Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Entrevista a Grover Furr (Segunda)
21/10/2010
The Georgian Times continúa a publicación coas súas entrevistas exclusivas co Dr. Grover Furr, profesor da Universidade Estatal de Montclair, Nova Jersey, EUA. Esta é a segunda entrevista, publicada o 11 de outubro.



Georgian Times: “Antiestalinismo”, mito ou realidade?


Grover Furr: Para falarmos de “antiestalinismo” temos de empezar con “stalinismo”. Esta palabra era inevitábel unha vez que o termo “leninismo” entrou en uso. Stalin empregou o termo “trotskismo” xa o 19 de novembro de 1924. Sen dúbida poderíamos situar o comezo do emprego da verba “stalinismo” tamén sobre esa época. A palabra “stalinismo” parece que foi inventada por Trotski. Utilizouna na súa declaración conxunta con G. Evdokimov de 28 de xuño de 1927.

Nun primeiro momento, “stalinismo” simplemente facía referencia ás políticas asociadas ao liderado de Stalin. O alemán Arthur Rosenberg, que nun principio fora comunista, empregou a palabra en xullo de 1927 no sentido da aceptación de que a revolución mundial non era inminente. Trotski utilizou a palabra “stalinismo” para contrastar as políticas de Stalin co “leninismo”, e Stalin utilizou o termo “trotskismo” para o mesmo.

Mais o “stalinismo” chegou a ter outro significado, afastado da realidade. Algunhas das definicións de “stalinismo” serían as seguintes. Para o Dicionario Explicado da Lingua Rusa de Kuznetrsov, «Stalinismo: Feitos, acontecidos na URSS entre 1930 e 1950 e que están relacionados coas actividades de I.V. Stalin –o réxime de poder privado, é dicir, o control de todos os aspectos da vida social, represión de masas, etc.»

Dmitry Pospielovsky, no seu libro Reestalinización ou Desestalinización?, di: «Unha definición formal de Stalinismo sería algo así: unha ditadura dun só home en que un único ditador gobernando arbitrariamente, sen control por ningún dos órganos do partido, é o único intérprete do dogma Marxista-Leninista, e está arrodeado polo culto á súa personalidade.»

A maioría das definicións son semellantes a estas dúas. O máis importante destas definicións é que son falsas en todos os detalles. Stalin nunca foi un “ditador” baixo ningunha definición. Os líderes do Partido podían, e así o fixeron, desautorizalo. Non existía un “estrito control de todos os aspectos da vida” na URSS.

Varios teóricos e moitos líderes soviéticos estiveron en desacordo no seu día coa súa interpretación do Marxismo-Leninismo. O propio Stalin opúñase ao “culto” que cualificaba como “prexudicial”. Consentíao ante a insistencia doutros líderes. Malenkov incluso admitiu isto pouco despois da morte de Stalin.

O “antiestalinismo” é unha falsificación da historia da URSS durante a época de Stalin. Baséase en falsificacións históricas, mentiras como as xa expostas e moitas outras. A razón de que prosperen estas falsificacións históricas é por serviren estas os intereses do anticomunismo. O “antiestalinismo” é unha forma de anticomunismo. Na miña opinión existen tres fontes principais, ou “correntes”, das falsificacións históricas: León Trotski, Nikita Khrushchev e Mikhail Gorbachev.

Entre as primeiras fontes das falsificacións “antiestalinistas” León Trotski era a máis importante. As súas maliciosas mentiras verbo das súas propias actividades e sobre Stalin e a súa época, fixérono moi popular ente toda tipo de anticomunistas. Tamén atraeu a algunhas persoas honestas ás súas organizacións por vernizar as súas falsidades cun disfrace “esquerdista”. Os capitalistas axudárono a difundir as súas mentiras.

A crítica honesta é moi útil para calquera tarefa. Había moito de crítica honesta e discrepancia durante o tempo de Lenin. O punto de vista de Trotski –o socialismo non podía triunfar nun único país subdesenvolvido, a URSS- foi compartido en parte por moitos outros, incluíndo a Lenin. Iso, e outras críticas que Trotski (e outros) formulou, era digno de discusión. O papel de Trotski no movemento comunista foi negativo e destrutivo non polos seus desacordos con Stalin sobre como construír o socialismo, senón porque Trotski era un falsificador a grande escala. O papel de Trotski era daniño e reaccionario pola súa deshonestidade.

