Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

The Georgian Times entrevista a Grover Furr: Stalin, Ezhov, Trotski...
23/09/2010
The Georgian Times
16/09/10




Georgian Times: Dr. Furr, bo día. Gustaríame comezar pedíndolle que describa o enfoque que emprega para investigar a historia da URSS.

Grover Furr: Grazas.

Quixera empezar dicindo que me esforzo, sobre todo, por ser obxectivo en todas as miñas investigacións. Pulo por descubrir a verdade, seguindo as evidencias dispoñíbeis e a súa mellor interpretación.

Como medievalista, fun educado por bons profesores para ser obxectivo. Como os estudantes de ciencias físicas, aprendemos a recoller todas as probas relevantes sobre un tema para, despois, basearen as nosas deducións e conclusións sobre estas probas. Souben do importante que é cuestionar os meus propios prexuízos e decidir a verdade ou falsidade de algo sobre a base das probas, no canto de tentar confirmar as miñas ideas preconcibidas ou repetir o que académica ou politicamente está “de moda”.

Cando preparaba o doutorado, a guerra de Vietnam estaba en pleno apoxeo. Devagar, fun descubrindo que o que me aprenderan sobre o movemento comunista non era obxectivo, non era certo. En troca, era propaganda anticomunista disfrazada de investigación. As probas foron falsificadas ou ignoradas.

No curso da Guerra Fría, todas as investigacións verbo do comunismo, da Unión Soviética e de Stalin eran terribelmente parciais, absolutamente carentes de obxectividade. Isto continúa a ser así, a despeito da fin da Guerra Fría. As probas demostran que o que escriben case todos os “respectábeis” e “principais” académicos é aínda propaganda comunista disfrazada de erudición.

No meu primeiro libro,
Antistalinskaia Podlost -Mesquindade anti-Stalin- (Moscova: Algoritm, 2007), puiden demostrar que practicamente todas as chamadas 'revelacións' sobre Stalin e Lavrentii Beria, outro xeorxiano, son falsas. Publiquei todas as probas, xa for no libro ou na Internet, na páxina web que aparece no libro.

Hoxe continúo na mesma batalla: descubrir a verdade, baseándome nas mellores probas, independentemente de esta ser “aceptábel” ou “politicamente correcta”. É agradábel, incluso divertido. E proporciona resultados sorprendentes.


GT: Moitos políticos e académicos, inclusive moitos en Xeorxia, afirman que coa sinatura do Pacto Ribbentrop-Molotov, o 23 de agosto de 1939, a URSS acordou coa Alemaña de Hitler invadir Polonia e, por tanto, consideran a URSS agresora. É así?

GF: Non. En 1939 ningún país no mundo consideraba a URSS como un agresor. Todos os Aliados, e a Liga das Nacións, aceptaban as alegacións soviéticas, que eran a defensa das súas fronteiras e permanecer neutral na guerra xermano-polaca. Polonia e o seu pobo foron abandonados polos seus dirixentes políticos e militares.

A posición do goberno soviético era que o Estado polaco colapsara. Inclusive de rexeitar esta alegación concreta, os argumentos soviéticos seguen as ser correctos. En 1958, en plena Guerra Fría, un experto estadounidense en Dereito Internacional, George Ginsburgs, persoa pouco amiga a URSS mais un estudoso obxectivo -algo pouco común daquela e hoxe- determinou que as accións dos soviéticos respectaban o dereito internacional (American Journal of International Law, xaneiro de 1958).

Os que afirman que a URSS non tiña dereito a enviar tropas a Polonia están a dicir que os soviéticos tiñan que permitir o avance do exército alemán até as fronteiras anteriores a 1939. Ningún Estado no mundo actuaría dese xeito. Nin o demandou a lexislación internacional.

Repito: non existiu agresión soviética contra Polonia. Os lectores interesados poden ler o artigo que escribín en 2009 “Invadiu a Unión Soviética Polonia en setembro de 1939?”, dispoñíbel en www.tinyurl.com/furr-mlg09 .


GT: Que pasa cos Xuízos de Moscova? Case todos as autoridades políticas e académicas coidan que Stalin inventou os cargos contra inocentes acusados nos Xuízos de Moscova e no “Asunto Tukhachevsky”.

GF: Todas as probas existentes apoian a posición contraria: que os acusados eran culpábeis, cando menos, do que confesaron. Non “a maioría das probas”, TODAS apuntan á súa culpabilidade.

Os “principais” académicos, incluíndo os trotskistas, dan por feito que os acusados eran inocentes. Mais isto é así por impoñeren os seus prexuízos políticos sobre as investigacións. As súas conclusións non son produto das probas.

As autoridades rusas seguen a manter todos os informes sobre os acusados nos Xuízos de Moscova como “alto secreto”. No entanto, co tempo, moito material foi filtrado. Temos probas dabondo contra Nikolai Bukharin, principal acusado nos Xuízos de Moscova, e sobre o chamado “Asunto Tukhachevsky”, que implicaba a altos mandos militares, para estarmos certos da súa culpabilidade.

No curso do vindeiro ano, o meu colga Vladimir L. Brovov, residente en Moscova, e eu publicaremos un traballo no que mostramos que o informe “rehabilitador” de febreiro de 1988, no que se declara inocente a Bukharin, foi falsificado deliberadamente polas autoridades soviéticas na época de Gorbachev. Este traballo reproduce suficientes probas, secretas daquela mais dispoñíbeis agora, que mostran que Bukharin era culpábel e que as autoridades soviéticas o sabían, mais preferiron encubrilo.


