Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

A Manca pro s'Independentzia: organización comunista e independentista sarda
25/06/2007


Traducimos un texto que pode servir de apresentación da organización comunista e independentista sarda A Manca pro s'Independentzia. AMpI, que asume o marxismo-leninismo como única via para acabar coa explotación capitalista, nace en xullo de 2004, cando se realiza unha conferéncia nacional constituiente. Dous anos despois ten lugar o primeiro Congreso Nacional. A organización ten presenza especialmente en Sassari, Nugoro e Castheddu. Como outras organizacións comunistas de nacións colonizadas, reivindica a unión entre a loita pola liberación social coa loita pola liberación nacional. Sardeña é unha colónia do estado italiano, estado que nega a sua língua, a sua história, que a limita a un desenvolvimento económico dependente da metrópole (indústria química e turismo) e que a ocupa militarmente (xunto cos Estados Unidos, que tamén posuen bases militares na illa). Neste contexto, o Povo Traballador Sardo padece unha dobre explotación, por un lado, a da burguesia compradora sarda, e por outro, a da burguesia italiana e internacional. Nos últimos tempos, o imperialismo italiano, coa colaboración da clase intermediária sarda, está acentuando ainda máis as suas operacións represivas contra os patriotas e comunistas sardos.




Loita de Clases e Loita de Liberación Nacional

A globalización neoliberal está a demostrar o seu fracaso. No próprio corazón do sistema, nos países ricos, o modo de produción capitalista non é quen de dar resposta ás demandas de ben-estar da clase traballadora e do povo en xeral. A recesión económica a escala mundial ten causas estruturais que veñen da própria natureza do capitalismo. A crise de Fiat en Itália, a crise dun continente enteiro, como América Latina, son exemplos da incapacidade do capitalismo e do sistema de dominación burguesa de garantir o progreso e a prosperidade. Actualmente é maior a división entre o norte e o sul do mundo, entre estados ricos e pobres, o que marca un proceso de proletarización da povoación mundial.

En Europa a globalización da economia acelerou o proceso de unificación política dos estados. A construción da Unión Europea e a reorganización dos aparellos burocráticos dos Estados, demandan a máxima estabilidade interna. Por isto non existe distinción entre os governos de centro-esquerda e centre-direita en canto ás políticas económicas e socias, e ainda hai menos diferenzas no tocante á política exterior, cada vez máis amiga de resolver os conflitos coas armas. A inestabilidade económica e política dos estados manifesta-se co medre da represión contra o Movimento Revolucionário. Coa escusa do terrorismo, xustifica-se a redución dos espazos de democrácia e liberdade, como tamén o uso da forza entre os estados.

Por ser nós unha nación sen estado, a Cuestión Nacional Sarda -no que se incluen as contradicións económicas e sociais derivadas do modo de produción capitalista e do domínio político e cultural da burguesia-, representa un elemento obrigatório na discusión e na prática política de todas as organizacións de clase. Os comunistas patriotas da Manca pro s'Independentzia construimos o noso accionar político baixo a premisa de que, na Sardeña, a loita pola superación da sociedade burguesa ten que asumir o carácter de loita de Liberación Nacional.

É neste contexto onde inserimos a reflexión sobre a Cuestión Nacional Sarda.

A Sardeña é un país subdesenvolvido dentro dun estado rico e industrializado. A endémica condición de subdesenvolvimento económico e social debe-se á realidade colonial que caracterizou as relacións entre o povo sardo e a sua clase dirixente e o estado italiano (limitando-nos á história contemporánea). De feito, todo o que se extrai da terra, das minas e do mar da Sardeña revirte na indústria de transformación do continente, para ser revendido tamén á povoación da Sardeña. Son principalmente italianos os empresários que xestionan os sectores máis importantes da economia da illa. Coa complicidade da clase dirixente sarda deprimiron o tecido sócio-económico ligado á agricultura e á gadaria. Nos anos 50 e 60, construiron grandes factorias industriais químicas, prometendo o desenvolvimento e o ben-estar. Hoxe pechan estas indústrias despois de contaminar o medio ambiente e despedir a miles de traballadores. A indústria turística de lecer apresenta-se como a única perspectiva de desenvolvimento económico para a Sardeña, mais está absolutamente nas mans dos capitalistas estranxeiros.

Á colonización económica camiña da man da colonización cultural. O sistema educativo italiano, até hoxe, ignorou a história, o território, a língua, os usos e costumes, a identidade do povo sardo, sempre negados e subordinados aos modelos cuturais e sociais do estado italiano.

A policia e o exército son a espiña dorsal do domínio colonial, son forzas de ocupación do noso território, listos para reprimir calquer movimento social, calquer reivindicación política independentista. A esta forma de ocupación hai que engadir-lle outra. A Sardeña "hospeda" bases militares americanas e da OTAN que ocupan 24.000 hectáreas de terreno, ás que hai que somar outras 12.000 de servidume militar, sen contar o espazo aéreo e marítimo. Nestas bases experimentan as novas armas de agresión imperialista. Os estados europeus, para facer práticas militares e probar estas armas, alugan os maiores campos de adestramento militar de Europa, que están na nosa pequena illa. Esta presenza, alén de limitar actividades económicas como a pesca ou a gadaria, son causa de enfermidades mortais, por mor da utilización de uránio e outras substáncias radiactivas.

No tocante ás condicións económicas, sociais, culturais e políticas resultado do domínio colonial, reivindicamos a independéncia e a construción dun estado socialista, como única alternativa para o desenvolvimento económico e social do noso povo. Liberar ao Povo Sardo da explotación e da opresión colonial do estado italiano, significa construir unha ampla mobilización popular anticapitalista e anti-imperialista. Neste obxectivo, para nós estratéxico, concentramos as nosas forzas. Hoxe é necesário facer madurar un Movimento Popular de Liberación Nacional capaz de afrontar e resolver a contradición do sistema capitalista através dun proceso de autodeterminación. Ser unha nación significa pensar en termos de necesidade colectivas, afrontar o problema da soberania e da conquista do poder. O papel realizado pola burguesia sarda, polos intelectuais e pola clase política, sempre foi o de favorecer e facilitar a entrega da illa aos poderes políticos e económicos italianos. O Povo Traballador Sardo, que padece na sua própria pel o domínio colonial e o sistema económico capitalista, debe loitar pola autodeterminación e a conquista do poder.

Manifestamos o noso interese en estreitar as relacións políticas con todas as organización de clase nacionais e internacionais. Coidamos que estas relacións deben basear-se no respeito á autonomia política de cada organización, no respeito ás diferenzas ideolóxicas e no respeito ás distintas formulacións estratéxicas. Non estamos interesados en ter relacións con organizacións políticas nacionalistas que interpreten a loita pola liberación nacional desde unha óptica intercalista ou reaccionária.

Ligazóns relacionadas:
Comitato 11 Luglio (comité antirrepresivo)
Sardigna Ruja (Asociación dos Emigrantes Sardos)
Tzírculu Comunista Natzionalitariu "28 de Abrili"
Camineras (páxina da esquerda anticolonial sarda)
Aggabachela (asociación cultural)

Etiquetas:

(0) Comentarios
Abonda xa de suportar a España!
25/04/2007



Manifesto do 25 de Abril do Partit Socialista d’Alliberament Nacional dels Països Catalans (PSAN)

Este ano comemoramos o terceiro centenário da Batalla de Almansa e, polo tanto, o comezo da ocupación militar borbónica da nación catalá.

Facemo-lo, de entrada, desde unha constación chave: pasados trencentos anos de ocupación, espólio e persecución, aquí nos teñen: contra prognóstico, neste concretísimo território modelado pola história, continua habendo un povo vivo. Por riba dos ladróns, seguimos a latexar.

Unha vez feita a primeira constatación, que veña a segunda: non é suficiente. España, fiel á obsesión de borrar-nos do mapa (a nosa existéncia é un cuestionamento constante do seu expansionismo), afanou-se, e ainda se afana, por reducir-nos á medida castellana, por reducir-nos a un acento, un servil, periférico e apagado acento de províncias sobre o que sempre se poden facer chistes maos e, sobretodo, sempre se pode ordeñar mentres non seque.

Xusto é dicer que, na sua obsesión sempre atoparon compañeiros de viaxe: a aposta da burguesia catalá por este estado que nos estrangula é un feito histórico: antepoñen os seus intereses de clase a calquer "veleidade" nacional, construiron o estado español a costa de deixar-nos o país á intempérie.

