socorro Nansen, que tirou moitas fotografías terríbeis do sufrimento. Mais as fames de 1924 e 1927-1928 son bastante ignoradas. Cando non as ignoran, os investigadores anticomunistas negan que foran “fames”, chamándoas, en troca, “problemas locais e rexionais”.

Fan isto co gallo de agocharen o feito de que as fames, de maior ou menor intensidades, tiveron lugar en Rusia acotío. Aos escritores anticomunistas gustaríalles facer crer que estas fames eran raras antes da colectivización. Mais o certo é que as fames eran frecuentes, e a colectivización foi, en grande medida, un intento de resolver este perenne problema.

Nunha coñecida pasaxe das súas memorias da Segunda Guerra Mundial, Hinge of Fate, Churchill, citando a Stalin, escribiu:

«”Dez millóns”, dixo levantando as mans. “Foi terríbel. Durou catro anos. Era totalmente necesario para Rusia, de querermos evitar as fames periódicas, arar as terras con tractores.”»

Churchill escribiu eses volumes moitos anos despois e a súa memoria posibelmente non sería precisa. Mais ninguén suxeriu nunca que Churchill inventara estas verbas sobre “evitar as fames periódicas”. Efectivamente, é verdade. Tauger está actualmente traballando nun estudo sobre estas fames anteriores.

Por tanto, a colectivización foi necesaria non só para financiar a industrialización -malia ser realmente esencial para este obxectivo. Foi fundamental para poñer fin ás fames periódicas, nas que morreu moita xente.

E a de 1932-1933 foi a última fame, agás a fame de posguerra de 1946-1947, provocada pola inmensa destrución que trouxo a guerra. Este feito é case sempre silenciado nos debates sobre a fame de 1932-1933. A colectivización provocou mortes, seguro! Ninguén o nega, certamente eu non.

Non colectivizar tamén provocou mortes. O status quo provocou mortes -por fames... A NEP (Nova Política Económica) causou mortes por fames.

Xa que logo, todas as opcións posíbeis causan mortes. As dúas formas en que se achegar a isto son: Primeiro, a morte de quen?; e segundo, de cantos?

A colectivización apuntou a eses que dominaban as aldeas, os campesiños ricos (“kulaks”). O status quo concentraba o maior sufrimento sobre os máis pobres. O status quo favorecía os ricos sobre os pobres. A colectivización favoreceu os pobres sobre os ricos. De feito, os ricos fanse máis ricos coas fames, xa que poden mercar os produtos para despois subiren os prezos.

Cantos de non existir colectivización? Hai moitas posibilidades. Unha delas: A guerra. Os bolxeviques estaban convencidos de que unha combinacións de potencias europeas, quizais con Xapón, invadirían a URSS máis pronto que tarde. Iso foi exactamente o que aconteceu.

A colectivización fixo posíbel a industrialización Sen industrialización a URSS non tería un exército moderno. E aínda así os nazis case conquistan a URSS, asasinando a 28 millóns de cidadáns soviéticos completamente inocentes.


G.T.: Supoñamos que os nazis conquistan a URSS pola imposibilidade modernizar o Exército Roxo.

F: De os nazis ter conquistado a URSS moitos máis cidadáns soviéticos serían asasinados. Ese era o plan de Hitler. Sen se ter que preocupar por unha guerra de dúas frontes, e con todos os recursos da URSS á súa disposición, Hitler sería un inimigo moito máis perigoso para os Aliados. Centos de miles, quizais millóns de soldados aliados e civís serían asasinados polos alemáns e os seus aliados, incluíndo os nacionalistas ucraínos, o Exército Insurxente Ucraíno (Украiньска Повстаньска Армiя), tamén coñecido como a 14ª División das Waffen-SS.

Hitler tiña plans serios para invadir ás illas británicas. Podería facelo! Cantos cidadáns británicos morrerían? Moitos.

Os xaponeses serían moito máis fortes contra dos Aliados na Fronte do Leste. Terían os homes e o material dos nazis, o petróleo de Sakhalin da conquistada URSS. Matarían a moitos británicos, franceses, alemáns, chineses, vietnamitas e americanos.

E non esquezamos os xudeus.


GT: Coida vostede que Hitler tería matado a máis xudeus dos que matou?

F: Penso que iso é incuestionábel. Por suposto. Xunto con un grande número de outros “untermenschen*, principalmente eslavos.

Por tanto, podemos dicir -moi razoabelmente- que a colectivización na URSS non só salvou un grande número de vidas de cidadáns soviéticos. A colectivización salvou a vida de moitos europeos, chineses, americanos e incluso xaponeses e alemáns. Canto máis durase a guerra, máis soldados e civís nos países do Eixe terían morto tamén.

Isto significa que a colectivización, en temos de beneficios que compartiu e males que evitou, con todos os seus problemas e mortes, foi un dos grandes triunfos do século XX.

A única alternativa á colectivización da agricultura era permitir que as fames continuaran cada dous ou tres anos por tempo indefinido, como fixeran os tsares, e renunciar á industrialización durante décadas, se non para sempre (se os nazis conseguisen o seu obxectivo, todos os eslavos serían reducidos a incultos servos).

Sen unha moi rápida industrialización, o Exército Roxo non estaría listo para loitar contra a invasión nazi.

Volvendo a vista atrás e vendo a experiencia bolxevique coa colectivización e a industrialización, podemos aprender moito. Os chineses comunistas, os vietnamitas comunistas, etc., fixérono sen dúbida! Eles resolveron non imitaren cegamente o exemplo soviéticos, e non o fixeron.

Mais os bolxeviques -Stalin, de o preferir- foron os primeiros. Mais eles non dispuñan dos beneficios da retrospectiva. É lóxico que eles tomaran moitas decisións que despois se converteron en erros. Sempre pasa así cos pioneiros.

No curso da colectivización, os bolxeviques cometeron moitos, moitos erros. Mais sería un erro inmensamente maior non intentalo en primeiro lugar!

Eis o problema. Non está de moda, non é “politicamente correcto” sinalar estas cousas. A dominante ortodoxia anticomunista, e especificamente antiestalinista, -sobre todo entre as elites, do Occidente e do Leste- imposibilitan a súa publicación. É un feito, é a verdade, mais “non se pode dicir”.

Non tento “buscar escusas” para Stalin e os bolxeviques da época. Fixérono simplemente o mellor que puideron.

A termos en conta o que sabían, e a situación da URSS en 1928, non había outra saída que a colectivización forzosa e a industrialización.

Ningún historiador ou economista formulou un plan alternativo que os bolxeviques puideran ter adoptado en 1929. Nin un só! Inclusive, de alguén presentar un plan, tería de, a continuación, demostrar que os bolxeviques –Stalin ou calquera persoa- podían coñecelo en 1928. Eles non tiveron o beneficio da retrospectiva histórica, non puideron aprender da súa propia experiencia! Hoxe é o que facemos nós. Aínda así, ninguén achegou unha alternativa viábel. Por tanto, historicamente falando, non existía unha outra alternativa.

Isto é un directo, embora cortés, desafío aos contrario a Stalin, aos historiadores anticomunistas e demais a que cesen os seus discursos moralizantes e expliquen cales eran as alternativas viábeis á colectivización.



* Nota de Estoutras: Podémolo traducir como 'subhumano'. Termo empregado polos nazis para se referiren aos que consideraban inferiores (eslavos, xitanos, xudeus, soviéticos...)






Primeira Entrevista a Grover Furr

Segunda Entrevista a Grover Furr

Cuarta Entrevista a Grover Furr
0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com