Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Na defensa do Partido Comunista de Venezuela
29/04/2007


MadialeVa

As decisións tomadas pola militáncia do Partido Comunista de Venezuela no seu recente XIIIº Congreso Extraordinário provocaron unha maré de ataques contra os comunistas venezolanos e, por extensión, ao ideário marxista-leninista. A natureza destes ataques non sempre é a mesa. Algunhas críticas son ben-intencionadas, de sectores que realmente queren que a revolución progrese, mais que nacen de conceitos errados. Pola contra, a maioria dos ataques arrécian desde sectores que xa non poden agachar por máis tempo o seu anticomunismo. Dentro destes últimos ataques destacan os dos representantes desta nova burguesia subida ao carro do proceso bolivariano. Nova burguesia ou non tan nova, xa que non foron poucos os representantes do vello estado das cousas que, tan só poñer unha boina vermella, continuan a mandar, medrar, caciquear..., a facer o que sempre fixeron. É paradóxico que estes camaleóns acusen ao PCV de boicotar o proceso bolivariano, cando eles o que temen é que un rumo correcto do proceso, un rumo socialista, remate con seus seculares priviléxios.

Non é negativo este crecente debate sobre o carácter que debe adquirir o proceso bolivariano. Xa quixera eu que no meu país existira na rua un debate sobre socialismo, marxismo e o papel dos comunistas. En Venezuela, no século XXI, a discusión sobre o socialismo é un tema crucial no devir do país. U-los propagandistas dos noventa da fin da história? Que din a isto?

Neste debate, aos inimigos do socialismo o que menos lles interesa é a discusión de ideas, a confrontación dialéctica cos comunistas. Cando do que se fala é de realidade e análises científicas. os burgueses e os seus megáfonos teñen todas as cartas para perder a partida. Eis a razón pola que poñan en práctica as mesmas tácticas que empregaron os imperialistas mesmo antes de rematada a Segunda Guerra Mundial para atacar ao movimento comunista, representado indiscutíbelmente nese momento pola Unión Soviética. Tácticas copiadas polo amplo e diversificado espectro do anticomunismo: liberais, socialdemócratas, fascistas, revisionistas, ultraesquerdistas... É cando menos chamativo que todos estes coincidan en moitos argumentos das suas críticas e ataques.

A táctica consiste en impedir o debate racional, erguendo un muro acientífico construído por falsificacións que forman o paradigma totalitário. Lugares comúns no discurso anticomunista que están presentes tamén, non podia ser doutro xeito, neste proceso histórica que está a viver Venezuela.

Todo este debate, estes ataques aos comunistas, non son máis que a plasmación da agudización da loita de clases. Eis a chave para comprender o que está a pasar en Venezuela. Pero que está pasando? Estamos nunha revolución? De que tipo? É un proceso reformista? Concordamos totalmente coa caracterización que sobre o proceso bolivariano aprobou o PCV no seu XIIº Congreso:

"Revolución de liberación nacional, de claro carácter anti-imperialista, antimonopólico, democrático e popular, que abre perspectivas cara ao socialismo, NA MEDIDA NA QUE A LOITA DE CLASES SE RESOLVA A FAVOR DAS FORZAS IDEOLÓXICAS E POLÍTICAMENTE MÁIS CONSECUENTES DA REVOLUCIÓN".

Será unha Revolución Socialista sempre que a clase obreira e o campesiñado venza sobre os intereses dos seus inimigos de clase. Será socialista sempre que estexa guiada polas ensinanzas do marxismo-leninismo, única ideoloxia que foi capaz de derrotar ao capitalismo e erguer unha sociedade socialista duradeira. E será socialista se a sua ponta de lanza está conformada polos sectores máis consecuentemente anticapitalistas.

Acusan ao PCV de non estaren á altura do momento histórico que está a viver Venezuela. Moitos dos acusadores formaban parte da estrutura bipartidista ao servizo do imperialismo e da oligarquia local. O PCV leva 76 anos de história loitando polo socialismo, dando centos de mártires á loita revolucionária. Non, non van ser os oportunistas de boina vermella recén mercada, e que ainda gardan a gravata de seda por se volven os vellos tempos, quen lles dean lizóns de compromiso revolucionário aos comunistas. As decisións tomadas polo PCV, fruto de horas de debate de TODA a militáncia, teñen que ser respeitadas e, tamén, coñecidas. Que deixen de manipular ás masas con mentiras. Que se abran as portas do debate sincero e tamén científico.