Mentres, claro está, e como a crua proclamación de intencións bate cos intereses e anceios da maioria (latente, sociolóxica ou organizada: nacionalmente, maioria), foi-se tecendo un discurso de nacionalismo de baixa intensidade (tan baixa, ben pensado, que con dificuldade chega a un rexionalismo de pan mollado en aceite) para tentar facer pasar gato por lebre. E tanto ten se as cabezas teñen forma converxente ou convexa, se reparten rosas ou cravos, se falan de tomates ou de chover miúdo: a todos os visten con idéntico chapeu.

Non é complicado identificar os portadores do ridículo chapeu, porque son abondosos na política institucional, e porque sempre redundan nos catro pontos do murcho discurso: negar o conflito (nen con España nen coa clase que a mantén); proclamar coesión (xa que non existe conflito, todo o mundo navega no mesmo barco: os españois e nós, os maltratadores do país e nós, etc.); afogar a nación (por amputar-lle o norte e o sul segundo conveña á rexional intención, xa sexa de maneira aberta e con calquer das versión do blaverismo -tamén o do Principat-, xa sexa por unha simples e intencionada omisión); e despreciar os rasgos identitários materialmente constatábeis da nación catalá (e integradores: para incorporar-se ao noso "formigueiro" abonda co sinxelo xesto de falar catalán) e descualificar a quen os defende.

Co exemplo dos homes e mulleres que o deron todo, durante trescentos anos de ocupación española (e case cincuenta máis de francesa!), por manter viva esta terra; coa convicción de que xa non abonda con resistir, porque nos é insuportábel en todos os sentidos España (e non é un peso que poidamos aturar indefinidamente) e porque estamos fartos e porque queremos rachar coa lousa que temos sobre nós e estar no mundo con dignidade e voz própria... constatamos que abonda xa de suportar a España, proclamamos a nosa vontade de ser, e traballamos por vertebrar a nosa nación e acadar, antes do que se esperan, a INDEPENDÉNCIA.

Etiquetas:

(0) Comentarios
Nacionalismo canário: 2007, ano para avanzar
26/12/2006

Francisco Javier González
Magec.info, decembro 2006




Nos primeiros dias do ano 2000, nun dos seus acostumados cámbios de niño, o Partido Nacionalista Canário saiu de Guatemala (a Federación Nacionalista Canária de Dimas e Ildefonso) para arribar a Guatepeor (Coalición Canária), cámbio marcado, como non, polo vento preeleitoral que entón, como hoxe -no que o PNC repite a xogada- sopraba por estas asirocadas ínsulas. Nese momento, e ante a nova e profunda desilusión que no nacionalismo canário produciu todo ese conxunto do "outro nacionalismo" que trataban de representar entre Dimas Martín e Juan Manual Garcia Ramos, publiquei unha análise que continua a estar vixente hoxe e, cando menos ao meu entender, é tan válida como entón, polo que a anovo ainda co risco de semellar repetida.

É inegável que o nacionalismo revolucionário está atravesando unha etapa de refluxo ideolóxico e organizativo no prolongado camiño, moitas veces sinuoso, que levou a Canárias e aos canários desde a colonización e escravitude, imposta após un século enteiro de guerra de conquista española, até o dia de hoxe, cun rexime autonómico dentro do marco do Estado español, e que nos levará mañá a constituir un Estado soberano, camiño que ven marcada por pontos de inflexión, irreversíveis, que constituen etapas sucesivas do proceso de toma de conciéncia da necesidade da nosa autoliberación e construcción nacional.

Unha vez, nun debate en Gran Canária, un asistente opinaba que a história do nacionalismo canário naceu cando un guanche lle arrincou, por vez primeira, os dentes a un invasor dunha pedrada, mais ainda que a nosa história está inzada de episódios deste tipo e chea de motíns e alzamentos desde a Rebelión dos Gomeros, a sublevación do Mencey Ichasagua ou os Pleitos da Aldea de Artevirgo, até a mesma Guerra de España, foron máis ben as atitudes estritamente políticas as que marcaron os pontos sen retorno nos que se cimenta o moderno nacionalismo canário. As orixes deste nacionalismo actual hai que buscá-las no pensamento máis progresista do XIX, no entorno dos deputados doceanistas nas Cortes gaditanas, cando en La Laguna o mahoreiro Agustín Peraza Bethencourt exorta ao Cabildo a sublevar-se contra a metrópole e cando se detén a Fernando Llarena Franchy por unha "conspiración separatista" na que, entre outros, se involucra a Key Muñoz. A continuidade está no "nacionalismo literário" entorno á Imprenta Isleña fundada por D. Pedro Ramírez en 1840, a revista "La Aurora", o semanário "El Guanche", a "Revista de Canarias" e a longa nómina de escritores e intelectuais que se moveron no seu redor. A formulación política concreta deste nacionalismo ascendente vai ser obra de Secundino Delgado desde "El Guanche" caraqueño e coa fundación, no círculo das primeiras organizacións sociais e o comezo da imprensa obreira, do Partido Popular Autonomista no interior da pátria. A bandeira das sete estrelas que, anos máis tarde, se iza no Ateneo de Aguere, vai ser recollida, desde La Habana, polos colaboradores de Secundino: Cabrera Diaz, Gómez Wangümert, Guerra Zerpa... coa fundación do PNC, hai agora 82 anos. Reafirma-se no Pacto do Frente Único Revolucionário (FUR), nas Canárias da segunda República española, e, ainda que o paroxismo franquista marque despois unha sanguenta paréntese, volve abrollar con forza no MCL (Movimiento Canarias Libre), o MPAIAC (Movimiento por la Autodeterminación e Independencia del Archipiélago Canario), o PTC (Partido de los Trabajadores Canarios), PRAIC (Partido Revolucionario Africano de las Islas Canarias), PCC(p) (Partido Comunista Canario -provisional-), FREPIC (Frente Popular por la Independencia de Canarias, PCU (Pueblo Canario Unido) ... e os seus correspondentes correlatos nos campos sindical, cultural e social; abrindo unha nova etapa da nosa história recente.

Nos últimos anos, nos que se inícia o refluxo, ten lugar un novo fenómeno con poucos referentes anteriores. Xunto a unha progresiva atomización das organizacións nacionalistas -na que interveñen por igual causas endóxenas e esóxenas, contando, eso si, coa interesada axuda do longa man da administración metropolitana- os resíduos da direita españolista e proestatal do franquismo, co apoio interesado dunha boa parte das burguesias isleñas, que xa foran sócios privilexiados e defensores da ditadura, reconvirten-se, desde un insularismo desaforado inicial a un rexionalismo que, tentando aproveitar un terreno xa abandonado, e sementado polos nacionalistas, se reviste dunha roupaxe pseudonacinalista. Nace así as AIC (Agrupaciones Independientes de Canarias, modelo sobre o que se vai vertebrar CC para desputar o poder rexional ás opcións estatais predominantes. Á operacións soman-se formacións borrosamente autodeterministas como AM (Asamblea Majorera), excrescéncias do carrillismo mesturadas con cristiáns autoxestionários como ICAN (Iniciativa Canaria Nacionalista) e partidos con história e militáncia nacionalista, mais con erráticas propostas tácticas e un único obxectivo cifrado nos restos de poder que o conxunto permitia, como o PNC. Os inegáveis éxitos eleitorais de CC e a cementación en posicións maximalistas, o indeterminismo ideolóxico e as batallas persoais do disgregado nacionalismo real, cuxos elementos máis marxinais foron sugados pola coalición, levaron a unha situación na que, falseando os conceitos, CC para por ser representante e referente xustamente diso que nen sequer é: nacionalista.

Pola sua própria orixe e polo seu desenvolvimento posterior CC, cunha inxente capacidade para amorear os máis diversos intereses particulares co disfarce de colectivos, capaz de converter episódios vergoñentos de rapina como o acontecido en Tahodio e Las Teresitas en arma eleitoral ante os "ataques" padecidos polo "povo de Santa Cruz", é o instrumento máis importante para o mantimento do modelo neocolonial que Canárias ten dentro do Estado español e, subsidiáriamente, dentro da UE, o que a converte, de facto, no obstáculo máis importante para o desenvolvimento do nacionalismo. Por iso calquer acordo, por nímio que sexa, que signifique unha potenciación da CC é, á forza, unha colaboración ao mantimento da explotación foránea da nosa terra e un retroceso no camiño da construcción nacional canária. Esa tamén é a razón da oposición de moitos nacionalistas ao uso pola coalición pseudonacionalista da bandeira nacional canária ou a manipulación interesada de reivindicacións históricas como a Lei de Residéncia, valeirando-as de sentido e dirixindo-as contra a imigración máis desamparada, ao tempo que protexe e fomenta a neocolonización hispana e europea, ou propoñendo modificacións no "Estatuto de Dependéncia" -nome real do que eles denominan como "de Autonomia"- que imposibiliten, ou cando menos dificulten, as saídas políticas cara á autodeterminación.