Por agora, os lectores poden consultar o noso artigo de 2007 na revista rusa
Klio (St. Petersburgo) en www.tinyurl.com/bukharin [Nota: Esta é a ligazón da versión rusa. Para unha versión en inglés: www.clogic.eserver.org/2007/Furr_Bobrov.pdf ].

Trotski foi un acusado ausente nos Xuízos de Moscova. Foi acusado de “terrorismo” -conspiración para o asasinato de Stalin e outros líderes soviéticos- e de colaborar coa Alemaña nazi e co Xapón militarista para tomar o poder na URSS.

En abril de 2010 publiquei “Evidence of Leon Trotsky's collaboration with Germany and Japan”.

Coas probas diante só existe unha conclusión: Trotski era culpábel.


GT: Mais que di do asasinato do líder do Partido en Leningrado, Sergei Kirov, en decembro de 1934? Sen dúbida, ou foi o propio Stalin quen o planificou ou usou cinicamente a teoría dun pistoleiro entolecido e solitario para se desfacer dos seus inimigos políticos.

GF: Khrushchev quería “probar” que Stalin asasinara a Kirov. Cando inclusivo os seus deshonestos investigadores non foron quen de o conseguiren, ideou a teoría do “pistoleiro solitario” para afirmar que Stalin “usou” cinicamente o asasinato de Kirov para “incriminar” -acusación falsa- e executar os seus inimigos.

Todo iso é falso. As evidencias que temos só son compatíbeis coa hipótese de que Kirov foi asasinado precisamente polos opositores clandestinos, como eles confesaron no xuízo e nos interrogatorios preliminares, algúns deles xa dispoñíbeis.


GT: Case 700.000 persoas foron executadas no período do “Gran Terror” entre 1937 e 1938. Todos eran “culpábeis” de algo? E de non ser así, como se explica un masacre así?

GF: No ano 2005 publiquei un ensaio en dúas partes: “Stalin e a Loita pola Reforma Democrática

Desde entón, temos máis probas da “
Ezhovshchina” (ás veces chamado o “Gran Terror”, desde que esta expresión titulou un deshonesto, mais influínte, libro de Robert Conquest).

Agora podo ensinar os lectores un resume destas conclusión con ligazóns ás probas (na tradución inglesa) en www.tinyurl.com/ezhovshchina .

As recentes evidencias confirman que Nikolai Ezhov, xefe do NKVD de 1936 até finais de 1938, conspirou tamén cos alemáns. Como os dereitistas e os trotskistas, Ezhov e os seus principais colaboradores no NKVD contaban cunha invasión de Alemaña, Xapón e outros países capitalistas. Torturaron a moita xente inocente para que confesasen crimes capitais polos que serían fusilados. Executaron a moitas persoas por motivos falsos ou sen motivos.

Ezhov coidaba que con estes asasinatos masivos de inocentes levantarían a boa parte da poboación soviética contra o goberno. Creando así as condicións para rebelións internas contra o goberno soviético cando Alemaña e Xapón atacaran.

Ezhov mentiu a Stalin, ao Partido e aos líderes gobernamentais sobre todo isto. As realmente terroríficas execucións masivas, de case 680.000 persoas entre 1937 e 1938, eran, a maioría, inxustificábeis execucións de inocentes cometidas deliberadamente por Ezhov e os seus colaboradores co obxectivo de sementar o descontento entre a poboación soviética.


GT: Última pregunta. Guste ou non, Stalin é o máis famoso xeorxiano da historia. Brevemente, cal é a súa opinión sobre Stalin?

GF: Propoño que xulguemos a Stalin cunha norma que el mesmo aceptou. Stalin pulou por estudar a Lenin. Quería construír o socialismo, e despois unha sociedade comunista dirixida por e para os traballadores, libre de explotación. Como o conseguiría?

Na miña opinión, Stalin era un fiel seguidor de Lenin. Era unha persoa de principios, moi intelixente, un esforzado traballador. Stalin tiña as mellores calidades dos bolxeviques. Mais Stalin, e todos os que loitaron e traballaron con el, non conseguiron construír esa sociedade comunista pola que tanto pularon.

Coido que o resultado sería pouco diferente de Lenin vivir, ou de Trotski, Zinoviev ou outros dirixiren a URSS. O fallo non foi que Stalin, os bolxeviques e o pobo traballador soviético non se esforzaran dabondo. Que fallaba no seu concepto de construír o socialismo e despois continuar cara ao comunismo?

A presente xeración, ou a seguinte, debe ser capaz de aprender dos acertos e erros dos bolxeviques, incluído Stalin, e camiñar máis lonxe cara aos obxectivos polos que tan heroicamente loitaron.


GT: Moitas grazas, Dr. Grover Furr.

GF: Doulle as grazas a vostede e aos editores do Georgian Times.



Segunda Entrevista a Grover Furr

Terceira Entrevista a Grover Furr

Cuarta Entrevista a Grover Furr
2 Comments:
  • At 9/26/2010 12:59:00 da tarde, Anonymous Anónimo said…

    Grandioso Furr.
    De lo mejor de estos tiempos.

     
  • At 9/27/2010 08:04:00 da tarde, Anonymous Ponte said…

    A ver se se traduce o último traballo de Grover Furr, que xa hai gañas de comprobar que todas e cada das tonterías de Kruchev eran mentira.
    Pena que só esté en ruso... e que estou por aprender esa língua só por poder ler ese libro, ou incluso estou pensando en contratar a un traductor... jajaja
    Con todas as traduccións que fai Estoutras, non se animará a poñerse con ese non? ;-)

    Imos ter que poñer un anuncio:
    BUSCANSE TRADUCTORES.

     

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com