Que decicións tomou o PCV?

- Apostou por non disolver-se como partido, xa que entende que, nestas alturas do proceso, non está claro o rumo final que tomará este. Como dixemos, na dirección da revolución de liberación nacional hai moitos elementos burgueses cuxos intereses non harmonizan precisamente coa loita polo socialismo. A dia de hoxe, grupos reaccionários controlan determinados aspectos do proceso bolivariano. Burócratas e corruptos manteñen o controlo de importantes sectores económicos. En definitiva, moitos aspectos escuros que convertirian nun suicidio para os intereses revolucionarios a disolución do Partido que máis anos leva na loita polo socialismo.

- O PCV recoñece, máis unha vez, o indiscutíbel liderazgo de Hugo Chávez. Figura coa fortaleza necesária para abrir camiños, para contaxiar ilusión. Chávez conta coa confianza do povo, por iso é fundamental que sexa el mesmo quen encete o camiño cara a unha necesária dirección colectiva da revolución.

- O PCV, lonxe de dar-lle as costas ao proceso revolucionário, como afirman os inimigos do PCV, continuará fortalecendo-o. O PCV apóia o nacimento do Partido Socialista Unido de Venezuela, incluso oferecendo cadros do Partido para traballar na sua construcción.

- O PCV entende que en Venezuela se dan dous planos de loita; unha, ampla, contra o inimigo principal a dia de hoxe, o imperialismo, especialmente o ianqui. Neste plano da loita é necesário erguer unha estrutura organizativa que recolla a todas as forza anti-imperialistas. É dicer, unha Frente Anti-imperialista. O outro plano da loita quen a ver coa transición ao socialismo. Esta batalla require dunha avangarda revolucionária, un Partido da Revolución que represente os intereses da clase traballadora, un instrumento necesário para esmagar o Estado capitalista.

En definitiva, e rematando coas próprias verbas do PCV: "Os comunistas non dixemos NON a nada, dixemos SI, con argumentos e contidos, a todo o que significa avanzo, consecuéncia, ética e compromiso. Aprobamos un conxunto importante de elementos e propostas para o gran debate sobre a frente ampla nacional anti-imperialista e o Partido da Revolución."

"O PCV e a JCV expresan a sua máis firme decisión e vontade de abonar o camiño da articulación e unidade orgánica dos revolucionários e revolucionárias, como instrumento de dirección política colectiva na construcción do socialismo".

Abonda de mentiras dos oportunistas, o PCV nunca será oposición ao proceso bolivariano. Mais, nengunha campaña mccarthysta impedirá que reneguen dos seus princípios comunistas, do seu ideário marxista-leninista. Longa vida aos comunistas de Venezuela!

Etiquetas:

(2) Comentarios
Morte de Ieltsin: boicote comunista na Duma e entrevista a Nina Andreeva
25/04/2007
Este mércores 25 de abril, cando o deputado da Duma, Oleg Morozov, propuxo iniciar a sesión cun minúto de siléncio en memória de Boris Ieltsin, os deputados comunistas, xunto con membros do grupo Rodina, negaron-se a poñer-se en pe e non gardaron siléncio. A imaxe corresponde ao minuto de siléncio.



Seguindo coas reaccións á morte de Boris Ieltsin, a cadea de rádio Novosti, o martes 24 de abril, entrevistou á líder do Partido Comunista Bolchevique de toda a Unión, Nina Alexandrovna Andreeva. Entre a ledícia pola morte do liquidador da URSS e a tristeza por non ve-lo colgado, Andreeva foi clara na sua intervención.

Nina Andreeva

Entrevistador: Boris Nikolaevich Ieltsin morreu o 23 de abril. Cal foi a sua reacción ou que pensa de este feito?

N.A.Andreeva: Este feito teño dous sentimentos distintos , como lles pasa a todos os militantes do Partido:

- Por unha banda, sentín satisfacción, un ladrón e un delincuente menos na Terra,

- por outra banda, sentín unha grande mágoa, Yeltsin librou-se do castigo merecido polos seus actos.