Os nacionalistas estamos hoxe na obriga de reconstruir as nosas organizacións políticas e sociais, cun claro obxectivo que temos que cifrar na Independéncia e o Socialismo xa que, precisamente, a nosa história recente e o fenómeno de Coalición Canária ten que ensinar-nos que non hai "outro nacionalismo" nen hai "dentrismo" e que, só desde posicións de clase ben definidas, podemos avanzar, vencendo o refluxo destes últimos tempos. Coido que así será, e que estamos só ante unha nova sinuosidade do camiño da constitución de Canárias como unha nación en pleno uso dos seus direitos e que, entre todos, estamos comezando a marcar un novo ponto de inflexión nesta loita liberadora xa secular mais que, indefectível, se achega á sua fin. Non agardo celebrar moitos solstícios de inverno despois deste 2006 nunha pátria colonizada.

Aguere, decembro de 2006


Ler máis

Etiquetas: ,

(0) Comentarios
Que é o Movimento Socialista Republicano Irlandés?
17/12/2006



A guerra pola liberación nacional continua hoxe en Irlanda. Esta guerra ten as suas raíces na conquista da illa por Gran Bretaña en 1167. A fase máis actual desta guerra centrou-se en rematar coa ocupación continuada por Gran Bretaña de seis condados no norte de Irlanda. Os intereses revolucionários da clase obreira irlandesa nesta loita están representados colectivamente polo Movimento Socialista Republicano Irlandés (Irish Republican Socialist Movement) , constituido polo Partido Socialista Republicano Irlandés (Irish Republican Socialist Party) , o Exército de Liberación Nacional Irlandés (Irish National Liberation Army), os prisioneiros de guerra (Irish Republican Socialist Prisioners of War) , tanto do IRSP como do INLA), e as organizacións estabelecidas por todo o mundo para apoiar a estas forzas irlandesas.


O IRSP e o INLA foron fundados o 10 de decembro de 1974. A meirande parte dos primeiros militantes procedian do oficial Sinn Féin e o IRA (as mesmas organizacións das que se escindira cinco anos antes o Movimento Republicano Irlandés Provisional (Provisional Irish Republican Movement). A militáncia foi medrando coa entrada de socialistas independentes de todos os lugares de Irlanda, formando o Movimento Socialista Republicano Irlandés. James Connolly, o principal marxista irlandés, executado polo seu papel na Rebelión de Páscua de 1916, foi quen formulou o princípio ideolóxico que deu vida ao Movimento: a loita pola liberación nacional e a loita polo socialismo son inseparáveis en Irlanda.

O obxectivo do IRSM continua a ser a construcción dunha república socialista formada polos 32 condados, onde a clase obreira irlandesa controlará os meios de producción e a sua distribución, através dunha administración proletária guiada pola democrácia dos traballadores.



A tese política central do IRSP é que só a unha revolución socialista é capaz de proporcionar un meio para loitar polas necesidades da clase obreira irlandesa. O IRSP rexeita o conceito táctico de que primeiro é necesário acadar a liberación nacional para despois avanzar cara a obxectivos socialistas. Entende que a loita pola liberación nacional é un elemento máis da loita polo socialismo. O Partido tamén rexeita a posición que defende que o socialismo se pode conquistar nunha ou nas duas partes de Irlanda sen coseguir a reunificación. A partición criou unha división na clase obreira irlandesa, agachando os intereses comúns de clase. Mália recoñecer que a liberación nacional e o socialismo non poden ser conquistados através dunha vitória militar das forzas guerrilleiras, o IRSP defende o direito das forzas revolucionárias a empregar esta táctica sempre que sexa útil para a consecución dos seus obxectivos. O Partido tamén acredita na inexisténcia de calquer camiño parlamentar ao socialismo, e non sinte nengunha obriga de participar en todas as campañas eleitorais, ainda que non se nega a utilizar a política parlamentar como instrumento de propaganda política e para axudar a auto-organización da clase obreira para a obtención de obxectivos imediatos.

O IRSP está orgulloso de ser o partido irlandés máis grande que apoia totalmente o controlo feminino dos seus direitos reprodutivos, incluído o aborto. Ademais de apoiar o movimento de liberación feminino, tamén defende e loita polos dirietos dos homosexuais e as minorias étnicas; defende a língua própria de irlanda e os direitos dos falantes; advoga pola fin do roubo continuado por parte das compañias multinacionais das plusvalias xeradas polos traballadores irlandeses; opón-se á Unión Europea, e a degradación ambiental continuada; e aposta pola separación da igrexa dos asuntos civís e da educación e a eliminación das leis restrictivas inspiradas pola relixión.



Por mor do seu programa revolucionário, e a sua defensa na prática, o IRSM enfronta-se a unha violéncia desproporcionada ao seu tamaño. No mesmo momento da sua fundación, un ataque militar do IRA oficial custou a vida do primeiro presidente do IRSP, Seamus Costello. O Special Air Service (SAS), actuando como os escuadróns da morte unionistas, asasinou en 1980 ao sucesor de Costello, Miriam Daly, así como aos activistas Ronnie Bunting e Noel Lyttle. Ao longo da sua história, foron moitos os militantes do INLA asasinados polos exército británico e a policia irlandesa. En 1987, algúns antigos membros do INLA purgados da organización con anterioridade por actividades criminais e autodenominados Organización para a Liberación do Povo de Irlanda (Irish People's Liberation Organization), lanzaron un ataque contra o IRSM, asasinando ao Xefe do Estado Maior do INLA, e teórico do IRSM, Thomas 'Ta' Power. Ainda que sériamente mutiliado, o IRSM sobreviveu, mentres que o IPLO desapareceu en 1992. En xaneiro de 1996 agudizou-se a represión contra o IRSM, sendo asasinado a sangue frio por axentes da Intelixéncia británcia Gino Gallagher, seguido doutras tentativas criminais contra outros militantes.

Durantes os anos 80, o INLA continuou loitando contra as forzas de ocupación nos Seis Condados, realizando accións militares que subliñaron o carácter único da liña política do IRSM, como os axustizamentos de paramilitares unionistas, como John McKeage, dos Red Hand Commandos, ou o ataque con bombas a unha estación de radares perto de Cork que se utilizaba para subministrar información á OTAN, como xeito de amosar a violación da neutralidade irlandesa. Por mor dos éxitos contra o imperialismo, o líder do INLA, Dominic McGlinchey, foi nomeado a persoa máis buscada tando no sul como no norte de Irlanda, convertendo-se no primeiro republicano extraditado a Inglaterra.




Os compañeiros encarcerados do IRSM participaron en todas as loitas nas prisións de finais dos anos 70 e as folgas de fame de 1980 e 1981. Tres dos dez prisioneiros que morreron durante a folga de fame de 1981, Patsy O'Hara, Kevin Lynch e Michael Devine, eran voluntários do INLA.

Desde agosto de 1994, o INLA non realizou nengunha acción militar, co obxectivo de permitir que os nacionalistas se decaten por eles mesmos do fracaso do chamado proceso de paz e alto o fogo do IRA. O INLA mantén o seu direito lexítimo de actuar en defensa dos militantes do IRSM e da clase obreira irlandesa. Esta política defensiva traduciu-se en duas accións contra a RUC (Policia Real do Ulster) cando estes se uniron a unionistas en ataques contra traballadores nacionalistas.


Propaganda do Rebublican Socialist Youth Movement, mocidades do IRSM


Ler máis

Etiquetas:

(0) Comentarios
Lembrando a Connolly
14/12/2006

"Queremos unha Irlanda para os irlandeses. Mais, quen son os irlandeses? Non o terratenente usureiro e propietário de casoupas, non o capitalista negreiro devorador de benefícios, non o advogado meloso e graxento, non o xornalista prostituído, mentireiro alugado polo inimigo. Non son estes os irlandeses dos que depende o futuro. Non son estes senón a clase obreira irlandesa, o único alicerce seguro sobre o que se pode levantar unha nación livre.