Trotski ansiaba desesperadamente o poder político. Era un individualista en extremo, incapaz de traballar colectivamente. Cando as súas propostas foron rexeitadas nos debates da década dos 20, nunca se someteu á maioría e á liña do Partido. Polo contrario, conspirou secreta e deshonestamente. Cando foi exiliado, as súas mentiras e falsificacións foron facéndose cada vez máis escandalosas. Toda a propaganda anticomunista e “académica”, desde entón, foi elaborada en grande medida botando man das mentiras de Trotski sobre Stalin e a URSS.

A segunda grande fonte de “antiestalinismo” foi Nikita Khrushchev. Khrushchev dedicouse á fabricación de mentiras sobre Stalin e a historia soviética a gran escala. Escribín sobre isto en Antistalinist Villany (Mesquindade antiestalinista). Algúns ensaios máis sobre as mentiras de Khrushchev e as que promoveu serán publicados en breve.

Trotski e Khrushchev son dous dos tres máis importantes “ríos” de mentiras antiestalinistas. Outros, como Alexander Orlov, inventaron as súas propias mentiras mais tamén copiaron destes dous.

A terceira grande fonte de “antiestalinismo” atopámola nas falsificacións creadas e estendidas durante a época de Gorbachev. Os “historiadores” da era Gorbachev copiaron de Trotski e, especialmente, de Khrushchev, e engadiron falsificacións propias. As falsificacións desta era continuaron baixo Ieltsin e continúan hoxe. O meu colega Vladimir L. Bobrov, de Moscova, e eu analizamos estas falsificacións da era Gorbachev no noso próximo libro 1937 God. Pravosudie Stalina, que será publicado en breve por Yauza.

O discurso de Khrushchev no XXª Congreso do Partido en febreiro de 1956 tivo un forte impacto en tres xeracións de soviéticos. Cambiou a URSS e sabotou o movemento comunista en todo o mundo. Revelei 61 mentiras do discurso de Khrushchev. Permítame facer unha breve mención dalgunha das máis escandalosas mentiras de Khrushchev.

De feito, todas e cada unha das “revelacións” ou acusacións que Khrushchev fai contra Stalin e Lavrentii Beria son falsas. Uns poucos exemplos: O “culto á personalidade”. Stalin opuxérase a el e foi Khrushchev quen promoveu con forza este vergoñento “culto”. Khrushchev afirmou que Stalin «aniquilaba moral e psicoloxicamente os líderes que se opuñan a el». Na realidade, isto non sucedeu nunca, nin sequera unha soa vez. Khrushchev falsificou deliberadamente todos os documentos que citou no seu discurso: As intervencións de Pavel Postyshev no pleno do Comité Central en 1937; o chamado “telegrama tortura” de xaneiro de 1939; a cita da carta de Robert Eikhe.

Que mentira foi a máis escandalosa? É probábel que os “informes de rehabilitación” mencionados por Khrushchev sexan todos falsos! Moitos foron publicados no 2000. Todos son falsos. Ningún deles demostra que as persoas rehabilitadas eran inocentes. Analizo algún deles polo miúdo no meu libro.

Após o discurso de Khrushchev continuaron as mentiras –por exemplo, sobre os acusados nos Xuízos de Moscova e no asunto Tukhachevsky. Seguiron as mentiras no 22º Congreso do Partido en 1961. Practicamente todas as “revelacións” aparecidas nos libros da época de Khrushchev tamén son mentiras, porque se basean en falsas informacións proporcionadas pola xente de Khrushchev. As implicacións son enormes.

Os falsificadores modernos da historia soviética, desde a época de Gorbachev até hoxe, aínda se basean nas falsificacións de Khrushchev sobre o período de Stalin. Ademais, continúan a inventar novas mentiras.



Primeira Entrevista a Grover Furr

Terceira Entrevista a Grover Furr

Cuarta Entrevista a Grover Furr
1 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com