Ieltsin tivo que ser xulgado por un Tribunal Popular e colgado en público por:
- traicionar á Pátria Socialista,

- traicionar ao Partido Comunista da Unión Soviética cando era un dos máximos dirixentes do Partido,

- distorsionar e mofar- se da ideoloxia comunista cando el fixo o seu xuramento ao entrar a militar no Partido,

- ser o principal organizador e cabeza dunha cospiración política contra todo o povo soviético. Con isto quero dicer que Ieltsin levou a cabo un acto de terror político en Belovezh, declarando xunto con outras duas persoas a disolución da URSS,

- acabar co Soviet Supremo da República Socialista Rusa e a destrucción física dos defensores do Soviet Supremo,

- arruinar a economia de Rúsia para beneficiar ao Oeste, poñendo en marcha reformas burguesas que propiciaron o roubo de todo o país por parte dunha banda de ladróns e delincuentes, que non só provocaron o empobrecimento das persoas, senón da própria Rúsia. O país, grazas á política posta en marcha por Ieltsin, retrocedeu várias décadas no seu desenvolvimento,

- ser o principar responsábel do roubo das riquezas naturais por parte do capital estranxeiro,

- organizar a primeira e segumda guerra en Chechénia.

Manifestantes do Partido Comunista Bolchevique de toda a Unión

Os seus principais feitos delictivos son: primeiro, acabar coa URSS; segundo, facer naufragar ás forzas armadas; e terceiro, arruinar a economia.

Ieltsin era fillo dun inimigo do poder soviético (era terratenente -kulak-) que foi desposuído e desterrado nos Urais. É un feito histórico probado que só aqueles que realmente eran inimigos das novas autoridades, os que opuxeron unha resisténcia poderosa, normalmente armada, ao poder dos soviets, eran desterrados. O Secretário Xeral do Comité Central do PCUS, Mikhail Gorbachev, fraudulentamente, elevou-no á dirixéncia do partido, sabendo a clase de persoa que realmente era. Gorbachev rodeou-se dun grupo de traidores potenciais, que levaban moito tempo agachando o seu ódio ao poder soviético. Hoxe sabemos que, con Gorbachev, máis da metade do Comité Central do PCUS eran descendentes de kulaks. A outra metade eran "figuras" sionistas pro-ianquis.

Por isto sinto mágoa que Ieltsin fuxira da vinganza do povo. Os traidores á Pátria Socialista, os destructores do noso páis e os cumpábeis de humillar ás nosas xentes, deben saber que nós, o Povo Soviético , lembramos TODO e NUNCA ESQUECEREMOS O QUE ELES FIXERON.

Etiquetas:

(0) Comentarios
Abonda xa de suportar a España!



Manifesto do 25 de Abril do Partit Socialista d’Alliberament Nacional dels Països Catalans (PSAN)

Este ano comemoramos o terceiro centenário da Batalla de Almansa e, polo tanto, o comezo da ocupación militar borbónica da nación catalá.

Facemo-lo, de entrada, desde unha constación chave: pasados trencentos anos de ocupación, espólio e persecución, aquí nos teñen: contra prognóstico, neste concretísimo território modelado pola história, continua habendo un povo vivo. Por riba dos ladróns, seguimos a latexar.

Unha vez feita a primeira constatación, que veña a segunda: non é suficiente. España, fiel á obsesión de borrar-nos do mapa (a nosa existéncia é un cuestionamento constante do seu expansionismo), afanou-se, e ainda se afana, por reducir-nos á medida castellana, por reducir-nos a un acento, un servil, periférico e apagado acento de províncias sobre o que sempre se poden facer chistes maos e, sobretodo, sempre se pode ordeñar mentres non seque.

Xusto é dicer que, na sua obsesión sempre atoparon compañeiros de viaxe: a aposta da burguesia catalá por este estado que nos estrangula é un feito histórico: antepoñen os seus intereses de clase a calquer "veleidade" nacional, construiron o estado español a costa de deixar-nos o país á intempérie.

Mentres, claro está, e como a crua proclamación de intencións bate cos intereses e anceios da maioria (latente, sociolóxica ou organizada: nacionalmente, maioria), foi-se tecendo un discurso de nacionalismo de baixa intensidade (tan baixa, ben pensado, que con dificuldade chega a un rexionalismo de pan mollado en aceite) para tentar facer pasar gato por lebre. E tanto ten se as cabezas teñen forma converxente ou convexa, se reparten rosas ou cravos, se falan de tomates ou de chover miúdo: a todos os visten con idéntico chapeu.