A causa dos traballadores é a causa de Irlanda. A causa de Irlanda é a causa dos traballadores. Non poden ser arredadas. Irlanda procura a liberdade. Os traballadores procuran que unha Irlanda livre sexa a única dona do seu próprio destino, suprema señora de todas as cousas materiais dentro e sobre o chan. Os traballadores buscan facer á livre nación irlandesa a gardiana dos intereses do povo de Irlanda, e para asegurar ese obxectivo han conferir a esa livre nación irlandesa todos os direitos de propriedade contra as pretensións do indivíduo, coa intención de que o indivíduo poida ser enriquecido pola nación e non co espólio dos seus compatriotas."


James Connolly

Etiquetas: ,

(0) Comentarios
Quen son os prisioneiros políticos portorriqueños?
08/10/2006
Claridad
05/10/06





Entre 1960 e 1970, as comunidades portorriqueñas de Chicago e New York, como tantas outras comunidades nos Estados Unidos, rebelaron-se contra a violéncia e a brutalidade do colonialismo, o racismo e a explotación. Os seu novos dirixentes non só loitaban por desmascarar e combater estes males, tamén para que a comunidade tomara o controlo das suas institucións, infundindo un espírito de esperanza.


Era unha época na que os movimentos anticoloniais de liberación nacional prevalecian através do mundo e os movimentos anti-imperialistas estaban en guerra. Obrigaba-se á mocidade a participar no exército para combater nunha guerra allea á idiosincrácia e intereses portorriqueños e ubicaba aos soldados na contradicción de loitar contra o esforzo libertador do povo vietnamita. Por outra banda, o Partido das Panteiras Negras advogaba pola autodefensa, e a policia de Chicago asasinou aos dirixentes do Partido. Mozos como Óscar López Rivera e Carlos Alberto Torres insertaron-se nestas loitas, converteron-se en líderes, e foron afectados non só polos sucesos que acontecian na sua comunidade senón polo que acontecia no mundo.



Durante esta época naceu a organización Forzas Armadas de Liberación Nacional (FALN). Entre 1974 e 1980, a FALN reclamou, meiante murais públicos, a responsabilidade por accións político-militares simbólicas realizadas contra instalacións militares, governamentais e de poder financeiro, principalmente en Chicago e New York, para chamar a atención do mundo sobre o acoso colonial de Puero Rico.




A comezos dos 80, Oscar López Rivera, Carlos Alberto Torres e vários outros homes e mulleres foron capturados nos Estados Unidos e acusados de conspiración sediciosa e cárregos relacionados, así como de ser membros das FALN e do movimento clandestino. Ao seren arrestados, invocaron o direito internacional, que dispón que o colonialismo é un delicto, e que os povos colonizados teñen o direito a utilizar os meios que estexan ao seu alcance para combater ese delicto internacional.
Tamén estabelece, o direito internacional, que os tribuanis do país colonizador non poden criminalizar aos que combaten o colonialismo. Polo tante, reclamaron a condición de prisioneiros de guerra, negaron-se a recoñecer a xurisdicción dos tribunais e non retaron as provas que o governo apresentou na sua contra. Foron axuizados, convictos e tachados de "terroristas" nun ambiente de histéria.
Polos actos imputados a prol de rematar co controlo colonial exercido polos Estados Unidos en Puerto Rico -embora ninguén resultara ferido ou morto- foron sentenciados a penas equivalentes a cadea perpétua, para ser cumpridas en cárceres dos Estados Unidos.



Na actualidade, as suas sentenzas exceden en moito as das penas por delictos criminais violentos, delictos cometidos pola policia -incluso o asasinato- en contra do movimento independentistas, e delictos cometidos por organizacións paramilitares de direita. A sentenza de 15 anos imposta a Óscar por conspiración para fuxir da prisión foi un caso fabricado polo governo: non existiu tal evasión, non foi acusado de fuxir nen de tentá-lo, embora a pena fose 8 veces máis longa que o pena meia por fuga.

En 1999, o presidente dos Estados Unidos, Bill Clinton comutou as penas de 12 destes homes e mulleres, que xa cumpriran entre 16 e 19 anos de cárcere de sentenzas que ian entre 35 e 90 anos.

O presidente expresou que se viu motivado a facé-lo porque "eles cumpren penas extremadamente longas... que non gardan relación cos delictos cometidos. A nosa sociedade entende que a pena dever corresponder ao delicto." Carlos Alberto e Óscar, que non foron liberados en 1999, xa cumpriron 26 e 25 anos, respectivamente, das suas penas de 70 anos. As suas sentenzas son iguais -ou menores- que as sentenzas desproporcionadas que se lles comutaron aos demáis, mentres que Óscar e Carlos xa cumpriron outros setes anos máis que os cumpridos polos seus compañeiros no cárcere.

Antecedentes históricos e sociais do caso

Estados Unidos, como nazón, xurdeu dun movimento anticolonial armado. Os seus primeiros herois nacionais foron George Washington, Tomas Jefferson e os seus correlixionários, quen recoñeceron a violéncia colonial británcia, elaboraron teorias sobre esta e loitaron contra ela coa pluma e as armas.
Triunfaron pola sua indómita vontade de liberdade. Cosagraron o seu amor á liberdade na Declaración de Independéncia, que afirma protexer o direito dun povo á vida, á liberdade e á procura da felicidade e garante expresamente o direito a cambiar ou abolir todo governo que impida o logro deses fins e instituir un novo governo que asegure a consecuión dos mesmos. Esta guerra de independéncia valeu-lles de inspiración a moitos povos ao longo dos anos.

A Carlos Alberto, Óscar e os seus compatriotas lembrou-se-lles esta história o dia no que foron sentenciados. Cando un dos seus compañeiros comentou ao xuiz que as sentenzas serian lidas o dia no que se celebraba o aniversário de George Washington, o xuiz respostou que os ingleses, de capturar a Washington, o matarian no momento, que a pena capital seria a sentenza da sua eleizón e que sentia mágoa por que non houbuse pena capital en Washington nese momento.(...)

A campaña

Durante a colonización española, moitos portorriqueños loitaron e foron encarcerados pola sua resisténcia. Desde a ocupación estadounidense do 1898 houbo uns 2.000 prisioneiros políticos, cuxas sentenzas soman en conxunto 11.116 anos. Sempre se fixeron campañas pola excarcelación dos prisioneiros políticos. No século XX houbo várias campañas exitosas: a comutación por parte do presidente da pena de morte imposta ao nacionalista Óscar Collazo en 1952, convito a raiz do ataque á Casa Branca en 1950; en 1979, a comutación por parte do presidente das penas impostas aos nacionalistas Lolita Lebrón, Rafael Cancel Miranda, Irving Floresk, Andrés Figueroa Cordero, presos logo do ataque ao Congreso dos Estados Unidos en 1954 e encarcerados durante 25 anos, así como de Óscar Collazo, despois de 29 anos de prisión; e en 1999, a comutación por parte do presidente das penas dos sentenciados do movimento clandestino, Edwin Cortés, Elizam Escobar, Ricardo Jiménez, Adolfo Matos, Dylcia Pagán, Alberto Rodríguez, Alícia Rodríguez, Ida Luz Rodríguez, Luis Rosa, Alejandrina Torres e Carmen Valentín, acusados de conspiración sediciosa, e de Juan Segarra Palmer, acusado de expropriar diñeiro asegurado polo governo, para financiar o movimento independentista, todos eles encarcerados entre 16 e 19 anos.
Despois de cada campaña exitosa, o povo de Puerto Rico acolleu aos ex prisioneiros e prisioneiras cos brazos abertos como herois nacionais. Unha vez livres, on só se integraron na sociedade civil, senón que participan nas campañas de excarcelación dos que ainda están presos.

Carlos Alberto e Óscar, con 26 e 25 anos cumpridos, superan o tempo cumprido dos prisioneiros políticos con máis tempo no cárcere. Só Óscar Collazo, cos seus 29 anos de cárcere, estivo encarcerado máis tempo.

O Comité Pro Direitos Humanos de Puerto Rico, cuxos esforzos abranxen tanto o foro nacional como o internacional, acolle activamente todas as actividades a prol da excarcelarción. O traballo inclue recopilar sinaturas para o envio de cartas ao presidente Bush, xestións con entidades relixiosas, cívicas, laborais e governamentais para que aproven resolucións a prol da excarcelación, convocar seminários e congresos educativos, elaborar un documental para televisión, promover as mostras de arte de "Sin espacios suficiente", organizar vixílias, marchas e piquetes e facer apresentacións nos foros internacionais, incluida a ONU.



