Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Cuarta entrevista a Grover Furr: As deportacións masivas
12/11/2010

The Georgina Times: Proferor Furr, que nos pode dicir das deportacións masivas durante a guerra? Máis ou menos, xa sabemos o que sucedeu, polo que a pregunta importante é: Como se poden xustificar esas deportacións? Non era unha forma de xenocidio?

Grover Furr: No discurso secreto do XX Congreso do Partido, o 25 de febreiro de 1956, Nikita Khrushchev formulou tres obxeccións a estas deportacións: (1) que «non houbo excepción»; (2) que «non foron ordenadas seguindo criterios militares»; (3) que «nación enteiras» foron castigadas «polos actos hostís de persoas illadas ou grupos de persoas».

Ningunha destas afirmacións é certa. N. Bugai, o principal experto ruso en deportación e fortemente contrario a Stalin, documenta varias excepcións ás deportacións de veteranos e as súas familias. Bugai tamén afirma que «... o goberno soviético, polo xeral, asignou correctamente as súas prioridades, baseando estas prioridades no seu dereito a manter a orde na retagarda, e no Cáucaso Norte especialmente».

GT: Mais se nacionalidades enteiras foron deportadas?

GF: Coido que hai que tratar dúas cousas. Primeiro, como de masivas foron as rebelións destes grupos étnicos, e segundo, está a cuestión do xenocidio. Dividindo un pequeno grupo nacional estreitamente unido pola lingua, a historia e a cultura, estás, de feito, destruíndoo.

No seu famoso libro Gulag, o anticomunista americano Ann Applebaum, nega a existencia de rebelións e desercións masivas. No meu libro Antistalinskaia Podlost', cito feitos descubertos por outros investigadores que proban que esas rebelións pro-nazis implicaban á maioría da poboación destes grupos étnicos.

Por exemplo, máis do 90% dos tátaros de Crimea recrutados desertaron. O investigador J. Otto Pohl argumentou, baseándose en fontes alemáns, que non todos se uniron ás forzas nazis. Aínda que isto for certo, non cambia o feito de que os soviéticos non o podían saber e que a maioría deles se unisen aos grupos antisoviéticos ou ás bandas de ladróns.

Do mesmo xeito, o 93% dos homes de Chechenia e Inguchetia chamados á filas en 1942 desertaron, para pasaren á clandestinidade e se uniren aos nazis ou ás bandas de ladróns. En febreiro de 1943, os nacionalistas chechéns pronazis dirixiron unha importante rebelión a prol de Alemaña baixo a bandeira nazi.

Grigory Tokaev e Viacheslav Molotov coinciden en que houbo grandes rebelións antisoviéticas nestas zonas durante a guerra. A única diferencia de opinións: Tokaev considera xustificadas estas rebelións.

O historiador V. I. Zemskov especializouse en deportacións en xeral. A súa estimación é que dos 151.720 tártaros de Crimea deportados, 191 morreron no curso da deportación. Iso é o 0,13%. Nin o 13% nin o 1,3%.

Segundo Bugai e Gomov, «Os rexistros do NKVD testemuñan que 180 trens transportaron a 493.269 chechéns, inguches e doutras nacionalidades ao mesmo tempo. Cincuenta persoas morreron durante a operación de desarme e 1.272 na viaxe». Isto é o 0,27%; 0,26% de excluírmos os 50 mortos no desarme. Dado que isto ocorreu no inverno durante a guerra máis feroz da historia, a cifra non parece moi alta. Probabelmente sexa moito máis baixa que a de civís soviéticos mortos nas zonas ocupadas.

No caso de Chechenia, Inguchetia e os tártaros de Crimea, a colaboración cos nazis foi masiva, involucrando á maior parte da poboación. Tentar illar e castigar 'só os culpábeis' significaría dividir a nación. Probabelmente, isto significaría a desaparición da nación. Homes e mulleres divididos sen posibilidades de unións. En troca, o grupo nacional permaneceu unido e a poboación medrou.

GT: Mais, se as deportacións de nacionalidades, como a colectivización da agricultura e o chamado 'Holodomor', foron feitos xustificados, como explicar todas as críticas que reciben de historiadores respectados en todas partes?

GF: Coido que non é difícil de entender. Estes feitos da historia soviética, especialmente do período de Stalin, son mal interpretados, distorsionados, falsificados, ao servizo dos inimigos da clase obreira, dos nacionalistas de extrema dereita.

As deportacións das que falei foron o resultado da colaboración a gran escala cos nazis. Para xustificar esta colaboración cos nazis e crear un mito do 'heroico pasado' dos nacionalistas de extrema dereita, estas colaboracións cos nazis deben ser descritas como 'xustificadas' e as deportacións como 'inxustificadas'.




-------------------
Primeira Entrevista
Segunda Entrevista
Terceira Entrevista
0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com