Non é complicado identificar os portadores do ridículo chapeu, porque son abondosos na política institucional, e porque sempre redundan nos catro pontos do murcho discurso: negar o conflito (nen con España nen coa clase que a mantén); proclamar coesión (xa que non existe conflito, todo o mundo navega no mesmo barco: os españois e nós, os maltratadores do país e nós, etc.); afogar a nación (por amputar-lle o norte e o sul segundo conveña á rexional intención, xa sexa de maneira aberta e con calquer das versión do blaverismo -tamén o do Principat-, xa sexa por unha simples e intencionada omisión); e despreciar os rasgos identitários materialmente constatábeis da nación catalá (e integradores: para incorporar-se ao noso "formigueiro" abonda co sinxelo xesto de falar catalán) e descualificar a quen os defende.

Co exemplo dos homes e mulleres que o deron todo, durante trescentos anos de ocupación española (e case cincuenta máis de francesa!), por manter viva esta terra; coa convicción de que xa non abonda con resistir, porque nos é insuportábel en todos os sentidos España (e non é un peso que poidamos aturar indefinidamente) e porque estamos fartos e porque queremos rachar coa lousa que temos sobre nós e estar no mundo con dignidade e voz própria... constatamos que abonda xa de suportar a España, proclamamos a nosa vontade de ser, e traballamos por vertebrar a nosa nación e acadar, antes do que se esperan, a INDEPENDÉNCIA.

Etiquetas:

(0) Comentarios
O PARLAMENTO CHILENO É FASCISTA E PATRONAL
24/04/2007



O Partido Comunista Chileno (Acción Proletária) realizou un acto diante da Embaixada de Venezuela o pasado domingo 22 de abril, onde ratificou o manifestado por Chávez en relación ao Parlamento de Chile: que é patronal e fascista. O comunicado que se entregou aos xornalistas presentes é o que sigue:

Diante do remuíño que provocaron as declaracións do Presidente de Venezuela Hugo Chávez, sobre o carácter fascista do senado de Chile, os comunistas, desde o Partido Comunista Chileno (Acción Proletária), PC(AP), declaramos:

1. Que estas declaracións se deron no marco dunha clara intromisión do senado nos asuntos internos de Venezuela e constituen unha resposta xusta e oportuna, que reafirma o carácter soberano do Estado de Venezulea e desmascara o papel de segundóns, de servos dos intereses reacionários do imperialismo ianqui do senado de Chile.

2. Temos que ter presente, que tanto pola sua orixe, como polos seus intereses e integrantes, o parlamento en Chile ten unha clara conotación fascista e patronal, respondendo á constitución imposta pola forza pola ditadura militar fascista de Pinochet, servindo totalmente ao ordenamento político, económico e social, feito a medida dos imperialistas e dos seus sócios creoulos, contra os intereses das maiorias dos povos de Chile, do seu desenvolvimento económico e social, da soberania nacional e da independéncia do país.

3. Os integrantes do parlamento antidemocrático de Chile aceitaron con agrado a gaiola dourada, o edifício faraónico construido pola ditadura en Valparaiso, como unha forma de separá-los das protestas populares, que tradicionalmente teñen lugar en Santiago. Os non tan "honorábeis" señores parlamentares, xunto á dieta multimillonária e aos agasallos, non duvidan en facer da sua función un esperpento, un circo permanente, chegando en repetidas ocasións a aprobar leis e tratados, como o Tratado de Livre Comércio cos Estados Unidos, sen tan sequer le-lo, xa que foi traducido tarde ao español, amosando o seu submetimento aos intereses patronais e, incluso, fascistas do imperialismo.

Reafirmando a demanda política principal do movimento popular en Chile, instalar unha Asemblea Constituinte, que teña a tarefa de lograr unha nova Constitución democrática e popular, solidarizamo-nos co Presidente de Venezuela e reiteramos a nosa loita contra ese parlamento corrupto, antidemocrático, patronal e fascista, do que nada bon acadou, nen poderá facé-lo, o povo de Chile e os demais países de Latinoamérica.