Máis información en:
todosenlibertadpr@hotmail.com
Comité Pro Direitos Humanos


Ler máis

Etiquetas:

(0) Comentarios
Chamamento urxente para salvar a vida dos presos políticos saharauis
25/09/2006
Sahara Press Service
24/09/06





A Asociación Saharaui de Vítimas de Violacións Graves dos Direitos Humanos (ASVDH) e o Comité Saharaui polo Referendo no Sáhara Ocidental (CSRSO) fixeron un chamamento urxente para "salvar a vida dos 29 presos politicos saharauis que están en folga de fame desde o 4 e o 7 de setembro nos cárceres marroquies e que están a morrer ante a total indiferéncia das autoridades marroquies de ocupación".

Tanto a ASVDH como o CSRSO fixeron un chamamento urxente dirixido ás organizacións internacionais dos Direitos Huanos co fin de que interveñan para salvar a vida dos presos políticos Lumadi Said e Brahim Sabar, que se encontran nun estado "crítico" segundo un comunicado feito público o venres polas duas organizacións.

Reclamán tamén ao Governo marroquí a liberacion "imediata e incondicional" de todos os presos políticos e activistas saharauis dos Direitos Humanos que permanecen ainda nos cárceres marroquies, tanto no Cárcere Negro (El Aaiun - Sahara Ocidental) como en Inzegan e Ait Mellul (Marrocos).



Por outra banda, os fillos do preso político saharaui Brahim Sabar, cuxos nomes son Afaf, Affan e Salah Eddineet Sabar, pediron a todas as persoas desexosas da paz e da xustiza que "interveñan con toda urxéncia" para "salvar a vida do noso pai que padece unha enfermidade de estómago", que é unha das secuelas de permanecer durante máis de dez anos nos cárceres marroquies.

Como se sabe, Brahim Sabar, Secretário Xeral da ASVDH, foi detido o pasado xuño en El Aaiun, cando voltaba, xunto a Ahmed Mahmud e Ahmed Sbai, de organizar un comité local desta asociación na cidade ocupada de Bojador.

O 20 de xullo foi condenado polo tribunal colonial de El Aaiun a dous anos de prisión maior e desde o 4 de setembro mantén unha folga de fame xunto aos seus compatriotas nos cárceres marroquies.


Ler máis

Etiquetas:

(0) Comentarios
11 de Setembro de 2006: a mocidade seguimos a loitar
09/09/2006


Manifesto da Coordinadora d´assemblées de joves de l´esquerra independentista (CAJEI)
11 de Setembro de 2006: a mocidade seguimos a loitar
Caña contra España!

Despois de case tres séculos de ocupación española, a mocidade dos Països Catalans seguimos en pé, defendendo a terra e a nosa identidade coma pobo. O 11 de Setembro, voltamos sair á rúa para facer sentir a voz dun pobo oprimido, ultraxado e condeado ao olvido. Porqué malia a represión dos Estados español e francés, o noso pobo está vivo: de Salses a Guardamar e de Fraga a Maó, a resistencia xuvenil continúa.


O Goberno español, co PP ou o PSOE á cabeza, sempre mobilizou todos os instrumentos políticos, mediáticos e militares ao seu alcance para facer desaparecer a nosa identidade e para asimilarnos coma parte do proxecto español, capitalista e uniformizador. Dividíronnos en tres territorios, silencian a nosa lingua e destruiron a nosa cultura. Baixo o gardachuvas da Constitución española, surxida da legalidade franquista, a actual rexime autonómico -incluso a última reforma dos Estatutos do Principat e valenciá- aínda nos nega os nosos máis elementais dereitos democráticos. Négannos o dereito á autodeterminación, é dicir, o dereito a decidir o noso propio futuro, pretendendo así conseguir que a nosa independencia se convirta nunha mera utopía e que o noso proxecto político continúe a ser ilegal, clandestino. Cando se refai con forza calquer voz crítica, o exército imperialista español e o uso da coacción e das montaxes policiais son as armas ás que teñen que recorrer.

Non poden esquecer a nosa historia, non poden traizoar a memoria dos nosos devanceiros que, dende a Guerra de Sucesión, pasando pola Guerra Civil e o terror Franquista, até á Transición cara esta falsa democracia, partiron as agresións españolistas, patriarcais e de clase. Eles xa forman parte do pasado. E para a mocidade catalá, o mellor xeito de homenaxealos é seguir a súa loita e esfolar o sistema do que foron víctimas.



Mais se este 11 de Setembro voltamos a saír á rúa é para denunciar o que acontece hoxe aquí. Para denunciar a gravísima situación na cal nos atopamos e o catastrófico futuro que nos agarda se non comezamos a traballar por unha alternativa que garanta o respecto ao noso pobo e aos nosos dereitos.

Porqué é precisamente hoxe que se están a construír as máis grandes, destructivas e innecesarias infraestruturas sobre o noso territorio, en contra da vontade popular e ao servizo dos intereses económicos das clases dominantes; porqué cada día son máis as ETT’s que trafican coa nosa forza de traballo; porqué é hoxe é cando as inmobiliarias están a especular coa máis intensidade, impedíndonos así o acceso a unha vivenda digna; porqué cada día son máis as e os mozas/os víctimas das deslocalizacións, dos accidentes laborais e da discriminación sexual. Som milleiros de mozas/os que nos miramos submetidas/os á ditadura patronal, que se aproveita especialment das/os xovens mais novas/os, dos rols sexuais impostos, das catastróficas condicións laborais dos países máis empobrecidos do planeta ou de calquer miseria humán que poida seguir enchendo os seus bandullos.

E somos nós, as/os xovens cataláns, as/os que temos a forza coa cal combater as inxustizas dos Estados capitalistas e que posuimos a esperanza de construír un futuro dos pobos e das persoas. Temos que comenzar de novo, mirar cara o futur e encamiñar o noso proxecto, rachando cos seus esquemas, españois, imperialistas e de clase, para alcanzar o noso soño, catalá, solidario e das masas.

Deixemos de nos conformar e plantemos cara a Espanya. Pasemos á acción. O Estado está a entrar nunha profunda crise de identidade e de coesión. A precariedade da mocidade catalá estáse a acentuar día a día. E as reformas autonómicas do PSOE non conseguiron máis que convencer ás/aos mesmas/os que hai 30 anos. Para a mocidade, a lexitimidade da España autonómica e capitalista cada día está máis cuestionada, é unha farsa. En troques, o noso proxecto, o da Esquerda Independentista no seu conxunto, está cada vez máis arraigado entre a xente nova dos Països Catalans.

Da CAJEI facemos un chamado á organización, á loita, á axitación barrio por barrio e vila por vila, á mobilización social, ao traballo de base, á combatividade e á coordinación de toda a mocidade catalá. Porqué a liberdade da nosa terra, a construción duns Països Catalans reunificados, independentes e socialistas, depende só de nós: do traballo, da loita e da vontade da mocidade catalá.

Sense Autodeterminació no hi ha democràcia

Canya contra Espanya i Canya al Capital.

Als Països Catalans, el jovent seguim lluitant,

Per la Independència i pel Socialisme.

Visca la Terra!


Ler máis

Etiquetas: ,

(0) Comentarios
A resisténcia Mau-Mau
13/07/2006
A terxiversazón da história continua até os nosos dias. Un xenocídio cometido polo império británico non xa ignorado, senón que cos papeis cambiados. As vítimas, á luz dos historiadores oficiais convertidos en verdugos. Os criminais en inocentes. Centos de miles de keniatas, guerrilleiros ou non, agrupados en reservas esteris, morrendo de fame, enfermidades, aforcados ou vítimas dunha caceria humana que premiaba con 5 libras a peza capturada. Todo isto agachado por unha delirante e terrorífica película na que non faltan o canibalismo, a zoofília e a necrofília. O racismo do civilizado imperialista mutado por un conto de medo que aterrorizaba aos ricos nenos brancos da Inglaterra dos anos 50 do pasado século.

Os terríveis Mau-Mau. Son tantas as conotazóns negativas asociadas a este nome que, mesmo os que coñecen o guión orixinal desta película, se ven atrapadas por elas. Os terríveis Mau-Mau. Como unha mai ou un pai que quer amedrentar aos fillos, como o conto do ogro..., come todo o do prato ou veñen os Mau-Mau. Outro tanto pasaba nos EE.UU. co malvado Ho Chi Minh. Até nos livros de texto as crianzas podian ler que calquer dia o ogro Ho cruzaria o pacífico nunha balsa para degolar, durante a noite, aos seus pobres avós; brancos, anglosaxóns e protestantes.

Que problema hai en que 50.000 guerrilleiros e non guerrilleiros fosen asasinados polos ocupantes? A culpa foi deles por se saltaren o guión doutro conto, o conto do bon selvaxe. Que curiosa é a história, contada sempre polos vencedores, onde tipos como o xenocida Churchill pasan á história como exemplo de estadista e defensor da democrácia, en contraposizón a ese demo que era Stalin. Mais Churchill non era Stalin, este último non só era ou ogro, senón que tiña o descaro de abanderar un país onde a ditadura do proletariado mandara ás cavernas ao analfabetismo, á fame e a explotazón feudal. Stalin foi un demo, xa o din os poderosos, os seus cegos seguidores, os inocentes e os que se pensan ovella negra mais non pasan de seren pega carroñeira. El que é iso de colectivizar ás terras, desposuindo aos agricultores ricos dos seus direitos a explotar aos xornaleiros? Así non se fai, Xosé, que despois te equiparan a ese austriaco, servidor dunha burguesia en decadéncia e contra as cordas, a quen esmagáchedes ti e os teus. Aceitaremos que os dous tiñan bigote, de acordo, mais as suas balas disparaban a distintos brancos, e se non que llo pergunten, por exemplo, aos banqueiros europeus. Churchill é outra cousa, Churchill é un dos bons, dos que fixeron un mundo livre..., livre de xustiza. Churchill foi un dos maiores xenocidas da história da humanidade. El foi o máximo responsável desta matanza ignorada.

Mais non desviemos o tema, e non alporicemos nen aos que editaron 1984 nen aos que creron e ainda cren nese manual da académia de oficiais da CIA. Por certo, é perdoade este último inciso, é unha mágoa que Orwell, tan bon plaxiador como bon delator, non fixera unha nova versión da Rebelión na Granxa mais ambientada en Kénia, concretamente nas esteris reservas onde morrian os kikuyus, inquedanzas imperialistas non lle ian faltar. Que queredes que vos digamos? Señoras e señores, isto non é a revista do Círculo de Leitores, non, estas son as Ferramentas das Brigadas Ferrolgrado e Orwel foi toda a sua vida un profisional do imperialismo... inglés.

Agora si, voltemos a Kénia e a história dos (mal)chamados Mau-Mau.


O 3 de marzo de 1959, 85 prisioneiros kikuyus foron levados a un latifúndio e obrigados a traballar. Un dos detidos, John Maina Kahihu, descreveu o que pasou:

“Negamo-nos a facer ese traballo. Estabamos luitando pola nosa liberdade. Nós non eramos escravos. Habia douscentos policias. Cento setenta estaban de pe ao noso redor con metralladoras. Trinta dentro do recinto cando nós. O mando británico asobiou e os gardas comezaron a bater en nós. Pegaron-nos desde as oito até as once e meia. Golpeaban-nos como se fosemos cans. Eu fun cuberto por outros corpos, e só tiña expostos brazos e pernas. Tiven sorte e sobrevivín”.

Once kikuyus morreron durante a paliza e 60 máis tarde a consecuéncia dos golpes.
Dicia Lennox-Boyd, Secretário Colonial inglés en Kénia, que os kikuyus, unha das principais tribos keniatas e á que pertencian a meirande parte dos Mau-Mau, cando facian o seu xuramento polo que se convertian en Mau-Mau, pasaban de ser humanos intelixentes a se converter en sub-humanos mentalmente enfermos cuxa única salvazón era a morte. Nominen-no como enfermidade mental ou como terrorismo, o que conta e valeirar de contido político calquer movimento de resisténcia.

Estamos a falar dun povo pacífico que se viu obrigado a levantar-se contra aqueles que os sumian na pobreza, na desesperazón e na fame. Contra os que estaban a roubar as suas terras, para despois obrigar-lles a pagar impostos por traballaren esas mesmas terras usurpadas. Contra os que os estaban matando. A perda da terra significa perda da independéncia económica, se a isto somamos unha represión brutal, temos xa os ingredientes do nacimento dunha guerrilla anticolonial que contou co apóio masivo da povoazón, que actuou desde 1947 a 1960. Foi a primeira revolta anti-imperialista do continente africano, e foi referente doutros muitos movimentos nacionalistas.

Cúmpre buscar a sua semente nos movimentos agrários dos anos 20. O 14 de marzo de 1922, en Nairobi, 8.000 persoas concentran-se para protestaren polo desterro de Harry Thuku, líder da Asociazón Xuvenil Kikuyu, que viña desenvolvendo unha campaña contra a rebaixa dos salários dos obreiros africanos. Esta manifestazón pacífica é brutalmente reprimida polos disparos do exército e dos colonos, morrendo 58 africanos. A Asociazón Xuvenil Kikuyu é proibida, mais atopa a sua continuidade na criazón da Asociazón Central Kikuyu (KCA). En 1928 lanza unha publicazón mensal, Muigwathania, dirixida polo futuro presidente de Kénia, Jomo Kenyatta, quen escreve:

“Cando chegaron os misioneiros, os africanos tiñan a terra e os misioneiros tiñan a bíblia. Aprenderon-nos a rezar cos ollos pechados. Cando abrimos os ollos, eles tiñan a terra e nós a bíblia”.

O antigo líder kikuyu, Harry Thuky recuperou a liberdade após sete anos de desterro grazas a sua promesa de colaborar cos británicos. Entra a militar no KCA, mais a sua postura pacificadora era irreconciliável co sentir fortemente anti-imperialista do KCA. El e os seus seguidores abandonaron a organizazón e criaron a Asociazón Provincial Kikuyu (KPA), que traballaria por meios legais. Porén, a forza do KCA arrasou con todos os demais grupos moderados e uniu, baixo as suas siglas, a unha multitude de grupos secretos que tamén advogaban polo uso da violéncia como meio para acabar co colonialismo. Por volta de 1935 o KCA é o grupo máis poderoso de Kénia.


En 1940 o KCA é proibido, e os seus líderes arrestados. Porén a organizazón continua na clandestinidade e cria unha série de organizazóns legais que actuaran de plataforma das ideas nacionalistas, como grupos de obreiros, clubes de música, igrexas,etc. En relazón á relixión, cúmpre sinalar que o labor dos misioneiros cristiáns fixo que muitas tribos se convertiran ao cristianismo, mais un cristianismo adaptado aos costumes nativos. Este cristianismo autóctone fixo tamén campaña contra o colonialismo, e foi outra plataforma máis de concienciazón nacionalista. Nas igrexas os africanos cantaban hinos nos que a palavra Cristo era substituida por KCA. O feito de que case nengun branco coñecera a língua kikuyu fixo posível que o ideário nacionalista fose propagado através destes hinos que se repartian nas distintas organizazóns sectoriais controladas polo KCA.

Tamén os nacionalistas defensores da via armada entran na legal Unión de Estudos Africanos de Kénia, que no 46 pasa a denominar-se Unión Africana de Kénia (KAU). Jomo Keniatta, que regresara a Kénia un ano antes, é elixido novo presidente do KAU. Dentro do KAU compiten os partidários da luita armada, organizados na ilegal KCA (que comezan a ser coñecidos polos ocupantes como os Mau-Mau), e os defensores da via legal. A rede de resisténcia amplia-se coa chegada dos kikuyus que participaran na Segunda Guerra Mundial, muitos deles antigos militantes do KCA Os kikuyus, que xa participaran na Primeira Guerra Mundial, fixeron-no tamén na segunda, nun número de 75.000. A diferéncia entre as duas guerras foi que se na primeira os africanos tiñan reservados os postos de portadores, na segunda participaron nos combates, ascendendo muitos deles no escalafón militar. En 1946, kikuyus que participaran na segunda guerra mundial formando nas filas dos británicos, están organizados no secreto Grupo dos 40, en relazón aos anos da guerra. Os veteranos da guerra cando regresan non só non receven terras como compensazón senón que ven como máis terras son cedidas a novos colonos. Entre eles estan os que serian os líderes do Movimento, como Waruhiu Itote, coñecido como Xeneral China. Nestes anos muitos países acadan a independéncia, como a Índia. É neste momento cando se decide que a guerra é o único camiño real para recuperar as suas terras, polo que crian, un ano despois, o Exército da Liberdade e da Terra (LFA), coñecido por nós como os Mau-Mau.