ABAIXO O PARLAMENTO CORRUPTO, PATRONAL E FASCISTA! ASEMBLEA CONSTITUINTE, NOVA CONSTITUCIÓN!

Etiquetas:

(0) Comentarios
De chos: 3
23/04/2007

Etiquetas:

(0) Comentarios
Ecuador: Contundente vitória do povo e da esquerda
21/04/2007
En Marcha nº 1.135
Órgao Central do Partido Comunista Marxista Leninista do Ecuador


A vitória do SI foi esmagadora; o 78% dos ecuatorianos ratificaron co seu voto o cámbio, abrindo as portas á convocatória dunha Asemblea Nacional Constituiente, obxectivo sobre o que actuarán as distintas organizacións populares e políticas.

Xunto a esta vitória dos traballadores e os povos do Ecuador, dos partidos de esquerda e outras forzas democráticas e progresistas que impulsaron a campaña a prol do SI, veu a derrota da direita representada pola Unión Demócrata Cristiá, polo Partido Social Cristián, pola Sociedade Patriótica e polo PRIAN (Partido Renovador Institucional de Acción Nacional) , polas cámaras de empresários e grandes meio de comunicación como Teleamazonas, Telecentro, Gamavisión, El Comercio, El Universo, que impulsaron unha agresiva campaña anticomunista. A direita aspiraba, cando menos, chegar a un 20% de votos a prol do NON, co propósito de reivindicá-lo como un "triunfo" para minimizar a lexitimidade da convocatória á Constituiente. Agora, cínicamente, din non sentir-se derrotados e ser parte das forzas interesadas no cámbio.

O povo votou por rematar cunha Constitución que oficializou o neoliberalismo como "modelo de desenvolvimento"; mais, en canto se coñeceron os resultados, a direita dixo que era necesário chegar a un consenso entre todos os sectores sociais e políticos do país para elaborar unha Constitución que teña en conta as opinións de todos, é dicer, que manteña as conceizóns e a andamiaxe xurídica que defenden os intereses económicos e políticos da burguesia e o imperialismo.

Ningúen acordo ou consenso pode producir-se coa burguesia e os representantes do imperialismo, o povo loitou polo cámbio e agora aspira a que a Constituinte elabore unha Carta política que crie as condicións para que se introduzan transformación profundas no Ecuador. Por suposto, para que isto aconteza, as forzas de esquerda, progresistas e democráticas teñen que asegurar-se a representación maioritária na Constituiente e pechar o paso á dirieta que tamén aspira a estar ben representada na Asemblea. A elaboración de listas unitárias, que reunan a representantes dos movimentos, partidos e organizacions da tendéncia que loita polo cámbio social, é fundamental. Seria un grave erro que, despois da esmagadora vitória do SI, xurdan posicións exclusivistas que subestimen a importáncia e a forza da unidade, e dispersen a quen teñen que marchar e actuar unidos na próxima contienda eleitoral e na mesma Asemblea. Hai que combater unidos á direita, e non pensar que a derrota que padeceu agora significa o seu enterro definitivo.

Etiquetas:

(1) Comentarios
American Way of Life
20/04/2007

Etiquetas:

(0) Comentarios
O DIA NO QUE... se proclamou a República Soviética Galega Independente
15/04/2007
Contao-o Luis Soto no seu Castelao, a U.P.G. e outras memorias:

"Por aquel tempo tamén -era o ano 1932- o doutor Fernández Carniceiro, con outros camaradas, proclamou a República Soviética Galega Independente na cidade de Ourense. o choio foi deste xeito: O doutor, con catro ou cinco compañeiros mais, obreiros da construción, subiu ó Goberno Civil na rúa do Progreso, prenderon ó Gobernador, pechárono nun cuarto, retiraron a bandeira republicana do balcón do Goberno Civil e izaron unha cunha fouce e un martelo vermello, que decía en letras douradas «República Soviética Independiente de Galicia». Esta república simbólica durou unhas horas, pois cando eu cheguei da escola xa sacaran a bandeira as forzas do orde público. Velahí como é comenente sobor dos elementos substanciais da autodeterminación de Galicia que xa albiscaba nun renacemento de revolta."