Xa que logo, a semente da organizazón coñecida como Mau-Mau ven de lonxe, de meados dos 20, coa criazón do KCA, ainda que só apartir de 1948 é coñecido por este nome polos británicos. Apartir deste ano a Administrazón Colonial Británica en Kénia comeza a recever informes de colonos e soldados e soldados nos que se fala dun movimento secreto ao que chaman Mau-Mau. Ese mesmo ano, o Director de Intelixéncia e Seguridade elabora un informe no que se identifica este movimento co ilegal KCA. .

O racismo da História académica impide-nos saber cal é a orixe do nome Mau-Mau, existindo várias hipóteses. Desde os que din que fai referéncia a un grupo de montañas que bordean o nordeste do Lago Naivasha, até os que apostan por asociá-lo co berro de guerra dos kikuyus, pasando polos que ven no nome as iniciais da frase swahili “Mzungu Aende Ulaya—Mwafrika Apate Uhuru”, que significa, máis ou menos, que só se acadará a independéncia cando os brancos marchen ao estranxeiro. De todos xeitos eles non se nomeaban Mau-Mau, senón Movimento pola Unificazón, Movimento, KCA (Asociazón Central Kikuya) ou Exército da Liberdade e da Terra (LFA). O termo Mau-Mau non pasa de ser un alcume posto polos europeus, na liña de criar a idea dun grupo de endemoniados keniatas no canto do que realmente foi, un movimento de liberazón nacional, coa suas frentes política, cultural, sindical e armada.

Este movimento anti-colonial comezou a luita armada nas rexións dos povos Kikuyu, Embu, Meru e dalgunhas comunidades Kamba. Ao pouco tempo xa contaba con células organizadas na capital, Nairobi, encarregadas de subministrar diñeiro, armamento e informazón aos combatentes rurais. O obxectivo dos seus ataques eran especialmente os colaboracionistas, mais tamén os latifundistas ingleses. Con todo, hai que ter presente, para desmitificar tanta manipulazón, que non foron máis de 100 os brancos abatidos polo LFA

En 1948, os kikuyu foron emprazados en reservas que ocupaban aproximadamente 5000 km2 de terra estéril, mentres que 30.000 colonos tiñan reservados 31.000 km2 de terras, por suposto as máis apreciadas para a agricultura. Estas reservas recordaban ás organizadas polos colonos norteamericanos para concentrar aos nativos. Tamén, como en Sudáfrica, nestas reservas estaba proibido sementar café ou calquer outro produto comerciável. A estas reservas devemos somar os campos de concrentrazón, onde máis de 70.000 kikuyus pasaron entre 2 e 6 anos. Expresou-no con claridade o Coronel Ewart Grogan:

“Xa lles roubamos a sua terra, agora é tempo de apropriar-nos dos seus corpos”.

Como exemplo dicer que para construir a liña férrea entre Mombasa e o Lago Vitória empregaron-se 30.000 nativos, morrendo un tércio deles.

OS COMEZOS DA RESISTÉNCIA E O XURAMENTO

En 1940 a Asociazón Central Kikuyu (KCA), desenvolve unha forte campaña de desobediéncia civil en protesta pola cuestión agrária. O KCA comeza a andaina organizativa nas zonas montañosas centrais.
Meiante a forza simbólica dun xuramento os membros do KCA solidificaban a sua unión. O xuramento remontaba-se nos séculos e non era en absoluto nengunha novidade. Isto non foi óbice para que os colonos o viran como unha mostra da tolémia que invadia as mentes dos kikuyus. O xuramento acompañaba-se de ritos comúns en toda África sub-sahariana, como o sacrifício dalgun animal ou a inxesta de sangue do animal sacrificado. De aquí xurdiron as fantasias colonas do canivalismo, a necrofília, a zoofília e demáis. Meiante estas fantasias os colonos buscaban chamar a atenzón da metrópole e conseguir que esta lles enviase axuda. Nun princípio o xuramento tan só obrigaba a participar na desobediéncia civil, mais co tempo, e ante as atrocidades dos colonos, o xuramento medrou en obrigas, pasando a ser a luita armada contra os colonos unha delas.

O KCA E A FORMAZÓN

O KCA non se limitou á luita armada e obreira, tamén se preocupou de estabelecer unha rede de centros de ensino desde onde as ideas nacionalistas foron propagadas con rapidez. Uns 50.000 estudantes acudiron ás máis de 300 escolas espalladas polo território. Tamén criaron a Universidade de Formazón do Profesorado de Githunguri. Todas estas escolas independentes negaron-se, desde un primeiro momento, a receveren axuda financeira governamental, xa que de facé-lo, teria significado o controlo do currículo por parte dos británicos.

TENTATIVA DE RESISTÉNCIA NO EIDO SINDICAL

Kénia, ademais de ser un território maioritariamente agrícola, tamén contaba con proletariado. En 1948 o número de obreiros achegaba-se aos 400.000, concentrados, especialmente, en Nairobi e a cidade costeira de Mombasa. As suas condizóns laborais eran pésimas, sendo o seu salário anual de 73 libras.

Namentres o KCA continuaba a organizar células secretas nas montañas, na zona urbana cinco sindicatos unian as suas forzas para criar o Congreso da Unión de Traballadores da África Oriental (EATUC) o Primeiro de Maio de 1949, en Nairobi. Un ano despois da sua fundazón, a direczón do EATUC é arrestada por demandar a independéncia do país. A militáncia do sindicato convoca unha folga xeral que paralisa Nairobi durante 9 dias, e que tamén chega a outras cidades, como Mombasa. A folga foi reprimida con dureza, 300 obreiros foron arrestados e boa parte dos dirixentes que ainda estaban na rua foron encarcerados.
Vendo a imposibilidade do traballo sindical, e ante as manifestazóns de forza do exército inglés co apóio dos cipaios, os poucos activistas do EATUC que eludiron o cárcere decidiron somar forzas co Grupo dos Cuarenta, un grupo coesionado polo xuramento composto maioritariamente por ex-mecánicos de Nairobi. O xuramento vai alén do utilizado nas zonas montañosas, e fai referéncia a unha luita para derrocar violentamento ao poder colonial.

IMPOSIBILIDADE DE RESISTÉNCIA LEGAL E GUERRA ABERTA

Ante a visita do Secretário Colonial Británico, James Griffith, os representantes da Unión Africana de Kenia (KAU), elevan-lle unha série de demandas entre as que destacan a fin da lexislación discriminatória e a inclusión de 12 representantes keniatas no Consello Lexislativo encarregado do governo de Kénia. Griffith fixo caso omiso ás demandas do KAU. Os 30.000 colonos brancos tiñan 14 representantes, os 100.000 asiáticos seis e os cinco millóns de keniatas tan só cinco. Diante deste reparto, ficaba demostrado na prática a imposibilidade dun cámbio na correlazón de forzas no marco da legalidade , e isto provocou , en xuño dese mesmo ano, movimentos no interior do KAU que levaron aos sectores favoráveis á resisténcia armada a dominar a organizazón frente á, non só legalista, senón tamén lealista direczón do KAU en Nairobi. Criaron un Comité Central encarregado de inzar Nairobi de Movimento. Puderon facer-se co controlo de toda a organizazón cinco meses despois, cando se celebrou un congreso nacional do KAU, mais o líder moderado,Jomo Kenyatta, quen adicou máis tempo a atacar ao LFA que aos ocupantes, soubo asegurar-se a reeleizón. Porén, a fortaleza do Movimento fixo posível que o KAU adopta-se, por vez primeira, un posicionamento independentista. Agás no distrito de Kiambu, no resto do território os comité locais apóian masivamente esta nova política. As propriedades dos ocupantes expoliadores foron atacadas co resultado de centos de granxas e caserios queimados. Intensificaron-se tamén os enfrontamentos con esa nova clase colaboracionista que agromou co comezo da marxinazón dos kikuyos e, por suposto, cos delatores.

O império utilizou todo o seu aparello represivo, encarcerando, multando, torturando e asasinando a centos de rebeldes. Os colaboracionistas medraron.. Nun país ocupado, coa maioria da sua povoazón recluida en reservas, Jomo Kenyata, o futuro presidente, pronúncia discursos contra os rebeldes. En outubro de 1952 o ocupante declara o Estado de Emerxéncia. A tortura será a constante como xeito de aterrorizar á povoazón e conseguir informazón. Non só o exército, os colonos tamen se adican a torturar e executar aos keniatas. Só no primeiro dia do Estado de Emerxéncia foron presos case un cento de líderes kikuyu, e 25 dias despois xa habia 8000 novos presos kikuyu. Entre eles Jomo Kenyatta e outros cinco dirixentes da KAU, organizazón que, como todas as demáis, agás o KAC que xa o fora tres anos antes, foi declarada ilegal en 1953. O número de kikuyus mortos non se coñece.

Mália esta operazón para acabar coa resisténcia armada, esta incrementou-se desde o comezo do Estado de Emerxéncia, producindo-se a primeira morte dun ocupante a mans do Movimento.

Ainda que inicialmente os mandos británicos non consideraron importante o levantamento kikuyu, a metrópole non tardou en decatar-se do perigo que corrian os seus intereses e foron 55.000 novos soldaos a Kénia. O costume de coleccionar mans dos guerreiros kikuyus dá mostra da brutalidade dos soldados británicos.

O Comité Central de Nairobi, unha vez reorganizado, pasou a chamar-se Consello de Liberdade, e en xaneiro de 1953 chama a povoazón a unha guerra total contra o invasor. Organizativamente funcionaban en dous planos, por un lado a rama pasiva fornecia de suministros ao LFA, que contaba con miles de combatentes (no momento de máximo apoxeo do LFA, o 58% dos kikuyus fixeran o xuramento). Os keniatas non dispuñan de armas de fogo, apenas catrocentos rifles roubados aos ocupantes,e tiñan que luitar con lanzas, machetes e kobokos (látegos feitos con pel de rinoceronte). Ademais desta desvantaxe no armamento, a organizazón non estaba o suficientemente estruturada e carecia dunha estratéxia común. Mália isto, até a metade de ano, o levantamento vai medrando. Os guerrilleiros contaban cun amplo apóio popular e co coñecimento do terreno. Atacaban na noite e os seus obxectivos non só eran as propriedades colonas agrárias, senón tamén casas da capital. Formaban grupos duns 100 guerrilleiros que raramente interactuaban con outros grupos. Só a falta de armas de fogo impediu que os ingleses sairan derrotados. A raiva trouxo as presas, e estas trouxeron a derrota.

Os principais líderes do Exército de Terra eran Stanley Mathenge; Waruhiu Itote (Xeneral China) líder do Movimento nas montañas Mau-mau; e Dedan Kimathi, líder de Aberdari.

O medo do levantamento independentista provoca o medo nos colonos que converten as suas granxas en fortalezas. Os traballadores kikuyus son despedidos por temor a que formen parte do Movimento. O exército contou coa axuda de membros doutras tribos convertidas ao cristianismo.

Nunha noite de marzo de 1953, 3000 guerrilleiros atacan a povoazón lealista de Lari, matando unhas 70 persoas. O xefe deste povoado fora recompensado coas terras usurpadas a 100.000 kikuyus que tiveran que se mudar ás áridas reservas. E ainda que a diário morrian máis kikuyus, este ataque ficou para a história como a Matanza de Lari. Como represália, a autoridade colonial executou sumariamente centos de keniatas.

En abril dese ano a resisténcia medra; en Kamba oganiza-se un novo Comité formado, sobretodo, por traballadores do ferrocarril e en Narok grupos masais soman-se a luita.

CONTRAOFENSIVA COLONIAL

No eido sindical, o governo cria a amarela Federazón de Sindicatos Rexistrados de Kénia, que actua como instrumento de apagalumes insurreccional. Uns 20.000 novos soldados británicos chegan a Kénia. Redobra-se a represión contra os kikiyus. Desde o 53 até 1955, máis de un millón deles foron obrigados a viver en “áreas especiais” onde, por suposto, o branco tiña bula para disparar a matar. As grandes cidades son tomadas por unidades militares británicas. Ante a inoperáncia das operazóns militares británicas nas zonas montañosas, estes decidiron bombardeá-las (os norteamericanos tomaron boa nota desta técnica criminal e non tardaron en usá-la no Vietnam), o que levantou as críticas dos naturistas británicos, que argumentaban que así sufririan muito... os animais selvaxes e a vexetazón.

Os grupos que dirixian nas cidades os suministros de todo tipo aos guerrilleiros foron caendo, mentres que os que facian esta funzón no rural estaban sitiados nas zonas máis montañosas. Esta imposibilidade de acceder a reforzos, tanto humanos como materiais, foi o comezo da desaparizón dos Exércitos da Terra e da Liberdade. Se en 1953 o número de combatentes keniatas ascendia a 15.000, só tres anos despois, en outono, estes non pasaban duns 500, xa sen munizón para as poucas armas de fogo de que dispuñan, agachados nas montañas.
Os últimos guerrilleiros, liderados por un ferido Dedan Kimathi, comandante das forzas de Aberdare foron presos o 21 de outubro de 1957 en Nyeri. Todos eles foron sentenciados a morte.

Para dificultar posíveis amenazas futuras, os británicos dividiron aos kiyukus, dando-lles terras a un poucos que se converteron nunha clase meia lealistas, mentres que o resto eran xornaleiros. Os grandes inversores buscaban un clima estável que favorecera os seus negócios. Os colonos, que querian facer de Kénia unha nova Sudáfrica, un país independente governado por unha ditadura branca, xa non eran un bon negócio para os intereses británicos. Estamos nos anos das descolonizazóns, Kénia non era bon negócio para Gran Bretaña, que tiña que destinar enormes fundos orzamentais para conter á guerrilla e era millor un governo de keniatas títeres, polo que a estes se lles foron reservando, amodiño, cada vez máis postos.

A guerra contra os colonos foi tamén unha guerra civil, onde os mau-mau combateron a unha casta nativa favorecida polos imperialistas. Muitos chefes de aldea foron sobornados pola policia ou polos colonos. Estes círculos privilexiados continuan a dia de hoxe no cume da pirámide sócio-económica de Kénia. Como comentou Maloba, un antigo guerrilleiro:

“As persoas que herdaron o estado eran homeguards (keniatas leais aos británicos), ou os fillos destes”.

No movimento de liberazón nacional en Kénia non houbo nengunha influéncia socialista, polo que arrastrou sempre a eiva de non contar coas ferramentas do marxismo, como a non existéncia dunha forza comunista que actuase de andamiaxe no combate contra os imperialistas, o que imposibilitou unha saida real do colonialismo para Kénia.

Os británicos eliminaron calquer documento relacionado coa represión en Kénia, polo que nunca saberemos exactamente o número de miles de kikuyus asasinados. Ainda así, algúns historiadores dan as seguintes cifras de mortos:

Guerrilleiros e outros kikuyus mortos por arma de fogo........................ : 50.000
Soldados británicos............................................................................................. 63
Colonos................................................................................................................ 32
Colaboracionistas........................................................................................... 1500
Keniatas mortos por falta de alimentos e enfermidades........... 150.000-200.000


É significativo que o número de colonos mortos a mans dos guerrilleiros é menor que o de colonos mortos, nese mesmo periodo, en accidentes de tráfico só en Nairobi. Eis a terrível masacre Mau-Mau.


EPÍLOGO

Ainda que a rebelión Mau-mau non triunfou, si que acadou tres logros significativos:

- Propagar entre os keniatas as ideas emancipadoras e a luita pola independéncia.
- Imposibilitar un estado governado por unha minoria branca.
- Facer ver aos británicos o custoso de continuar a ocupazón.


O 12 de decembro de 1963, Kénia tomaba, na teoria, o controlo dos seus asuntos exteriores, completando o proceso de independéncia. Durante o solene acto de celebrazón da independéncia no Estádio Ruringu, os últimos guerrilleiros entregaron as suas armas a Jomo Kenyatta.

Após a independéncia en 1963 de Kénia, Jomo Kenyatta, que governou até a sua morte en 1978, non recoñeceu ao LFA como parte fundamental da luita contra o ocupante. Ao contrário, descreveu sempre o Movimento como unha enfermidade que se tiña que curar. O seu sucesor, Arap Daniel Moi, mantivo a mesma política que o seu antecesor. Os antigos guerrilleiros tiveron que agardar ao 31 de agosto de 2003 para que o novo governo keniata deixara sen efecto a cláusula do código penal que proibia o Movimento que luitou pola independéncia durante a ocupazón británica. Segundo o ministro de Seguridade Nacional, os antigos guerrilleiros teñen a posibilidade, agora, de reclamaren indenizazóns polas atrocidades e os maos tratos cometidos polos británicos nos campos nos que foron confinados.

PARA SABER MÁIS

State of Emergency. The Full Story of Mau Mau, Fred Majdalany.

Mau Mau and Kenya, Wunyabari O. Maloba.

Land, Freedom and Fiction:History and Ideology in Kenya, David Maughn-Brown.

Histories of the Hanged: The Dirty War in Kenya and the End of Empire, David Anderson.



Etiquetas:

Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com