Etiquetas:

(0) Comentarios
Miserábeis da nosa história: Xosé Filgueira Valverde
13/04/2007
Icono da direita enxebre, Filgueira Valverde é un exemplo de covardia fascista. Ten méritos de abondo como para formar parte da nosa lista de Miserábeis. Militando no Partido Galeguista, en 1935, xunto con outros bica rosários, separa-se do partido de Castelao para formar Direita Galeguista, que tiña moito de direita e pouco, ou nada, de galeguista.

Durante os dias do golpe de estado fascista, Filgueira amosa até que ponto pode un ser humano ser miserábel. Cando prenderon a Alexandre Bóveda, este, que se pensaba amigo de Filgueira Valverde, quixo contar con el para a sua defensa diante do tribunal militar. Filgueira Valverde non apareceu, non tiña tempo, estaba ocupado en louvar aos asasinos fascistas nas páxinas da imprensa ocupada.

Poucos anos máis tarde, non duviduou en facer feliz a Franco e aos fascistas locais aceitando o posto de alcalde de Pontevedra. Desde este posto colaborou entusiastamente na instalación da empresa colonial de Celulosa.

Xa no periodo "democrático", desde o seu posto de Presidente do Consello da Cultura Galega, foi un ilustre defensor do xenocídio lingüístico, sendo un precursor do fraguiano "bilingüismo harmónico".

Recebeu do poder medallas e títulos a mans cheas. Non é para menos.

Etiquetas:

(0) Comentarios
Non hai cadea que pare a un povo!
02/04/2007

Etiquetas:

(0) Comentarios
Bloco de Esquerda: Pintura borrada
Jornal Avante!
Jorge Cordeiro

29/03/07



O anticomunismo está para o Bloco como a nata está para o leite: à mais leve distracção aí vem ao cimo. Hóspedes da casa, o preconceito e a animosidade ao PCP, por mais que se disfarcem ou contenham, acabam sempre por assomar à janela. Foi o que sucedeu pela boca de Rosas na festa de aniversário do Bloco. Segundo ele, a coisa a que pertence é aquela esquerda que se não confunde com, referindo-se ao PCP, «múmias paralíticas de um socialismo falhado». A boçalidade da expressão — tenha ela origem na insatisfação histórica que os parcos oito anos de vida que ali foi comemorar suscitem ou na frustração que a escassa audiência do evento lhe induziu — não consente atenuantes. Poder-se-ia dizer, com alguma bonomia e muita ingenuidade, que inebriado por um ambiente de família e perante o seu pequeno mundo sectário e intolerante, o homem se excedeu. Errar-se-ia. Rosas deu voz ao que inunda o pensar e agir do partido a que pertence. Por razões ideológicas – amarradas a um esquerdismo inconsequente e provocatório; por razões políticas e sociais – de pendor social-democrata, nutridas num verbalismo radical pequeno-burguês; por razões de atitude e comportamento – animadas pela inveja do que, não podendo ser, gostariam de poder parecer. A expressão carece entretanto, deixado de lado o insulto ao PCP, de duas observações. A primeira, sobre o juízo histórico que ela encerra. Mesmo desvalorizando o sentido da afirmação — considerado que seja a sua conhecida falta de rigor histórico e inclinação para a rescrita e retalho da mesma — ela é esclarecedora quanto ao ideário e posicionamento do BE. «Empalhado» que está para o Bloco o socialismo, explicado fica o que vale o termo na respectiva verborreia programática. E arredada que seja a radicalidade propagandística a que, para efeitos de alivio de consciência e pose vanguardista, o uso do termo é sujeito melhor demonstrado ficará aquele indisfarçável deslumbramento com a utopia de um capitalismo mais justo que inunda subliminarmente aquelas cabeças.
A segunda para, olhando para a contrastante compostura com que Rosas se referiu ao PS, aconselhá-lo a não despender energias em busca do que designa por «recriar o caminho do socialismo», pela singela razão de que o socialismo “moderno e democrático” que o embevece, recriado está em Portugal e na Europa (aquela mesma Europa para a qual defendem uma Constituição) pela mão incansável dos socialistas e respectivos partidos.
A revelação deixada por Louçã no evento de que o BE surgiu da ideia de criar um partido novo «sem base numa só ideologia» e onde se «juntem cores diferentes» só podia mesmo dar no que deu: uma pintura borrada.

Etiquetas:

(0) Comentarios
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com